Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Crónica do 25N en Vigo |
| Escrito por Administradora |
| Martes, 29 Novembro 2011 16:43 |
|
Manifestámonos na tarde-noite do venres 25 de novembro de 2011 percorrendo o centro da cidade para reclamarmos cambiar o mundo o mundo acabando coa violencia machista. Instalamos o Museo interactivo contra a violencia de machista: Este museo-exposición consistiu na visualización de diferentes obxectos vinculados coa vida das mulleres. Obxectos que teñen a peculiaridade de desempeñar diferentes significados en relación coa violencia machista, ben por ser considerados elementos xustificativos desta violencia, ou tamén, por seren empregados,polas mulleres, para paliar este drama. Con esta actividade, tentamos imaxinar un futuro no que a violencia desapareza da sociedade e quede así reflectido nos museos como símbolo dun pasado xa superado. |