MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Marcha Mundial das Mulleres :: Feminismo :: Galiza

14 de febreiro - Que é o amor romántico?

Correo-e Imprimir PDF

14 de febreiro

Que é o amor romántico?

O amor romántico é un modelo de amor que fundamenta o matrimonio monogámico e as relacións de parella estábeis nas culturas modernas, principalmente nas occidentais.

O amor romántico é o amor idealizado, predestinado, considerado como un sentimento único, diferente e superior a calquera outro sentimento, desexo ou modelo de vida ou de de amor. É ese amor que aínda que combinando o desexo emocional e sexual, otorga máis valor ás emocións que ao pracer.

O amor romántico é o amor que se comercializa no cine e na televisión, o que é aprobado pola igrexa, o que promoven os bancos. Un amor disfrazado de letras de cancións e relatos novelados que pretenden una vez completamente anestesiado, embriagado por toda clase de cheiros, sabores e demáis expectativas, trasladarte a un mundo ficticio, fantástico, utópico por irreal, que conduce á frustración, ao fracaso afectivo, á soidade e á mentira. É dicir, a vivir exactamente o contrario do que te contaran, ao que tanto aspirabas, iso que tan ben planificaras.

O amor romántico é un prometido antes mesmo do seu inicio, exclusivo, condicionado, incondicional, limitador, anulador, doloroso: quen non sufriu por amor, que parece que si non sofres non amas!. É un amor pobre, amargo, triste, traidor, un sentimento capaz de facerte sentir o ser máis infeliz do planeta.

O amor romántico é ese amor violento, intolerante, ciumento, inxusto, egoísta, represivo, que somete as mulleres aos desexos, praceres e necesidades dos homes. É o amor patriarcal, marcado polo machismo dende que nacemos. Un amor fabricado que educa ás mulleres e algúns homes como persoas indefensas incapaces de valerse por si mesmas, facéndoo nos crer que necesitamos a alguén sempre perto para poder ser felices.

O amor romántico é un amor obrigatorio, obrigado por nós e por terceiras. É ese amor tramposo que se antepón a calquera outro valor, que cre estar por riba de calquera outra cousa, é o amor sumiso e á vez abusivo, sen escrúpulos sempre e cando eu me saia coa miña e sen que se note. É un conxunto de mitos e de contos que lonxe de ensinarnos a amarnos, maltrátanos.

E pensaredes, que amando somos felices tamén. Pois trátase diso, de esquecer, de deixar atrás cánons, estereotipos e contos que nos fan felices por momentos e a algunhas nin sequera iso, e entregarse á verdade de cada unha para así poder amar libremente como cada persoa desexe, como cada persoa é e como cada persoa decida expresarse.

O amor, o amor de verdade, para ser amor, e para ser verdade, só poderá ser libre e gratuíto, non pode custarnos nada, nin feridas, nin a vida, nin a felicidade.

Campaña da Marcha Mundial das Mulleres neste 14F

Modificado o ( Sábado, 13 Febreiro 2016 01:01 )
 

Resposta nas rúas ante un novo feminicidio

Correo-e Imprimir PDF

Espertamos cunha muller asasinada polo seu compañeiro en Becerreá, outro brutal crime machista que nos trae a violencia diaria ao primeiro plano golpeando coa forza desgarradora que a violencia bate nas mulleres. Voltamos convocarnos para saír á rúa este sábado a reclamar vidas libres de violencias, de todas as violencias. Porque só así deixaremos de espertar estremecidas cada vez que unha de nós (todas) é asasinada.

CONCENTRACIÓNS SÁBADO 23 FEBREIRO ÁS 20 HORAS:
  • Vigo, no Marco
  • Lugo, na Praza do Concello
  • A Coruña, no Obelisco.
  • Compostela, na Praza 8 de marzo /Porta do Camiño.
  • Ferrol, na Praza do Concello.
  • Ourense, Castañeira (Subdelegación do Goberno).
  • Pontevedra, diante da Audiencia Provincial, R/ Rosalía de Castro.
  • O Carballiño, na Praza Maior
  • Vilalba, na Praza da Constitución
  • Val Miñor, no Parque Ramallosa (ás 18 horas)

 

 

 

En sororidade coas compañeiras Kurdas, contra os crimes do estado Turco

Correo-e Imprimir PDF

O 8 de xaneiro de 2016 realizouse o funeral de tres loitadoras e compañeiras, Pakize Nayir, Fatma Uyar e Sêve Demir, asasinadas polas forzas de seguridade do goberno turco o 4 de xaneiro en Silopi.

Nós, da Marcha Mundial das Mulleres sentímonos en particular moi golpeadas por este crime.Unha delas, Séve Demir, coordinou os eventos de lanzamento dá 4ª acción internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin.

Como parte da acción internacional, a Caravana feminista europea foi lanzada no territorio kurdo, estivemos no interior da Turquía para apoiar e reforzar ás mulleres kurdas na súa loita pola autonomía e autodeterminación sobre os seus corpos e os seus territorios. Tamén dando visibilidade ás alternativas construídas pola resistencia das mulleres ao sistema capitalista, colonial e patriarcal.

