MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Ocupemos os espaços verdes da cidade

Correo-e Imprimir PDF

Esta quarta feira na coordenadora de Compostela da Marcha Mundial das Mulleres organizamos umha rota pola alameda da cidade guiada por Loli, a guia do centro de interpretaçom da alameda, que nos ofereceu um paseo com explicaçons de interese histórico e natural. 

Esta actividade que chamamos "ocupemos os espaços verdes da cidade" consistia simplesmente nisso, em juntar-nos as mulheres da cidade para passear e conversar durante o passeio e mais a merenda que desfrutamos todas. 

Mas, sendo a primeira vez que nos propunhamos esta actividade, o interese que tem nom é só o de conhecer as zonas verdes da cidade as mulheres organizadas no feminismo ou noutras organizaçons sociais; o interese real é o de contactar coas mulheres de Compostela que vinherom doutros países e que agora compartem com nós as dificuldades que como mulheres temos e tambem nós devemos compartir com elas as dificuldades engadidas de ser mulheres inmigrantes. 

Desta volta os contactos que iniciamos coas diversas associaçons nom derom os frutos que agardámos, mas se persistimos no nosso interese por conhecé-las no futuro poderemos intercambiar as nossas experiéncias e acadar um conhecimento mútuo que de seguro vai-nos ser enriquecedor para todas. 

Aliás a ocupaçom dos espaços públicos é umha opçom pendente aínda para muitas mulheres que procedem de culturas como a islámica, embora nós as occidentais tenhamos avançado neste aspecto, tambem devemos persistir para que os espaços públicos sejam nossos e poidamos ocupá-los em liberdade e conforme as nossas necesidades e preferéncias. 

Esta actividade foi realizada en colaboraçom co Concello e a sua finalidade concreta era a de encontrarmo-nos co colectivo de mulheres inmigrantes. Quigemos propiciar o encontro com aquelas com as que poucas vezes temos ocasiom de compartir, por isso enviamos convites às seguintes associaçons afincadas na cidade. 

  • Puente cultural rumano-gallego
  • Casa Latinoamericana en Galicia
  • Asociación para la promoción social y cultural Banda Oriental
  • Asociación de Inmigrantes Marusía
  • Asociación para a promoción social e intercultural GONDWANA
  • Asociación de Inmigrantes galegos retornados RETORNO
  • Asociación cultural e de amizade galego-marroquí ACUAGAMA
  • Asociación de venezolanos AVESANTI
  • Centro Cultural ARARAT
  • Galicia Acolle de Santiago de Compostela 

É este un proxecto sinxelo, mais que queremos que tenha continuidade, porque é moi enriquecedor, permite a comunicación, o intercambio cultural e de experiencias e queremos que desde este primeiro encontro poderemos articular proxectos de intervención en clave de xénero coas mulleres veciñas de Santiago que proveñen doutros países, moitos deles ben afastados culturalmente. 

O obxectivo desta actividade está parcialmente conseguido por canto foi un primeiro paso e temos todo o interese en dar continuidade para que as mulleres nos apropiemos nós soas dos espazos públicos e que os integremos naturalmente para incorporar un uso deles como cidadás desta cidade. O concepto de cidadanía, o concepto e ocupar os espazos públicos e o de usar un tempo propio, son temas sobre os que está pendente actuar por parte do movimento feminista. Por outro lado esta actividade ten o obxectivo de promover a práctica de actividades físicas para acadar unha mellor calidade de vida para as mulleres e potenciar as relacións entre as mulleres e a súa participación en actividades de ocio e tempo libre dun xeito lúdico pero mantendo unha parte didáctica. 

Algunhas das imaxes da actividade:

 

Modificado o ( Martes, 03 Novembro 2009 12:46 )
 

Em defesa do direito ao aborto

Correo-e Imprimir PDF

Mulheres de diversos pontos da Galiza viajamos o dia 26 de Setembro hacia Madrid para asistir à  concentraçom estatal em defesa do direito ao aborto organizada pola plataforma ‘Mulheres ante o Congreso' da que a Marcha Mundial das Mulheres é integrante.

Em tom festivo e lúdico desenvolveu-se a concentraçom que reuniu a colectivos feministas de diversas partes do Estado, e no que se pedia uma boa lei da interrupçom voluntária da gravidez. As mulheres da coordenadora comarcal de Ourense participarom mui activamente no festejo coa representaçom dum Via Crucis reivindicativo que fixo cantar a toda a praça ao som do tambor.

Apesar de sermos optimistas co ante-projecto de lei apresentado polo governo do Estado, consideramos que ainda nom está a garantir todos os pontos que tanto para a Marcha Mundial das Mulheres como para as asociações, colectivos e individuas que asinarom o manifesto da campaña de Maio ‘Em defesa do direito ao aborto. Eu decido!', som irrenunciáveis. Consideramos portanto fraquezas desta projecto de lei:

A estipulaçom dum periodo obrigatório de reflexom de 3 dias, depois de que a mulher já  comunicara a súa decissom de abortar á doutora ou doutor; a falta de garantias e concretizaçom de que todo o processo vaia ser desenvolvido em centros da Sanidade Pública sem discriminaçom geográfica; a non regularizaçom da objecçom de consciência; a ambiguidade e mínima explicaçom do desenvolvemento da educación afectivo-emocional e sexual.

