MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Marcha Mundial das Mulleres :: Feminismo :: Galiza

Apoio ás mobilizacións das traballadoras e traballadores de Caramelo na Coruña

Correo-e Imprimir PDF

Asistimos a unha nova vaga de despedimentos na provincia amparados pola crise, a empresa Caramelo ven de presentar un ERE que afecta a 237 empregadas ,a maioría delas mulleres, e de impor a "flexibilidade horaria" ao resto da súa plantilla. As traballadoras están en loita contra os despedimentos (folgas, mobilizacións, feches).

A Coordenadora da Coruña da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza Manifesta:

  1. O seu apoio ás mobilizacións das traballadoras e traballadores de Caramelo na Coruña en defensa dos seus postos de traballo e contra as deslocalizacións.
  2. Atopámonos nunha situación de crise provocada polo sistema capitalista da que se quere saír á costa dos deritos das traballadoras e traballadores aplicando a conxelación salarial, o aumento da xornada laboral, maior precarización das relacións laborais, e despedindo a traballadoras e traballadores.
  3. Asistimos con preocupación á aplicación, por parte dos gobernos, de medidas contra a crise, que trasladan grandes cantidades de fundos públicos, en axudas a grandes empresas e entidades financeiras. Mentres estas non deixan de presentar EREs, e rebaixar as conquistas sociais das traballadoras e traballadores.
  4. Dende os gobernos falan de igualdade, de conciliación familiar e laboral, pero as políticas que se aplican non conseguen mudar a realidade, as mulleres continuamos a ser o sector que máis sofre o desemprego, a precaridedade laboral, e a exclusión social.
  5. Nós como movemento feminista e anti-capitalista, reixetamos as políticas neoliberais que os gobernos están a propor para saír da crise, e por iso esiximos políticas que aseguren o mantemento de todos os postos de traballo e os dereitos das traballadoras e traballadores, e:
    1. Que a Xunta do PP non admita os EREs.
    2. Que se prohiban as deslocalizacións e así evitar a perda dos postos de traballo na nosa terra.

AS MULLERES TRABALLAMOS, AS MULLERES CONTAMOS
NON SOLUCIONAREDES A CRISE A COSTA DOS NOSOS DEREITOS

Modificado o ( Sábado, 16 Maio 2009 01:29 )
 

Palestra 'Tecendo redes para conseguirmos o dereito a decidir sobre o noso corpo'

Correo-e Imprimir PDF

O pasado xoves, 7 de Maio, tivo lugar a palestra 'Tecendo redes para conseguirmos o dereito a decidir sobre o noso corpo' no Centro social Atreu, onde nos agardaban as compañeiras de Nomepisesofreghao moreia de parafeministas desgêneradas. As mulleres encargadas de preparar o acto explicamos o proceso de loita polos dereitos sexuais e reprodutivos no marco da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza nos últimos dous anos, cal era a regulación actual en relación ao aborto, cales eran as principais medidas que se recollían nos informes do goberno sobre o tema e cales eran os puntos vindicativos da campaña "En defensa do dereito ao aborto na sanidade pública: eu decido" aos cales non íamos renunciar.

Despois da nosa exposición xurdiu o debate: a preocupación sobre se a nova lei do aborto pode supoñer unha merma das posibilidades que para algunhas mulleres supón na praxe a regulación actual, a tutela sobre a nosa capacidade de decidir que supón a esixencia de motivos documentados por terceiras persoas para poder abortar, a inseguridade xurídica na que se producen os abortos, o feito de que estes se producen en clínicas privadas ou concertadas e en malas condicións...

Na última parte da palestra o debate máis teórico sobre a situación do aborto e dos dereitos sexuais e reprodutivos axiña derivou na necesidade de articulación do movemento feminista para sumar forzas nunha loita que se presume longa. As compañeiras de nomepises, e outras mulleres alí presentes, comprometéronse a apoiar e participar da campaña da marcha en relación ao aborto e manifestaron o seu interese en artellar xuntas accións no plano local.

Modificado o ( Domingo, 10 Maio 2009 13:24 )
 

Campaña Nacional en Defensa do Dereito ao Aborto, na Sanidade Pública! EU DECIDO!

Correo-e Imprimir PDF

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza solicita o seu apoio na campaña ‘En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública! baseada nas seguintes reivindicacións:

Queremos:

  • Que se recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións.
  • Que se garanta a soberania das mulleres sobre o propio corpo e a propia vida.
  • Que se asegure que todo o proceso de información, asesoramento e realización da interrupción voluntaria do embarazo sexa feita na Sanidade Pública, por persoal sanitario formado na perspectiva de xénero.
  • Que non exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a este dereito nos servizos públicos.
  • Que se inclúa a educación afectivo-emocional e sexual con perspectiva de xénero no currículo escolar
  • Que os dereitos das mulleres usuarias destes servizos sexan respectados e protexidos en todo momento.

Asina en apoio da campaña premendo na imaxe da campaña ou premendo >AQUÍ<

Durante o mes de maio desenvolveranse palestras-coloquio nas diferentes comarcas con presenza da Marcha Mundial das Mulleres, nas que se presentará a publicación ‘O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto' para propiciar o debate e reflexión social sobre a necesidade dunha lei de aborto que termine coa penalizacion e criminalizacion das mulleres.

