MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

CONCENTRACIÓN, LUNS, 21 DE XUÑO, ÁS 20:00 HRS. EN PRINCIPE, DIANTE DO MARCO

Correo-e Imprimir PDF
ATAQUE NO PARLAMENTO GALEGO CONTRA O DEREITO DAS MULLERES A DECIDIR SOBRE A SÚA MATERNIDADE (ou como crear unha nova sección feminina de axitación e propaganda en contra do aborto).

O próximo martes, 22 de xuño, vaise debater no parlamento galego unha iniciativa lexislativa popular, promovida polos grupos antiabortistas, e apoiada desde a Secretaria de Igualdade, coa que se pretende iniciar un camiño sen retorno, un retroceso lexislativo gravísimo, similar ao emprendido polos grupos máis reaccionarios e ultraconservadores en Estados Unidos, tentando dotar de personalidade xurídica ao feto, a través de subterfuxios e escondendo as súas perversas intencións baixo a bandeira da defensa das mulleres embarazadas. Despois deste primeiro paso virá a contraposición de intereses entre o feto e a muller, e a culminación será a prevalencia dos dereitos do nonnato frente aos dereitos da muller.

Para dar esta batalla pretenden a traveés desta lei que as institucións públicas promovan de xeito activo a maternidade -especialmente entre xoves e inmigrantes- fronte a posibilidade de escoller, e crear ao mesmo tempo unha estructura de axitación e propaganda antiabortista -financiada polas institucións-

Unha nova sección feminina do século XXI que teña como obxectivo promover a maternidade como destino da muller, ou como dician os nazis: Kinder, Kirche und Küche (NENOS, IGREXA, COCIÑA).

Evidentemente a MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES non cuestiona a libre decisión das mulleres que queren ser nais: Os poderes públicos teñen a obriga de garantir ese dereito e de apoiar a través dos servizos públicos o exercicio dese dereito. Pero tampouco cuestionamos as mulleres que deciden non ser nais ou interrumpir o embarazo. Son os poderes públicos os que teñen que garantir tamén ese dereito.

Pero a iniciativa lexislativa non fala de servizos públicos, nen de promover a educación sexual e afectiva para evitar os embarazos non desexados, nen da creación de prazas en escolas infantís, nen da creación de servizos públicos de atención a persoas dependentes, etc. etc.

NON SE PODE FALAR DE APOIO AS MULLERES EMBARAZADAS E SEGUIR DEIXANDO DE LADO A CREACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS QUE PERMITAN COMPATIBILIZAR O TRABALLO REMUNERADO COA MATERNIDADE, AGARDANDO QUE AS MULLERES SIGAMOS CUMPRINDO O NOSO PAPEL DE COIDADORAS.

POR ULTIMO, NON PODEMOS CONSENTIR QUE A SECRETARIA DA IGUALDADE, QUE TEN COMO FIN PRINCIPAL A LOITA POLA IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES, E QUE NACEU DA LOITA FEMINISTA POLOS DEREITOS DAS MULLERES, SE CONVIRTA NO BRAZO INSTITUCIONAL DOS SECTORES ULTRACONSERVADORES E CONTRARIOS AOS DEREITOS DAS MULLERES
Modificado o ( Venres, 18 Xuño 2010 09:48 )
 

declaración DAS MULLERES CRISTIÁS GALEGAS SOBRE O DEREITO AO ABORTO

Correo-e Imprimir PDF

O aborto como interrupción voluntaria do embarazo

O aborto é un tema que non nos deixa indiferentes. O pasado ano 2009 xuntámonos un grupo de mulleres da Asociación Mulleres Cristiás Galegas - Exeria para elaborar, entre todas, a nosa palabra de mulleres sobre esta cuestión. O documento qeu segue é o froito desas reflexións, e foi aprobado na XXVII Asemblea de Mulleres Cristiás Galegas, celebrada en Santiago de Compostela o 22 de Novembro de 2009.

