Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Salcedo: pola defensa dos montes e contra ampliación dos terreos da Brilat |
| Escrito por Administradora |
| Martes, 30 Xuño 2009 09:08 |
|
Este domingo 28 de xuño a Marcha Mundial das Mulleres participou na mobilización que as veciñas e veciños de Salcedo convocaban pola defensa dos montes e contra ampliación dos terreos da Brilat. Esta ampliación afecta a máis de 10.000 vivendas dos concellos de Pontevedra, Marín e Vilanova, afecta a milleiros de fincas agrícolas, forestais, a varias empresas. Con esta ampliación roubanlle a Salcedo todo o monte comunal, roubanlle polo tanto unha parte importante do seu patrimonio cultural e con el a toda Galiza. O monte comunal figura importante e con leis propias no territorio galego. Este domingo 28 de xuño saimos ao redor de 3000 persoas desde o Campo do Casal(Salcedo) en marcha polos monte de Salcedo, vimos unha construción de aldea afgana, pola outra non nos deixaron pasar, ao longo deste percorrido encontrámonos nos cruces dos corta lumes e corredoiras varias furgonetas da "policia nacional" e militares, para que só fósemos por onde eles nos deixaban. Nin no monte somos libres. Este domingo 28 de xuño a Marcha Mundial das Mulleres fixemos un chamado contra a militarización da vida e contorno das veciñas e veciños de Salcedo e da cidadanía do mundo enteiro. EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES, E TODOS.
|