E no Domingo 31 de Maio en Compostela elaboraremos un MAIO REIVINDICATIVO conxuntamente con todas as que vos queirades achegar á praza da Quintana desde as 11 da mañá.

 

Modificado o ( Xoves, 30 Abril 2009 20:27 )
 

Palestra 'Coeducaçom afectivo-emocional e sexual' por Lola Ferreiro

Correo-e Imprimir PDF

Na passada sexta-feira, 24 de Abril, tivo lugar a palestra ‘Coeducaçom afectivo-emocional e sexual da perspectiva de género’ a cargo de Lola Ferreiro. Mulheres da nossa cidade partilhámos informaçom, inquietudes e estratégias de acçom socio-política em defesa dos direitos sexuais e reprodutivos na nossa sociedade. Falámos da primeira lei de aborto na Catalunha em 1937, em que a mulher era atendida depois de 8 dias da primeira consulta, nas dispensarias (antigos centros de atençom primária) e onde a objecçom de consciência no pessoal médico estava regulada, garantindo assim a atençom sanitária da mulher na sanidade pública. Nessa altura nom era permitido e mesmo se penalizava a prática de abortos em consultas privadas.

A sexualidade é algo com o qual nascemos e a sua aceitaçom e normalizaçom na nossa vida desde crianças é fundamental para desenvolver umha vida sexual e emocional livre e satisfatória, e portanto a inclusom no currículo escolar da educaçom afectivo-emocional e sexual tem de ser umha demanda chave dentro de qualquer lei de aborto.

Com respeito às infra-estruturas sanitárias concordou-se que som insuficientes e inadequadas para as necessidades das mulheres, e em muitos casos as disposições legais de atençom específica para a mulher, que deveria estar normalizada nos centros de saúde, nom estam sendo cobertas.

Para o bom funcionamento dum sistema educativo e sanitário que garanta ‘o direito da mulher a decidir livre e responsavelmente o número de filhas e filhos, e o espaço de tempo entre os nascimentos’ assim como ‘adoptar as suas decisões em matéria de reproduçom sem sofrer discriminaçom, coacções nem violência’, tal e como foi disposto na Conferência do Cairo em 1994, é imprescindível que se ponham os meios educativos e sanitários adequados incluindo infra-estruturas e umha formaçom qualitativa do pessoal educativo e sanitário da perspectiva de género e com assessoramento continuado.

Conclui-se sobre a necessidade de trabalharmos todas as mulheres juntas: propiciar um diálogo entre todas as feministas do país e criar e fortalecer laços de comunicação e entendimento com a sociedade em geral com o fim de exercer pressom social e influir nas políticas da Galiza e do Estado.

As mulheres queremos umha lei de aborto que reconheça o nosso direito a tomar decisões livres e responsáveis e que garanta a saúde sexual e reprodutiva de todas as mulheres sem discriminaçom geográfica e na Sanidade Pública.

Modificado o ( Domingo, 26 Abril 2009 20:18 )
 

Asemblea Nacional da MMM na Galiza 2009

Correo-e Imprimir PDF

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza ven de celebrar esta fin de semana na Residencia de Formación de Panxón a súa Asemblea Nacional. Durante a fin de semana compartimos en Panxón os espazos de debate e reflexión cos momentos de convivencia e diversión que ao longo das dúas xornadas serviron para traballar nos acordos e debates que marcarán o traballo da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza.

Os espazos de convivencia para potenciar un maior coñecemento entre as compañeiras e as organizacións que participan na Marcha Mundial das Mulleres na Galiza serviron para compartir visións, valores e momentos de reflexión en torno ao proxecto común así como para coñocernos máis e mellor. Os espazos de debate para tratar as estratexias globais de actuación da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza e afortalar a acción e o traballo colectivo. E os momentos de festa para compartir e disfrutar da compañía das compañeiras de todos os rincóns do país.

Durante a fin de semana apresentamos tamén o video do VII Encontro Internacional da MMM na Galiza que tivo lugar en Vigo o 18 e 19 de Outubro do 2008, que en breve estará á vosa disposición na web.

A continuación tedes unha pequena galería de diferentes momentos da fin de semana:

Modificado o ( Luns, 20 Abril 2009 23:53 )
 

O dereito a decidir: Debate sobre a reforma da Lei

Correo-e Imprimir PDF

No marco das actividades que a MMM está a desenvolver a redor das reflexiións  e análisis en torno ao aborto o pasado 27 de marzo a compañeira Carmela Garrido da Cordenadora Local da Coruña participou no debate sobre a reforma da Lei do Aborto organizado no programa Faladoiro da televisión local que dirixe e presenta Susana López Carbia, no que tamén participaron Eva Castaño, pta. da Asociación de Mulleres Progresistas Alba; Coloma Viúdez, voceira da Asociación Red Madre e a dra. Helvia Temprano, xinecóloga e membro da Asociación Provida da Coruñ.

Podedes ver este debate nas seguintes ligazóns:

Faladoiro 27/03/09 - Primeira Parte

Faladoiro 27/03/09 - Segunda Parte

Modificado o ( Luns, 20 Abril 2009 13:04 )
 
Máis artigos...
Páxina 53 de 63

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel



Quen está en liña?

Temos 16 convidados en liña