Para denunciar este asasinato político chamamos a toda a cidadanía a protestar fronte ao Consulado de Turquía na Coruña (Linares Rivas, 6) este xoves 21 ás 20h.

cartaz21xkurdas.png

E en Ourense:

kurdistan.png

Modificado o ( Mércores, 20 Xaneiro 2016 20:38 )
 

Resposta nas rúas ante o asasinato en Narón

Correo-e Imprimir PDF

Soubemos da detención do marido de Caridad Pérez de 79 anos asasinada en Narón o pasado 29 de decembro. Saímos pois novamente á rúa visibilizar un asasinato machista e reclamar o fin da violencia contra as mulleres. Paremos o feminicidio!! Basta de violencia machista!! Querémonos vivas!! ?#?machismomata? ?#?bastadeviolencia? ?#?stopfeminicidio?

Venres 15 ás 20h
- VIGO, diante do marco, convoca Marcha Mundial das Mulleres
- OURENSE, Castañeira (subdelegación), convoca Marcha Mundial das Mulleres
- FERROL, diante do concello, convoca Marcha Mundial das Mulleres
- PONTEVEDRA, diante da Audiencia Provincial, convocan feministas de pontevedra
- LUGO, praza do concello, convocan feministas de Lugo 
- A CORUÑA, Obelisco, convoca acción feminista da Coruña
- COMPOSTELA, na porta do camiño, convoca feminismos Compostela

asasinatocaridadnaron.png

 

COMUNICADO EN REPULSA ASASINATO MACHISTA DE MARINA

Correo-e Imprimir PDF

Concentración repulsa asasinato machista de Marina

COMUNICADO EN REPULSA ASASINATO MACHISTA DE MARINA RODRÍGUEZ BARCIELA

Empezamos o ano conmocionadas polo asasinato machista de Marina Rodríguez Barciela a mans do seu home.
Xa está ben, berramos que xa abonda de violencia contra as mulleres. Cal é a cifra de asasinadas precisa para que os gobernos tomen en consideración este problema de estado? Na pasada campaña de eleccións ao goberno, a violencia non entrou dentro das prioridades, todo o contrario, usouse para atacar e insultar o feminismo e os seus logros. Como é posible que a vicepresidenta do goberno culpabilizase ás vítimas?

As reaccións sociais á violencia machista seguen a quedar no mero superficial, lamentacións, minutos de silencio e días de loito cada vez que é brutalmente asasinada unha muller como se fose o resultado dunha reacción persoal do agresor, por causa do alcol, de problemas mentais, económicos, de ciúmes! ou aínda peor, culpabilizando á vítima por tolerar o agresor, por convivir con el sen ter tomado medidas, porque lle ía ben…

Os gobernos non queren que paren os asasinatos. É a única explicación que parece lóxica para que non se queira afondar na raíz do problema.

O feminismo fixo visible a violencia de xénero, a violencia baseada nas desiguais relacións de poder entre homes e mulleres, como crimes sistémicos e estruturais e polo tanto é responsabilidade dos estados loitar con medidas do sistema de xustiza e policial pero tamén promover e reforzar as medidas que promovan a igualdade.

Pero máis alá da igualdade formal non se quere afondar porque estes crimes fan un servicio ó patriarcado e ó capitalismo. Eses homes malvados fronte aqueles que non exercen violencia física. A perpetuación do control a través do medo.

A meirande parte das mulleres sufrimos unha violencia estrutural promovida por unha sociedade que segue a transmitir como valor que as mulleres pertencen os homes, definidas pola nosa relación con eles e perpetuando o papel de coidadoras.

Os nosos corpos non nos pertencen, e cada vez máis, se fai imprescindible que renunciemos o nosos tempo, o noso salario, para dedicarnos a ser enfermeiras, alimentadoras e sustento dos fogares. Asumimos “naturalmente” os traballos non remunerados baixo a chantaxe da crise e, os recortes quítanos os servizos públicos, onde mediante acceso por oposicións non se nos discrimina como traballadoras asaliariadas: garderías, sanidade, psiquiatricos, residencias de maiores, etc.

A educación é un alicerce fundamental para loitar contra a desigualdade; porén, a LOMCE cambiou “educación para a cidadanía” pola asignatura de
relixión.

Estamos na festa cristiá do Nadal, festa que reivindica o papel da familia. De que familia falamos? Cal é o papel  asignado? Non soportan que se mude a base do patriarcado, non queren ver nos asasinatos como o da nosa veciña Marina, unha cuestión política. Os medios de comunicación tratan estas noticias como crónicas de sucesos desde un punto de vista sensacionalista e mediático. Reforzan o marco patriarcal destacando as circunstancias particulares da vítima e do agresor, “era unha muller moi traballadora e moi limpa”, “ela queríao con loucura”.

