Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Actividades do 8 de Marzo 2009 |
| Escrito por Administradora |
| Luns, 09 Marzo 2009 17:23 |
|
O pasado 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza realizou concentracións en distintas cidades da nosa xeográfía baixo o lema "As Mulleres Traballamos, As Mulleres Contamos: Non solucionaredes a crise a costa dos nosos dereitos". Aquí tedes algunhas crónicas e as imaxes do que sucedeu: Coruña: Co galo do 8 de Marzo, a Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da Coruña ven de organizar unha serie de actos que neste ano, e no espíritu da Declaración da Asambleia de Mulleres realizada no FSM de Belém, se encadran na denuncia contra o modelo de desenrolo capitalista, responsábel pola crise que afecta a todo o planeta, e que ten na opresión das mulleres unha das súas bases de sustento. Denunciamos as respostas superficiais á crise que só xeneran máis concentración de riquezas e reprodución do sistema capitalista patriarcal.
Ferrol: Mais de 500 personas na manifestación organizada por la Marcha Mundial das Mulleres en Ferrolterra.
Compostela: Este domingo 8 de marzo xuntamonos en Compostela máis de 200 mulleres convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres e secundada por diferentes colectivos e organizacións. O motivo foi a celebración do Día Internacional da Muller e este ano tiña como lema: “As mulleres traballamos, as mulleres contamos”. Enmarcada no contexto da crise económica e financieira, as mulleres quixeron deixar claro a institucións e entidades que “non solucionaredes a crise a costa dos nosos dereitos”. Video da Manifestación (A Nosa Terra) Video de Manifestación (GZVideos.info)
Vigo: Video da Manifestación (GZVideos.info)
Pontevedra: Os actos en Pontevedra celebráronse o sábado 7 de marzo: ás 11 da mañá colocamos a pancarta na praza "8 de marzo dia internacional das mulleres", esta é a praza na que a Marcha Mundial das Mulleres realizamos todos os actos. Ás 5 da tarde comezamos a decorar a praza con bandeiras da Marcha, puxemos a mesa de material de venta e colocamos o material para realizar o oradoiro. Este ano esquecéusenos poñerlle título ao obradoiro. Pintamos o símbolo da Marcha co mundo no seu interior e ao longo da tea siluetas de mulleres ,as mulleres eran de diferentes cores simbolizando a variedade e diversidade. A partir de aqui as persoas que pasaban pola praza e que convidabamos a participar escribían dentro das siluetas os valores, feitos, accións coas que conseguimos avanzar, empoderarnos e conquistar, e fora das siluetas os valores , accións, institucións, realidades que nos seguen invisibilizando, explotando, discriminando. Participaron neste obradoiro moitas persoas e sobre todo moita mocedade, pasaban grupos de rapazas e rapaces que se animaban a pensar, crear e escribir. Esta praza está moi concorrida e nesas dúas horas de duración do obradoiro puideron pasar tranquilamente mil persoas. Ás 8 da tarde tivemos concentración na que actuaron gaiteiras, pandereteiras e tambolireiras da escola de música tradicional de Poio, tamén se fixo a leitura do manifesto da Marcha Mundial das Mulleres, estaríamos na concentración case unhas cento cincoenta persoas. Ás 10 da noite tivemos cea de mulleres, este ano fumos cincoenta, e ás 12 da noite tivemos festa mixta. Ourense: En Ourense as mulleres da Marcha Mundial organizamos un acto simbólico no que, vestidas de sufraxistas e diferentes profesións, reclamamos a igualdade salaria, un traballo digno para as mulleres, o acceso das mulleres ao emprego en condicións de igualdade e que a crise non a paguemos as mulleres con recortes nos nosos dereitos sociais e laborais.
Charla sobre a Crise na Coruña: O sábado, 07 de Marzo, celebramos un videoforum coa proxección da curtometraxe “Aguantando el tipo”, que relata a loita das mulleres da multinacional Jaegel-Magneti de Barcelona nos anos 80, reclamando que polo traballo que estaban a realizar, exactamente igual que os homes, lles aplicaran tamén igual salario.
Xantar en Compostela: Tras a lectura do comunicado convidouse a todas e todos os asistentes a participar na Gentalha do Pichel a unha festa-xantar organizada pola Cordenadora Local de Compostela. Aproximadamente unhas 100 mulleres xuntáronse na Gentalha.
Eco nos Meios: - Cara ao 2020 con máis dereitos e mellor asentados. - Máis de 300 persoas piden en santiago que a crise non se ensañe coas persoas. - Máis de mil persoas reivindican "melloras nas condicións de vida das mulleres". - As marchas do 8 de marzo centranse na crisis e o paro. - As viguesas mobilízanse para que a crise non as perxudique máis a elas. - Centenares de galegos se mobilizan para exixir un "papel activo" da muller na loita contra a crise. - Un papel máis activo no mundo laboral. - As mulleres piden que non se solucione a crise a costa dos seus dereitos. |