Partimos de que:

  • Neste momento da historia do patriarcado, as mulleres como colectivo podemos expresarnos publicamente. A nosa palabra de mulleres é unha palabra diferente e nosoutras decidimos afrontar o reto de dicila
  • Ó longo da historia do patriarcado, as mulleres como colectivo padecemos un dominio e un control  sobre do noso corpo, sobre da nosa sexualidade, sobre os nosos embarazos e partos. Recen agora estamos a entender que somos o noso corpo e que este -teña as condicións que teña- non é indigno nin motivo de vergonza
  • Ó longo da historia, as mulleres como colectivo dedicamos o noso tempo e as nosas enerxías a parir, a alimentar e a criar vida. Por iso, partimos dunha confianza e dun respecto básicos nas decisións das mulleres como colectivo fronte a todo o relacionado coa vida
  • Sabemos que o aborto sempre supón dor, sufrimento e traxedia. E por iso entendemos que, basicamente, é un mal. Ó longo da historia do patriarcado e ata a actualidade, sempre se realizaron abortos: unhas veces para dominar uns pobos sobre outros, outras por decisións políticas; algunhas veces por decisión de homes para evitar escándalos públicos, e outras tamén por decisión das mulleres embarazadas debido a múltiples motivos
  • Nós, mulleres, cristiás e galegas, queremos vivir e facer reflexión desde a nosa fe nun Deus que integra masculino e feminino nun respecto fondo pola diversidade dinámica da vida en continuo movemento e transformación. Queremos vivir e facer reflexión desde a escoita das palabras e da vida do noso irmán Xesús, amigo e defensor dos dereitos das mulleres por riba das normas sociais e relixiosas do seu tempo. Queremos vivir e facer reflexión inspiradas polo Materno Espírito que o impregna e vitaliza todo. Queremos vivir e facer reflexión seguindo os pasos doutras mulleres crentes que nos antecederon e que recoñecemos como nosas irmás maiores: María a nai de Xesús, María a Magdalena e as demais discípulas e seguidoras activas da Boa Nova do Evanxeo

Polo tanto, e como consecuencia de todo o anterior, consideramos deslexitimada e non vinculante a palabra oficial da xerarquía católica en relación á cuestión do aborto

E entendemos que nosoutras temos o dereito de existir e vivir en liberdade e de decidir sobre as nosas vidas

tendo en conta todo isto:

  1. Entendemos que a cuestión do aborto é unha cuestión complexa, que toca moitas dimensións (relacional, sexual, social, legal, moral...) e que ten que ver coa vida e polo tanto é unha cuestión fronteira
  1. Queremos que as institucións públicas e a sociedade civil en xeral tomen medidas e utilicen recursos para acompañar, asesorar e apoiar a calquera muller embarazada que pense na posibilidade dunha interrupción do seu embarazo
  1. Non  queremos xulgar a ningunha muller que tome a decisión de interromper o seu embarazo. De principio cremos no dereito de calquera muller para decidir por si mesma sobre unha cuestión tan vital
  1. Queremos que calquera muller -de calquera condición social ou económica- que decida a  interrupción do seu embarazo estea amparada por unhas prácticas seguras desde a sanidade pública
  1. Queremos que non se penalice de ningún xeito ás mulleres que, nun momento da súa vida, deciden ou se ven abocadas a abortar
  1. Defendemos unha educación afectivo-sexual integral desde instancias públicas para evitar chegar a situacións non desexadas inicialmente
  1. Traballamos por unha sociedade que nos recoñeza a nós, mulleres, como cidadás de pleno dereito desde a nosa orixinalidade e diversidade
  1. Traballamos por unha Igrexa democrática e horizontal que deixe de actuar con dobre moral; unha Igrexa que recoñeza a nosa palabra e as nosas decisións e que respecte o noso proceder

Asociación Mulleres Cristiás Galegas - Exeria
Documento aprobado en Asemblea
en Santiago de Compostela, a 22 de novembro do 2009

Modificado o ( Luns, 14 Xuño 2010 23:06 )
 

En solidariedade feminista co pobo palestino

Correo-e Imprimir PDF

Na noite entre o domingo e o luns 31 de maio, o Estado de Israel executou máis un ataque cobarde, agora contra a Flotilla de Liberdade para Gaza, que transportaba arredor de 700 activistas internacionais e axuda humanitaria (roupa, suministros médicos, cemento e alimentos) cara a Franxa de Gaza. A violencia deixou varias persoas mortas e feridas así como centenares de activistas detidas.