Parar o feminicidio implícanos á sociedade enteira e en todas as facetas da nosa vida. Temos que desmontar as imaxes e os valores nos que se sustenta a violencia contra as mulleres. Neste camiño debemos esixir máis medios nos xulgados de xénero, xuíces e xuízas, policía e garda civil con formación en igualdade, apoio sicolóxico e económico as mulleres.
SE AGREDEN A UNHA AGRÉDENNOS A TODAS!!!
SE AGREDEN A UNHA AGRÉDENNOS A TODAS!!!

PAREMOS O FEMINICIDIO!!!
PAREMOS O FEMINICIDIO!!!
Modificado o ( Venres, 01 Xaneiro 2016 22:40 )
 

CHAMADA DE SOLIDARIEDADE CO POBO DE BURUNDI

Correo-e Imprimir PDF

 

 

 

 

 

CHAMADA DE SOLIDARIEDADE CO POBO DE BURUNDI

Estamos preocupadas coa actual situación en Burundi
Durante os últimos oito meses o país sufriu unha terrible escalada de violencia cuxo resultado foi de  centos de asasinatos e miles de persoas desprazadas que foxen do seu país.

Desde o 26 de Abril, o pobo de Burundi opúxose activamente nas rúas aos plans do señor Pierre Nkurunziza de presentarse a un terceiro mandato, que sería inconstitucional.

Estas manifestacións lexítimas, foron reprimidas pola policía mediante o uso de gases lacrimóxenos, canóns de auga, pelotas de goma e munición real.

As autoridades de Burundi decidiron suspender as emisións das radios independentes de as provincias (Radio Publique Africaine (RPA), Radio Bonesha FM, Radio Isanganiro, and Tele Renaissance), chegando mesmo a queimar as oficinas dalgunhas delas, debido a que estaban dando cobertura en directo ás protestas contra a candidatura inconstitucional do Presidente.

A pesar de que as declaracións oficiais de Nkurunziza só admiten enfrontamentos con rebeldes, numerosas persoas declaran presenciar o uso extremo da violencia contra civís non armados e mesmo nenos e nenas.  A situación é caótica estes días no seo do país do leste africano e parece que vai empeorar cada día. Xa sabemos que nestas situacións de conflito e violencia, as mulleres e os niñ@s están en situación de maior risco e son as principais vítimas.

Considerando que as accións diplomáticas que foron tomadas por algúns países foron totalmente insuficientes, chamamos á acción, para solidarizarmos co pobo de Burundi e para esixir medidas máis fortes que garantan a xustiza, seguridade e paz de todos os pobos de Burundi.

 

Se queres entrar en acción, por favor, manda a mensaxe que atoparás abaixo, xunto co teu nome/organización/grupo ás seguintes persoas / institucións:

 

Tribunal de Justicia del Africa del Este.
EAC Headquarters, 1st Floor,
Africa Mashariki Road,
EAC Close,
P.O.Box 1096. Arusha,
Tanzania.Tel: +255 27 2506093
Fax: +255 27 27 2509493
Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

DLAMINI-ZUMA Nkosazana Clarice
Presidenta de la Comisión de la Unión Africana
African Union Headquarters
P.O. Box 3243 | Roosvelt Street|
W21K19 | Addis Ababa,
Ethiopia
Tel: (251) 11 551 77 00 |
Fax:(251) 11 551 78 44 |
Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Patrice Chiwota
Consejero senior en la Oficina de Apoyo de construcción de Paz.
Peacebuilding Support Office
UN Secretariat, 30th floor
New York, NY 10017.
Tel: +1 917 367 2922
E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

O meu nome é  (O teu nome aquí) son membra da (A  túa organización ou grupo aquí) de (O  teu país aquí) e como activista da Marcha Mundial das Mulleres, traio comigo a voz de miles de mulleres dos cinco continentes. Estou terriblemente preocupada pola situación difícil en Burundi e a escalada terrible de violencia que está a causar centos de asasinatos e miles de persoas desprazadas que foxen do seu país.  Solidarízome co pobo de Burundi, e por iso aprémolle a que:

  1. Presione ao goberno de Burundi para poñer fin á represión sobre o seu pobo e que garanta a protección das liberdades fundamentais.
  2. Demande un respecto absoluto dos Acordos de Arusha (2000) solicitando formalmente a retirada da candidatura para o seu terceiro mandato do presidente Pierre Nkurunziza.
  3. Solicite ao Tribunal Criminal Internacional que inicie unha profunda investigación dos acontecementos no país, para tomar as accións necesarias contra as autoridades de Burundi.
  4. Preveña unha traxedia humanitaria que podería ocorrer en Burundi e afectar a toda a rexión dos grandes lagos, os países da comunidade do Leste de África, así como o resto do continente africano que está nun proceso de construción e consolidación democrática das súas comunidades e estados.

 

Así pois, aprémolle a que cumpra coas súas responsabilidades e tome medidas que protexan e promovan os Dereitos Humanos en Burundi.

 

Asinado: (O teu nome aquí )

Data: ..............................

 

Modificado o ( Domingo, 27 Decembro 2015 18:09 )
 
Máis artigos...
Páxina 5 de 60

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel



Quen está en liña?

Temos 63 convidados en liña