MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Crónica do 25N en Ourense
Escrito por Administradora   
Mércores, 30 Novembro 2011 00:14

En Ourense a Marcha Mundial das Mulleres realizou este ano dúas actividades en torno ao 25 de novembro.

ourense25n02.jpg

Na primeira, o Venres 25 ás 20.30h realizaronse unha serie de pequenas pezas teatralizadas en 4 prazas da cidade para tentar visibilizar diferentes tipos de violencia machista que padecen as mulleres.

ourense25n03.jpg

A primeira 'estatua' realizouse no Parque San Lázaro, espazo no que comezou a actividade, e foi unha denuncia do modelo de beleza imposto polo sistema e os estereotipos sexistas que as mulleres padecen como agresión á diversidade corporal.

ourense25n06.jpg

A segunda 'estatua', na Praza do Ferro, visibilizou a indiferencia que gran parte da sociedade mostra fronte aos traballos domésticos, a crianza e os coidados. Traballos que recaen maioritariamente nas mulleres.

ourense25n07.jpg

Nunha terceira 'estatua', xunto á Praza dos Suavez, a coordenadora local de Ourense realizou unha teatralización dos conflictos armados e como son as mulleres as principais víctimas tanto en época de conflicto como de paz, tanto pola perda das súas vidas, os abusos aos que son sometidas ou o entorno social no que viven nestes conflitos.

ourense25n08.jpg

A derradeira 'estatua' tivo lugar nas escaleiras da igrexa de Santa Eufemia e denunciou todo o que supón para as mulleres a escola machista e a sociedade debedora da tradición relixiosa que nega os dereitos das mulleres a decidir sobre a vida, a maternidade, o corpo e a sexualidade.

ourense25n04.jpg

O Sábado 26N ás 19.30h  tivo lugar a proxección do documental 'As Silenciadas' que contou coa presenza do director, Pablo Ces, e da guionista e investigadora Aurora Marco. Durante a proxección deste documental se puido escoitar a Pilo Sierra interpretar algúns dos temas que compuxo para este documental.

ourense25n01.jpg

'As Silenciadas' é un documental no que se recupera historias de vida de mulleres galegas que andaron na clandestinidade ou apoiaron dende a chaira ao movemento guerrilleiro e os custes desa defensa e apoio: cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio...

ourense25n05.jpg

A proxección tivo lugar no Museo Municipal de Ourense e coincidiu coa exposición do Outono Fotográfico 'Lesbianas e moito máis' de Hanna Jarzabek motivo polo cal na rolda de prensa de apresentación a Coordenadora de Ourense de Marcha Mundial aproveitou para denunciar o trato ao que o goberno Polaco somete ás lesbianas.

[ Ver álbum de fotos ]

 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 63 convidados en liña