Ante tal ataque, que reixetamos con vehemencia, sumamos a nosa voz dende todos os rincóns do mundo aos actos de protesto pacíficos, como marchas e vixilias organizadas polos comités de solidariedade con Palestina, movementos pola paz e outros movementos sociais, para exixir a fin do bloqueo a Gaza e a adopción de medidas prácticas que acaben coa impunidade de Israel pola súa sistemática violación do dereito internacional.

Sabemos que son as mulleres e nenas as que máis sufren os problemas humanitarios causados
pola guerra Israelita contra Gaza e a continua política de opresión á totalidade da Palestina ocupada. Reiteramos o noso apoio ás mulleres palestinas no traballo por se fortalecer como movemento secular, que buscar por fin a todos os tipos de discriminación contra as mulleres, nunha sociedade independente, sen ocupación extranxeira.

Sumámonos especialmente á convocatoria dun día global de acción feita polo Comité Nacional Palestino da Campaña Boicot, Desinversión e Sancións (BDS) na data de 5 DE XULLO, que marca o día do 43 aniversario da ocupación israelí de Gaza e Cisjordania, incluindo Xerusalén Oriental.

A campaña fai un apelo específico a transportistas e traballadores portuarios, e aos sindicatos de todo o mundo a negarse a cargar e descargar barcos e avións israelíes seguindo o exemplo dado polo Sindicato de Traballadores do Transporte e Afíns de Sudáfrica (SATAWU) en Durban en febreiro de 2009 e secundado polo Sindicato Marítimo de Australia (Australia Occidental). Apela tamén á Unión Europea a suspender o Acordo de Asociación EE.UU-Israel, a Mercosur a suspender o Tratado de Libre Comercio, a India a revocar a decisión de celebrar negociacións en torno a un Tratado de Libre Comercio India-Israel e a que poña fin ao comercio de armas con Israel e a Turquía a impor un embargo de armas a Israel.

Convidámosvos a participar o 5 de xullo no día de acción global en solidariedade co Pobo palestino e expresamos as nosas condolencias as familias e aos activistas da flotilla da liberdade.

En solidariedade feminista
Marcha Mundial das Mulleres
Secretariado Internacional
Modificado o ( Venres, 04 Xuño 2010 09:18 )
 

Mulleres de Europa, sublevádevos !

Correo-e Imprimir PDF

Comunicado de prensa das mulleres do CADTM (Comité para a Anulaciónn da Débeda do Terceiro Mundo).

Nós, mulleres reunidas no seminario de CADTM, titulado « Do norte ao sur do planeta: Claves para comprender a débeda pública », reunidas o 22, 23, 24 de maio 2010 en Bélxica, protestamos contra as medidas de austeridade impostas polo goberno grego, o FMI e a Unión Europea á poboación grega baixo o pretexto da débeda pública grega.

Estas medidas representan un fito histórico na historia da Europa contemporánea: Rómpese de súpeto, o que era impensable ata o día de onte, dereitos e conquistas sociais de millóns de gregas e gregos e especialmente as mulleres. Son o preludio da sorte de todas nós en Europa no futuro. As súas consecuencias serán unha vida na pobreza absoluta, o desemprego, a violencia e a angustia constante pola supervivencia de toda Europa.

Felicitamos ás mulleres da rede grega da Marcha Mundial das Mulleres que romperon o tabú e iniciaron unha marcha de protesta contra os gastos militares do Gobierno grego diante do Ministerio de Defensa o 9 de maio 2010 Atenas.

Grecia gaña un triste récord: Ocupa o 5 º lugar no mundo e o  primeiro en Europa como cliente dos traficantes de armas. Compra fragatas francesas, submarinos alemáns, avións de combate, tanques, sacrificando no altar da industria militar occidental as necesidades vitais dos seus ciudadáns: O emprego, a saúde, a educación, a alegría de vivir. ¡Qué hipocresía! ¡Por un lado, as potencias occidentais prestan diñeiro a Grecia, supostamente "para salvala" polo contrario, obrígana a mercar ás súas armas!

A razón debería dictarnos, no momento en que Grecia se atopa nun momento crítico, que esta política sin sentido de almacenar armas sexa abandoada para atender ás necesidades sociais básicas das persoas pensionistas pobres, as desempregadas, as familias monomarentais das cales a grande maioría son as mulleres.

