MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Marcha Mundial das Mulleres :: Feminismo :: Galiza

Imaxes das concentracións de denuncia polo asasinato machista de Sara en Pazos de Borbén

Correo-e Imprimir PDF

Imaxes das concentracións de denuncia polo sexto asasinato machista na Galiza durante o 2014 que tivo lugar en Pazos de Borbén, Pontevedra.

Estas son as accións realizadas nas concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres:

Vigo

Ferrolterra

Ourense

BASTA DE VIOLENCIA MACHISTA!
 

Convocatorias ante un novo asasinato machista na Galiza

Correo-e Imprimir PDF

Ante o asasinato machista en Pontevedra o movemento feminista galego convoca concentracións mañá venres 31 ás 20.00h nos seguintes puntos do país:

 

  • A Coruña ás 20h no Obelisco, movemento feminista da Coruña
  • Compostela ás 20h na Porta do Camiño, movemento feminista de Compostela
  • Vigo ás 20h no MARCO, Marcha Mundial das Mulleres
  • Ferrolterra ás 20h na Casa do Concello, Marcha Mundial das Mulleres
  • Ourense ás 20h na Subdelegación do Goberno, Marcha Mundial das Mulleres

violencia 1.jpg

Modificado o ( Mércores, 30 Xullo 2014 11:39 )
 

A Marcha Mundial das Mulleres condena os ataques de Israel contra a franxa de Gaza, Palestina.

Correo-e Imprimir PDF

A Marcha Mundial das Mulleres condena a violencia extrema que Israel está utilizando na franxa de Gaza e esixe que se pare de inmediato con calquera tipo de ataque, neste ou noutro territorio Palestino.

Desde hai máis de sesenta anos, e cunhas condicións de vida cada vez máis deterioradas, a poboación palestina sofre a diario nun estado de apartheid: expropiacións ilegais, brutais detencións, discriminación, acoso, graves limitacións no acceso aos seus dereitos básicos... A violencia sistemática que miles de palestinos y palestinas soportan a diario ten que ser detida de inmediato, e a comunidade internacional non pode continuar calada. As autoridades israelís, apoiándose no seu exército, intensificaron recentemente a súa escalada de violencia e os brutais ataques contra os dereitos de civís palestinos. Fai unha semana, ignorando todos os chamamentos internacionais, Israel lanzou unha ofensiva militar en Gaza chamada -Eixe Protector- que se ten cobrado xa a vida de muchas persoas, incluíndo nenos e nenas, e ten causado graves danos materiais, moitas (xa de por si precarias) infraestruturas civís palestinas.

A Marcha Mundial das Mulleres, mostra a súa solidariedade coas nosas irmás e irmáns palestinos, e esixe firmemente o inmediato cese dos ataques. Así mesmo, apela á Comunidade Internacional para reaccionar de forma contundente no cumprimento das súas obrigas morais coa protección da poboación civil palestina, e traballar de forma coordinada na activación dos adecuados mecanismos de rendición de contas e enxuizamento dos responsables desta masacre.

Mulleres do mundo, estaremos en marcha hasta que todas as mulleres sexamos libres!

 

 

 

Palestina Libre: manifestación en Vigo

Correo-e Imprimir PDF

As mulleres da Coordenadora Local de Vigo da Marcha Mundial das mulleres chamamos a participar na manifestación que terá lugar o luns 21 de xullo ás 20h dende Vía Norte en solidariedade co Pobo Palestino!

Modificado o ( Venres, 18 Xullo 2014 12:08 )
 

Comunicado do Sindicato de Comités de Mulleres Palestinas (UPWC) Viva Palestina! liberdade para o noso pobo!

Correo-e Imprimir PDF

O exército de ocupación sionista, liderado polo Goberno dos Colonos, continúa cometendo crimes de guerra contra a nosa xente. Cometendo crime tras crime, masacre tras masacre. Ferindo a mulleres e criaturas, persoas anciás e familias, atacando as nosas terras, montes, edificios, violando o dereito do noso pobo a vivir con seguridade. Usan os medios máis poderosos para matar: avións, tanques e misiles avanzados.

O número de mártires xa case chega a douscentos, a metade son mulleres e criaturas, e máis de mil persoas están feridas. E aínda, o exército de ocupación continúa matando, atacando a franxa sitiada de Gaza e destruíndo os fogares de familias, deixándoas sen teito e chorando aos seus mortos. Non só se destrúen os fogares das persoas, tamén as institucións que proporcionan atención ás persoas con deficiencias.

En Cisxordania e no corazón de Xerusalén, continua a campaña de opresión, asasinatos e tortura contra o noso pobo: invaden as nosas vivendas, institucións e nos arrestan. Agora os seus crimes sionistas chegaron a un nivel máis elevado co rapto do neno Mohammed Abu Khudair que acabou coa súa cremación en vivo. Aínda, o número de persoas mártires, feridas, prisioneiras e desprazadas sigue en aumento.

Todos estes acontecementos ocorren co apoio dos gobernos do imperialismo occidental. Estes gobernos ven a liberdade, independencia e liberación do noso pobo e da nosa terra, como unha ameaza para os seus intereses na rexión. Permítese que os crimes de ocupación continúen, todo co sospeitoso silencio dos réximes árabes.

Nós, o Sindicato de Comités de mulleres palestinas (UPWC) estamos comprometidas nunha batalla de constancia e confrontación. Continuamos denunciando os crimes cometidos contra o noso pobo e a nosa terra, e condenamos o apoio occidental e a cobertura política que se dá para estes crimes de ocupación, tanto si ese apoio é directo e claro, como si está velado. Reafirmamos o dereito á resistencia do noso pobo ante o asentamento colonialista en Palestina, e insistimos no dereito ao retorno d@s palestin@s refuxiad@s a os fogares dos que foron desprazad@s. Reafirmamos ademais, o dereito de auto-determinación e do establecemento dun estado independente de Palestina con total soberanía e con Xerusalén como a súa capital.

