MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Declaración da MMM no Foro Social Mundial 2016 en Montréal

Correo-e Imprimir PDF
Declaración da MMM no Foro Social Mundial 2016 en Montréal

O Foro Social Mundial realizouse do 9 ao 14 de agosto do 2016 en Montréal, Québec, territorio que nós recoñecemos como territorio indíxena non cedido do pobo Mohawk. Este recoñecemento quere facer visible a colonización dos territorios nos cales estamos e a tomar a responsabilidade como persoa non indíxena, colectivamente, dos desafíos que afectan a estes pobos.

Nós, mulleres da MMM, denunciamos o rexeitamento de visado para militantes que proviñan maioritariamente de países do sur. Denunciamos as políticas migratorias restritivas dos nosos gobernos que contribúen a criminalizar aos militantes e ás militantes dos movementos sociais. Esta situación impediu a presenza de líderes que levan a cabo as loitas de resistencia contra o capitalismo, o patriarcado, o colonialismo, nos seus países respectivos.

 

O encontro das militantes da MMM permitiu constatar unha vez máis hasta que punto as loitas no local  inscríbense nas loitas no contexto global para a defensa dos nosos corpos, da Terra e dos territorios.

As mulleres da MMM denunciamos o golpe de Estado en Brasil e a toma de poder dun goberno de dereita, sexista, racista, autoritario (liberticida) que goza da complicidade dos medios de comunicación que se negan a falar de golpe de Estado (“ impeachment”) e que contribúen á criminalización dos movementos sociais.

 

As mulleres de Brasil resisten, cunha presenza importante de mozas militantes, que se mobilizan desenvolvendo a formación política feminista, por exemplo a través de ocupacións de escolas secundarias que permitiron unha toma de conciencia e de resistencia. Ademais, en Brasil, como en varios países de América latina e de Europa, as feministas loitan para reivindicar o dereito de acceso ao aborto para todas as mulleres e o dereito fundamental a dispor dos seus corpos.

En Brasil, e resto das Américas, despois de 10 años de debate sobre a Zona de Libre Comercio de Américas (ALCA), algúns movementos de esquerda organízanse para instaurar un Día continental pola democracia e contra o neoliberalismo, é unha etapa importante para desenvolver a solidariedade internacional anticapitalista e antipatriarcal co fin de articular os movementos sociais entre os países. Esta xornada terminarase cunha gran mobilización o 4 de novembro co lema

" Nin un paso atrás! ".

Nos Estados Unidos, as militantes da MMM, mobilízanse contra as políticas do seu país que afectan ás mulleres e ás poboacións marxinadas nos Estados Unidos, e en calquera parte do mundo, nunha perspectiva antiimperialista. Traballan para o fortalecemento do liderazgo das mulleres e dos homes que son máis marxinalizados e as persoas directamente afectadas polos diferentes sistemas de opresión. Elas, igualmente traballan desenvolvendo os coñecementos dos desafíos que concirnen as persoas Queer-LGBTQ para favorecer unha maior inclusión destas preocupacións no seo do movemento das mulleres e da MMM.

Nós, as mulleres da MMM somos solidarias coas mulleres palestinas nas súas loitas contra a colonización e pola liberación do seu territorio ocupado. Denunciamos a represión violenta exercida contra o pobo palestino e particularmente contra as mulleres que están no corazón da resistencia polo seu dereito á autodeterminación.

Nós, somos igualmente solidarias coa loita realizada polas mulleres Saharauís pola recuperación do seu territorio.

Nos outros países do mundo árabe, as mulleres están no corazón dos movementos populares que defenden a democracia reivindicando o acceso para todas elas á educación, á saúde, á participación política e á cidadanía. As feministas destes países traballan para que as leis garanten unha igualdade efectiva para todas as mulleres. Con elas, denunciamos o aumento dos fundamentalismos relixiosos e os efectos devastadores das políticas imperialistas.

As militantes da MMM en Québec están extremadamente orgullosas de acoller a compañeiros e compañeiras de todos lados do mundo no espazo onde naceu a MMM no 1998 e de poder compartir con elas os desafíos actuais para as mulleres do Québec.

Nun contexto do ascenso da dereita conservadora, as feministas mobilízanse para oporse ás medidas de austeridade e á privatización dos servizos públicos que empobrecen aínda máis ás mulleres e ás persoas marxinadas. Ademais, elas resisten particularmente para preservar a agua, a fonte de vida, e denuncian esta explotación.

No seo da MMM en Québec, as mulleres indíxenas e non indíxenas, desenvolven lazos de confianza e de solidariedade traballando a descolonización das relacións entre os nosos pobos. Apoiamos as loitas das mulleres indíxenas polo dereito á autodeterminación e esiximos unha verdadeira investigación do asasinato e desaparición das mulleres indíxenas para que se poña en evidencia o impacto do sexismo e do racismo na vida das mulleres e das comunidades.

Nós, mulleres da MMM, participamos nos diferentes talleres e das accións organizadas no marco do FSM para denunciar o cambio climático, a violencia hacia as mulleres, as políticas de privatización e as medidas de austeridade, o aumento dos fundamentalismos, o control e a militarización dos territorios para fins capitalistas, os efectos das migracións forzadas e o peche das fronteiras por parte dos países occidentais.

