Nós somos todas Honduras, estamos en resistencia!

A Marcha Mundial das Mulleres e a Rede Latinoamericana Mulleres Transformando a Economía unímonos a todas as organizacións feministas e do movemento social de Honduras para condenar e repudiar vehemente o golpe de estado contra o presidente Manuel Zelaya Rosales, dirixido polas Forzas Armadas e o presidente do Congreso Nacional, Roberto Micheletti, co apoio dos medios de comunicación controlados pola oligarquía dese país.
Executado polas forzas armadas ás 5 da mañá do domingo, 28 de xuño, o golpe truncou as aspiracións democráticas da poboación, que se preparaba para realizar unha enquisa onde se lle preguntaría á sociedade hondureña se estaba de acordo en convocar a unha Asemblea Nacional Constituínte que elaboraría unha nova constitución. Ademais, o golpe militar instaurou na presidencia a Roberto Micheletti, monicreque da oligarquía hondureña.
Apoiamos á resistencia pacífica do pobo, en particular ás feministas hondureñas, que están mobilizadas en vixilias e folga xeral en apoio ao Presidente Zelaya e á restitución da democracia hondureña, e xuntámonos a todos os movementos sociais para esixir:
-
O reestablecemento da orde constitucional, sen derramamento de sangue.
-
Que o Exército no reprima á poboación de Honduras que esixe o retorno da democracia.
-
Que se respecte a integridade física das feministas e demais dirixentes sociais, que estivesen á fronte da consulta.
-
O retorno inmediato do Presidente Zelaya ás súas funcións en Honduras e o rexeitamento a Micheletti por parte da Organización dos Estados Americanos.
-
Que as autoridades garantan o dereito da populación ao pleno exercicio da democracia a través da consulta popular.
Denunciamos o rol dos medios de comunicación comerciais, utilizados polas oligarquías hondureñas como ferramenta para frear a vontade popular e intermediar, alentar e xustificar o golpe, facéndoos cómplices.
Exhortamos a todas as persoas, organizadas e non organizadas, en nivel nacional e internacional, a que se manifesten en contra desta agresión aos dereitos do pobo hondureño e a difundir este pronunciamento. Invitamos tamén a socializar informacións producidas polos medios populares como a Radio ELM (www.radioeslodemenos.org) e Rádio Mundo Real (www.radiomundoreal.fm).
Ademais, facemos un chamamento aos movimentos sociais a protestar fronte ás representacións diplomáticas e comerciais de Honduras, e a enviar cartas de rexeitamento ao golpe de estado ás embaixadas en cada un dos seus países.
Estaremos en marcha ata que todas sexamos libres!
29 de xuño de 2009


