¡Nosoutras, as mulleres do CADTM, esiximos a suspensión inmediata do pago da débeda pública grega! 
¡Esiximos unha auditoría da débeda co fin de determinar a parte de débedas ilexítimas que terán que abolir pura e llanamente !

Esiximos o cese dos gastos en armamento e a inversión en gasto social de utilidade: As necesidades sociais e a loita contra a violencia contra a muller.

Facemos un chamamento á rebelión contra a austeridade que nos impoñen os capitalistas. ¡Non imos a pagar o pato! Instamos á Marcha Mundial das Mulleres e a todos os movimentos sociais que se reunirán en Estambul do 30 xuño ao 4 de xullo 2010, con motivo do Foro Social Europeo, para apoiar a nosa chamada á rebelión.

Hoxe en día, estes ataques contra os dereitos da cidadanía grega no nome da débeda é unha proba da nosa resistencia. Estes ataques contra os nosos dereitos agravarán as nosas condicións de vidas, xa en Letonia, Islandia, Rumanía, hoxe en Grecia e pronto en Europa enteira.

¡Mulleres de Europa, sublevádeos !

As mulleres do CADTM

Modificado o ( Venres, 04 Xuño 2010 09:21 )
 

24 de Maio "Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme"

Correo-e Imprimir PDF

Este 24 de Maio, desde a Marcha Mundial das Mulleres queremos evidenciar a complexidade das causas das guerras, como o control do corpo e da vida das mulleres, a manipulación dos conflitos étnicos e relixiosos, a explotación dos recursos naturais e os intereses da industria armamentística.

As mulleres da Marcha Mundial das Mulleres apostamos pola vida e pola transformación desta sociedade patriarcal, capitalista e militarizada, nunha outra formada por persoas libres e baseada en valores de paz, xustiza, solidariedade, liberdade e igualdade.

Neste ano 2010, como parte da nosa III Acción Internacional, imos marchar pola fin inmediata dos conflitos armados e do uso do corpo das mulleres como botín de guerra. Imos marchar para amosar os intereses económicos que se agochan detrás dos conflitos. Estaremos en marcha até que as mulleres sexan recoñecidas e valorizadas como protagonistas dos procesos de paz e reconstrución, e de mantemento activo da paz nos seus propios países.

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza convoca a toda a cidadanía a participar nos actos que as diferentes Coordinadoras Comarcais van realizar en celebración do Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme:

ACTOS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES NA GALIZA

Todos os actos serán o luns, 24 de Maio

A Coruña
Concentración Reivindicativa desde as 18:00 hrs
Performance Reivindicativa ás 19:30 hrs
Praza do Obelisco

Ferrolterra
Cineforum:
“Crímenes Invisibles”, “El Secreto de Esma”
Ateneo Ferrolán, ás 19:00 hrs

Pontevedra
Cineforum:
“Crímenes Invisibles”
Galería Sargadelos, ás 20:00 hrs

Vigo
Tertulia: “A repercusión das guerras na vida das mulleres”
Proxección: “Crímenes Invisibles”
Bar Cabiria, ás 20:00 hrs

Compostela
Cineforum:
“Crímenes Invisibles”, “El Secreto de Esma”
Asociación Cultural O Galo, ás 20:00 hrs

Modificado o ( Venres, 21 Maio 2010 18:37 )
 

Encontro Feminista Europeo - Istambul 30 de Xuño 2010

Correo-e Imprimir PDF

Como parte da Terceira Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, feministas de todos os cantos de Europa xuntarémonos en Istambul o 30 de Xuño de 2010.