Mentres a nosa inevitable vitoria se acerca, pedimos á comunidade internacional que asuma as súas responsabilidades hacia o noso pobo, a través de mecanismos de reivindicación clara dos nosos dereitos sobre a nosa terra. Tamén solicitamos forzas de protección internacional para o noso pobo y xuízos aos criminais da guerra sionista.

É hora de que a comunidade internacional pare de reivindicar a existencia dun proceso de paz que só beneficiou a ocupación, permitíndolle fortalecer o control sobre a nosa terra e a institucionalización de políticas racistas a través do máis horrible sistema de apartheid na historia da humanidade.

Aplaudimos a resistencia do noso pobo en tódalas súas formas e espectros e eloxiamos @s moz@s rebeldes, en tódolos campos en tódalas partes de Palestina. Tamén respectamos a tódalas persoas árabes, e de todo o mundo, que mostraron solidariedade con nós.

Tamén apelamos:

  • Ás lideranzas palestinas para afrontar a tarefa de unir a nosa xente, protexendo a nosa causa. Queremos unha lideranza que traballe para desenvolver unha estratexia nacional para a loita e que ademais, pare as negociacións e a coordinación en materia de seguridade coa Ocupación, que supón unha lousa no lado da nosa xente e a súa loita.

  • Chamamos ás masas do noso pobo para unha maior participación na loita e a unha confrontación directa coa ocupación hasta que se consiga a vitoria para o noso pobo e a nosa causa e se realicen os desexos d@s nos@s mártires e os seus seres máis próximos, e tamén das persoas feridas, prisioneiras, orfas e sen fogar.

  • Chamamos ás mulleres palestinas a pór máis iniciativa nos eventos nacionais, aumentar a súa militancia, e ser un rol modelo para outras mulleres e pobos de todo o mundo.

  • A todas as persoas do mundo libre e árabe, pedimos reforzar as mostras de solidariedade a través de eventos, e aumentar a presión nos seus gobernos para que apoien de forma real a loita do noso pobo e a inculpación dos criminais da guerra sionista.

  • Chamamos á expansión da campaña de boicot ao estado Sionista de Israel, e á imposición de sancións a nivel global, do mundo árabe e nacional. Facemos un chamamento para una campaña masiva para boicotear ?Israel?.

Larga vida para nosa xente, en lugar de todos os crimes cometidos contra o noso pobo!

Gloria, eternidade e lealdade @s nos@s mártires!

Saúde para @s nos@s ferid@s e liberdade para @s nos@s pres@s!

 

Sindicato de Comités de Mulleres Palestinas

13/07/2014

 

Modificado o ( Venres, 18 Xullo 2014 11:35 )
 

COMUNICADO NACIONAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DA GALIZA ANTE O DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGT

Correo-e Imprimir PDF

Un ano máis a Marcha Mundial das Mulleres manifesta o seu apoio ao colectivo LGTB (lesbianas, gais, transexuais e bisexuais) que sae á rúa pedindo e reclamando que se respecten os dereitos LGTB como dereitos humanos, tanto no noso país como máis aló das nosas fronteiras.

Actualmente, en 76 países do mundo as relacións entre persoas do mesmo sexo están penalizadas e en sete países condénase coa pena de morte. A persecución e discriminación de gais, lesbianas, transexuais e bisexuais e a LGBT fobia segue existindo ou aumentando en todos os continentes, incluído Europa, ante a mirada impasible e o silencia da maioría.

A pesar dos avances conseguidos, xa que desde 1990 case 40 países legalizaron ou despenalizaron as relacións entre gais, lesbianas, transexuais e bisexuais, prohibindo a discriminación en contra das persoas LGTB, seguen existindo situacións extremas en países como Rusia, Uganda, Nixeria ou algúns de  América Latina, onde existen execucións extraxudiciais, leis homófobas e crimes de odio e discriminación intolerables. No noso país, a pesar dos avances conseguidos a través da loita, segue habendo agresións e acoso de carácter homófobico e transfóbico, especialmente graves cando se dirixen a crianzas ou adolescentes nos centros educativos.

Sabemos que para protexer os dereitos humanos  básicos das persoas LGTB en todo o mundo non abondacon cambiar as leis; é necesario modificar as mentalidades das persoas para lograr a igualdade social.
A educación e a mobilizacións son factores fundamentais. Xunt@s podemos construír un mundo máis xusto, sen homofobia, sen transfobia, sen xenofobia, sen racismo e sen sexismo e onde todos os diversos grupos sociais poidan ser verdadeiramente libres e iguais en termos de cidadanía.

Por estas razóns pedímoslle aos gobernos dos distintos países que se comprometan na despenalización de calquera práctica que implique a orientación sexual e a identidade de xénero, e tamén coa concreciónde iniciativas que garantan o cumprimento dos dereitos LGTB e a erradicacións da homofobia.

A violencia contra calquera persoa LGTB é violencia contra tod@s nós. Cremos que só a través da solidariedade e da unión de todas e todos poderemos construír unha sociedade verdadeiramente xusta na cal os dereitos humanos sexan realmente colectivos e universais.


ACCIÓN EN VIGO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL POLOS DEREITOS LGTB
VENRES 27 DE XUÑO-TAPIZ DE AREA
Modificado o ( Sábado, 28 Xuño 2014 09:22 )
 
Máis artigos...
Páxina 18 de 64

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel



Quen está en liña?

Temos 38 convidados en liña