MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Actos da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza o 25 novembro de 2009
Escrito por Administradora   
Martes, 01 Decembro 2009 13:32

"Todas as ferramentas contra as raíces da violencia"
25 Novembro - Día Internacional contra a violencia de xénero

Desde a Marcha Mundial das Mulleres, este 25 de Novembro, reivindicamos a posta en marcha de todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc...así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas. Non podemos seguir asistindo aos asasinatos de mulleres como algo que pertence á rutina informativa ou ao espectáculo mediático.

Así foron as actividades das distintas coordenadoras:

Coruña

Este ano na Corunha figemos um roteiro reivindicativo polo centro da cidade em que recordámos as cinco mulheres assassinadas na Galiza. Começámos na Praça de Ponte Vedra ao pédo IES Eusébio da Guarda, antigo "Feminino" onde se fijo umha dinâmica sobre a história dos diferentes sistemas educativos desde que os homens eram os únicos com acesso à educaçom até ao actual sistema "lilás", ainda em construçom, em que as mulheres e homens podemos desenvolver e compartilhar as nossas habilidades e interesses individuais em igualdade, e onde a violência de género se transformará em cultura de paz. À vista do Paço da Justiça representou-se umha pequena peça teatral intitulada "A justiça que queremos". Reivindicámos melhoras dos recursos do Estado com respeito à linha de atendimento que segue umha mulher vítima da violência machista: sanidade, polícia, justiça, profissionais, centros de alojamento, assistência integral e um acesso real aos recursos de todas as mulheres sem discriminaçom geográfica nem de nacionalidade. Na Praça de Ourense improvisámos um estendal de roupa multicor onde fôrom penduradas as recomendações incluídas no decálogo de tratamento jornalístico contra a violência de género, até o momento assumido por mui poucos meios. Nos jardins de Mendes Nunes, ao pé da estátua de Concepción Arenal, festejámos todas as mulheres que no percurso da história rompérom e continuam a romper barreiras em prol da liberdade e igualdade de todas as mulheres, criando espaços que começam dentro de cada umha de nós e acabam na igualdade e justiça para todas.

O feche do roteiro realizou-se em frente da Subdelegaçom do Governo e aqui fijo-se questom na importância dos orçamentos para igualdade, verdadeiro indicador do compromisso real das administrações para acabar com a lacra da violência de género.

A participaçom das mulheres e homens que nos acompanhárom neste caminho de reflexom e reivindicaçom foi extraordinária e mui activa, e a todas agradecemos a sua presença e solidariedade.

Compostela

Este 25 de Novembro 2009 a coordenadora de Compostela da Marcha Mundial das Mulleres convocou a toda a cidadania a unha concentración que se celebrou na Praza do Toural às 20.30 horas con un enorme suceso canto á participación e apoio cidadán.

Neste ano a coordenadora de Compostela quixo facer fincapé na corresponsabilidade do sector da hostelaria, convidando á súa implicación a través dunha campaña articulada a través da creación dun autocolante co lema "Aquí non entra a violencia machista", lema que acompaña un deseño realizado pola pintora luguesa Sabela Arias e que pretende accionar os resortes sociais de condea da violencia machista na cidade de Compostela e que é a demostración de que o sector da hosteleria, de tanta presenza e incidencia na cidade, mostra o seu compromiso para a construción dunha sociedade libre da violencia contra as mulleres. O concello de Santiago de Compostela ampara esta campaña a través do subsídio da mesma.

Ferrol

Na concentración de Ferrolterra comezamos facendo unha lembranza da nosa compañeira Anita, finada nun tráxico accidente apenas hai un mes, e colocando unha flor no pé do micro para simbolizar a súa presenza entre nós durante todo o acto.

A concentración estivo centrada no papel que xogan os medios de comunicación ante a violencia machista, e por iso convidamos á  xornalista María Xesús Arias, quen fixo unha intervención na que reivindicou a  boa práctica xornalística no tratamento da violencia contra as mulleres.

Despois de dar lectura a algunhas das recomendacións que o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia fai ao respecto da información de xénero, animouse ao público a participar valorando, por medio dunha votación simbólica, varias noticias que persoas voluntarias foron lendo, o cal permitiu visibilizar as malas e boas prácticas dos medios de comunicación. Foron cerca de trinta novas as que se expuxeron, a maior parte contribuídas pola xornalista Belén Puñal e o grupo de investigación CIDACOM, ao que ela pertence.

Para rematar o acto, deuse lectura ao manifesto da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza para este 25 de Novembro

Fotos do arquivo de Fuco Buxán (alí podedes atopar máis fotos)

Podedes ver un video sobre esta actividade disponibilizado polo Colectivo Ártabra 21 AQUÍ

Vigo

Pontevedra

En Pontevedra ás 12 da mañá colocamos a pancarta na Prza" 8 de marzo", despois ás 5 da tarde comezamos coas actividades: puxemos no xardin globos cos nomes das mulleres asasinadas este ano no Estado Español, realizamos unha enquisa ás persoas que pasaban pola praza, fixemos 200 enquisas, a xente en xeral mostrábase con moi boa disposición para responder ás preguntas, os resultados mandaremolos esta semana á prensa. E ás 20.30 fixemos a concentración, concentración na que se leu o manifesto, antes da leitura do manifesto comezamos unha dinámica que consistía en facer uha rede entre todas as persoas que estabamos alí, a mado de símbolo de MMM como rede de asociacións e mulleres que unidas traballamos para erradicar a violencia machista. Mentras estabamos facendo e sostendo esa rede deuse leitura ao manifesto, unha vez lido o manifesto e de maneira simbólica tamén, botamos a rede sobre as causas da violencia machista, para podelas destruir.

 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 7 convidados en liña