Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Crónica do 25N en Ferrolterra |
| Escrito por Administradora |
| Martes, 29 Novembro 2011 16:36 |
|
Na concentración á que acudiron unhas 170 persoas, realizouse un acto reivindicativo co obxectivo de facernos reflexionar sobre as diferentes formas de violencia contra a muller. Non só é violencia a agresión física, os insultos, as ameazas... senón que hai outras formas de exercer violencia e que se diron a coñecer a través de frases que foron lídas en voz alta, expostas en diferentes paneis para logo, de xeito simbólico, ser destruídas: -O que nos agrede -O que nos recorta dereitos -O que nos invisibiliza -O que nos discrimina -O que nos asasina O sexto panel era o listado das mulleres asasinadas no estado español no que vai deste 2011. Unha vez destruidos os paneis con todo o que significa violencia contra as mulleres, fixemos aparecer unha gran flor con frases en positivo para darnos conta que "xuntas podemos, queremos e o faremos". [ Ver Ãlbum fotos ] |