III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

Nós, da Marcha Mundial das Mulleres, loitamos xuntas contra a violencia e pobreza de xénero, que afecta principalmente ás mulleres de todo o mundo. Dez anos despois da creación da MMM como unha ferramenta feminista internacional, estamos unha vez mais marchando.
Todas sabemos ben que o contexto ao que as nosas accións se dirixe ten empeorado desde o ano 2000. Enfrontámonos neste momento contra unha ofensiva de sectores neo-conservadores e dos poderes económicos que usan as crises para impoñer gradualmente condicións de vida e de traballo precarias, xunto con fundamentalismos de todas clases que negan os dereitos das mulleres a tomar decisións por si propias sobre as súas escollas reprodutivas e vitais. Estas crises son inherentes do sistema económico que as causa, un sistema que toma como natural a explotación dos recursos do noso planeta, e provoca conflitos armados continuos, polos que a poboación civil – e as mulleres especialmente – sofren indefinidamente. Esta é a razón pola que nós denunciamos aos elementos fundamentais e estruturais dos sistemas que nos oprimen: patriarcado, capitalismo e racismo.

Durante os pasados sete anos, grupos pertencentes a MMM ten traballado en catro areas de acción: violencia contra as mulleres, autonomía económica das mulleres, bens comúns e servizos públicos, paz e desmilitarización. Estas areas ten sido abordadas a través da conciencialización, marchando e manifestándose, facendo presión política, e de miles de outras maneiras. Tense participado en accións xunto con outros movementos sociais, pero sempre priorizando e poñendo en primeiro lugar a solidariedade feminista internacional.

30 Xuño: Encontro Feminista Europeo en Istambul

O Encontro Feminista Europeo terá lugar o 30 de Xuño en Istambul. Consistirá en sesións plenarias, obradoiros e unha marcha polo centro de Istambul. A primeira sesión plenaria enfocarase nos fundamentalismos cos que as mulleres de toda Europa témonos de enfrontar e as interseccións destes co nacionalismo de Estado e racismo. O debate continuará con obradoiros nos 4 campos de acción. A Segunda sesión será sobre a Plataforma Europea das nosas reivindicacións nos 4 campos de acción. Isto será seguido dunha manifestación, na que expresaremos a nosa solidariedade coas mulleres Turcas e Kurdas na súa loita polos dereitos das mulleres e autodeterminación das persoas. Manifestaremos a nosa idea dunha Europa centenaria, aberta e democrática onde todas as mulleres podan desfrutar e beneficiarse dos seus dereitos como cidadás. Esta manifestación terá lugar na noite da inauguración do Foro Social Europeo. Como sempre, a Coordinación Europea da MMM ten como obxectivo fortalecer a presenza feminista nos debates do Foro e “contaminar” aos movementos sociais aliados do Foro coas nosas reivindicacións.

Esbozo do programa

29 Xuño a.m. recibimento da caravana dos Balcáns, acto de prensa, encontro informal na noite da MMM de Europa

30 Xuño
9h30 Sesión de apertura
- Cerimonia de apertura
- Presentación do movemento de mulleres e movemento feminista Kurdo e Turco
- Presentación da situación socioeconómica e política actual na Europa
10h30 Sesións Plenarias: Mulleres, Fundamentalismo, Racismo e Nacionalismo
Presentacións das oradoras dos diferentes países
12h30 Almorzo
13h30 Obradoiros
Obradoiros dos 4 campos de acción e outros temas.
16h00 Sesión Plenaria
- Plataforma Europea da MMM
- Presentación da Acción Internacional no Congo
19h00 Marcha no centro de Istambul

Información práctica:

Inscrición: Haberá un custe de inscrición de 10 Euros (5 euros con desconto) para as participantes (a ser pago ao se inscribir no evento).
Idiomas: Haberá tradución simultánea nas sesións plenarias (turco, kurdo, inglés, francés e castelán).

Local: Prevese que o encontro vai ter lugar no centro de Istambul, próximo á praza de Taksim. A sala de plenario poderá acoller ata 600 mulleres.

Aloxamento: As participantes son responsábeis polo seu propio aloxamento. Hai prazas limitadas para aloxamento solidario. Hai unha lista de hoteis recomendados. Lugares para durmir en sacos tamén estarán disponibeis. Para información sobre aloxamento por favor contactar con Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Mais información será disponibel proximamente.

Na Galiza información en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

Modificado o ( Luns, 28 Xuño 2010 20:32 )
 
Máis artigos...
Páxina 3 de 22

Publicacións:

Campaña:

Cartel

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CNT [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

A CORUÑA
Asociación Cultural Alexandre Bóveda [ir]

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Quen está en liña?

Temos 26 convidadas en liña

Usa software libre

Cartel