[ Descarga o comunicado en RAG | AGAL ]

Modificado o ( Mércores, 28 Outubro 2009 22:15 )
 

CONVITE PARA VISITA GUIADA POR COMPOSTELA PARA ASOCIACIÓNS E VECIÑAS PROCEDENTES DOUTROS PAÍSES

Correo-e Imprimir PDF
A Marcha Mundial das Mulleres, a través da súa coordenadora local de Santiago de Compostela quere convidar ás veciñas da cidade doutras partes do mundo a desfrutar dunha visita guiada por unha zona verde da cidade de Santiago en compañía dunha guía municipal e das mulleres da Marcha Mundial das Mulleres de Compostela.
Ao final da visita guiada tomaremos unha sabrosa merenda nunha cafetaria da cidade.
Temos previsto xuntarnos na Alameda, a carón da estatua das dúas mulleres paseando, “As dúas Marías” ás 5 da tarde e estaremos de volta non máis alá das 8 da tarde, o vindeiro mércores 28 de outubro.
Os custos da actividade corren por cargo da Marcha Mundial das Mulleres de Compostela.
É de sinalar, que debido a que temos premura de tempo, rogamos que nos comuniquen o interese por participar nesta actividade nos teléfonos 619859052, 981 681321 ou por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Un saúdo atento:
Marcha Mundial das Mulleres
Coordenadora de Santiago de Compostela
Modificado o ( Xoves, 22 Outubro 2009 15:57 )
 

Autobuses para asistir á concentración estatal en defensa do dereito a decidir

Correo-e Imprimir PDF

"Mujeres ante el congreso", plataforma apoiada pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, convoca á concentración-festa POLOS NOSOS DEREITOS, LEI DE ABORTO SEN RECORTES, que terá lugar en Madrid o 26 de setembro, de 18h a 21h,na Praza do Museo Reina Sofia.

As forzas anti-dereitos das mulleres están a preparar mobilizacións para outubro co obxectivo immediato de impidir que a lei sexa reformada e, a medio prazo, restrinxir ainda mais a súa interpretación e incluso o seu conteúdo. Iso fai ainda mais urxente que quenes defendemos  o dereito a decidir das mulleres sobre a súa maternidade nos mobilicemos para garantir a aprobación dunha nova lei acorde con ese dereito. Pola reforma da lei, e por unha boa reforma.

Mujeres ante el Congreso

http://mujeresantecongreso.blogspot.com // Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

!!! A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza acudirá a esta concentración do dia 26 de setembro organizando AUTOBUSES que sairán na mañá do sábado 26 e regresarán á medianoite desde Ferrol, A Coruña, Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense, segundo demanda, a un coste de 10€. !!!

Para se inscrivir contactar con Luz no 679840679. Por favor deixar nome, localidade e telefono no contestador.

Modificado o ( Mércores, 23 Setembro 2009 20:06 )
 

Outra muller asasinada na Galiza: A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa.

Correo-e Imprimir PDF

A Coruña, 30 de agosto de 2009

Outra muller asasinada na Galiza: A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa.

A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en distintas cidades galegas para denunciar un novo ataque contra os dereitos, a dignidade e a vida das mulleres.

Sexa cal sexa a idade, situación económica, formación, crenzas relixiosas ou estrato social, as mulleres seguimos a ser vítimas dunha sociedade machista que nos quere sumisas, obedientes, caladas e dependentes. Somos vítimas de individuos que nos ven como seres que deben ser dominados e controlados ata chegar á morte.

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista

Na cidade da Coruña concentración o luns 31 de agosto ás 20:30 no Obelisco

Desexando que sexa a derradeira...

Modificado o ( Luns, 31 Agosto 2009 14:41 )
 

Última regata da I Liga Feminina de Traíñas

Correo-e Imprimir PDF

Este domingo, 30 de agosto ás 11h, terá lugar a última regata da I Liga feminina de traiñas no concello de Vigo.

Animámovos a todas a apoiar con a vosa presenza ás mulleres que teñen ofrecido unha excelente competición durante estas semanas, e á prensa a contribuir ao empoderamento da muller e a igualdade efectiva no deporte cubrindo este evento con amplitude.

Un saudo forte e muita forza e ánimo!

 

Modificado o ( Venres, 28 Agosto 2009 00:15 )
 
Máis artigos...
Páxina 6 de 21

Publicacións:

Campaña:

Cartel

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CNT [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

A CORUÑA
Asociación Cultural Alexandre Bóveda [ir]

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Quen está en liña?

Temos 7 convidadas en liña

Usa software libre

Cartel