Saíndo do fracaso da COP21, os nosos gobernos continúan autorizando a Terra a arder, é importante que continuemos a levar as voces e as solucións das mulleres das comunidades as máis tocadas polos impactos climáticos das decisións desastrosas dos nosos gobernos. O ascenso da dereita reaccionaria e dos fundamentalismos non está illado en cada país porque están ligados á crise mundial impulsada polo capitalismo que crea e alimenta as violencias racistas e sexistas en todo o mundo.

Nós, as mulleres da MMM, participamos nas accións de resistencia contra a industria extractiva e a impunidade da que gozan as multinacionais e entre elas un grande número de empresas canadenses que explotan os recursos naturais, destrúen a vida, expropian ás comunidades e criminalizan ás defensoras e aos defensores da Terra e dos dereitos humanos.

Sinalamos o papel de liderazgo xogado polas mulleres en todas estas loitas nos diferentes países no mundo, de Honduras a Filipinas pasando pola República democrática do Congo, para resistir ás compañías mineiras e aos gobernos responsables do asasinato e da desaparición de numerosas militantes.

Rendemos homenaxe a nosa compañeira Berta Cáceres, feminista indíxena que se opuxo á construción dunha presa no seu país, en Honduras, foi salvaxemente asasinada así como varios dos seus compañeiros de loita o mes de marzo pasado. Dúas das súas fillas, Bertita e Laura, están presentes no FSM en Montreal, para levar a voz da súa nai. Afirmamos con elas que a loita continúa: " ¡Berta non morreu, somos todas Berta! ¡Berta vive, a loita segue! "

As mulleres da MMF  atoparanse o mes de outubro en Maputo en Mozambique para o 10º Encontro Internacional da MMM. Continuaremos alí a construción das nosas alternativas feministas e o fortalecemento das nosas solidariedades feministas.

¡Estaremos en marcha hasta que todas as mulleres sexamos libres!

A MMM no FSM 2016 de Montréal

 

Modificado o ( Luns, 03 Outubro 2016 20:06 )
 

A SITUACIÓN DAS MULLERES CURDAS HOXE E A SÚA RESISTENCIA

Correo-e Imprimir PDF
A SITUACIÓN DAS MULLERES CURDAS HOXE E A SÚA RESISTENCIA

O que acontece en Oriente Medio, é un reto da sociedade, unha ameaza contra a democracia. En tódalas partes do mundo o crecemento dos extremos relixiosos, políticos e económicos é moi inquedante.

Preocupadas polo futuro dos dereitos democráticos en Europa o que sucede en Turquía, podería parecer unha etapa de experimentación da dominación dos pobos que coma sempre comenza polo asoballamento das mulleres. Así como o xenocidio armenio do 1915 antecedeu ó xenocidio nazi do pobo xudío, tememos que a cegueira da UE fronte ò incremento do totalitarismo turco vaia favorecer a instalación doutros rexímenes autoritarios en Europa.

O ano 2016 foi un ano terrible e cruel para Oriente Medio e para o pobo curdo, particularmente para as mulleres. O centro de Dyiarbakir foi destruido, as familias foron queimadas vivas, as militantes políticas, sindicais e asociativas foron arrestadas e dimitidas das súas función.

Os locales das asociacións, os seus medios de acción e de comunicación foron expoliados, as persoas electas foron remprazadas por funcionarias às ordes do goberno. Baixo pretexto do estado de urxencia 370 asociacións foron pechadas dentre elas as mais coñecidas: o KJA (congresos das mulleres libres), VAKAD (asociación das mulleres de Van), Rainbow Women’s Association, Selis Women’s Association, Mus? Women’s Roof, Bursa Panay?r Women’s Solidarity , Association, Ad?yaman Women’s Life Association and Ceren Women’s Association.
O peche das asociacións de mulleres neste período de violencia contra as mulleres, onde as violacións e o acoso sexual están en constante crecemento, é un ataque contra os avances e o traballo do movemento das mulleres. A sociedade civil turca está igualmente atinxida, os medios de comunicación acalados, as xornalistas, as universitarias, as creadoras, as escritoras son arrestadas co gallo de facer calar toda expresión de oposición ò rexime de Erdogan.

O estado de urxencia e as medidas lexislativas por delegación deben parar inmediatamente e a vía democrática ser reinstalada de urxencia.
Sabemos como as mulleres curdas levan a loita pola democracia, pola laicidade, pola igualdade, ata nas unidades combatentes contra a barbarie do estado islamista contra as dictaduras de Erdogan e de Bachar el Assad.

A pesar do enemigo extraordinariamente armado, protexido por potentes apoios e ademáis apoiándose sobre métodos dignos dos antigos bárbaros, as mulleres curdas fan progresar a esperanza no interior do seu pobo e no mundo.

O que acontece en Rojava è portador de esperanza. A Carta establecida, fundada sobre o principio do “confederalismo democrático”, é un contrato social que existe dende xaneiro do 2014 en tres cantóns (Djezire, Kobanê et Efrin) en Siria. A Carta integra os valores de igualdade entre as mulleres e os homes e constrúese ò redor dos comités locais e considera a diversidade étnica e relixiosa. A economía baséase nas cooperativas a nas iniciativas das mulleres.

Chamamos a tódalas mulleres a erguerse, para expresar a súa solidaridade e a súa sororidade así como a súa oposición a este horrendo réxime machista e coercitivo.

MARCHAREMOS ATA QUE TODAS AS MULLERES SEXAMOS LIBRES


Modificado o ( Xoves, 26 Xaneiro 2017 17:57 )
 

Rana Plaza está en todas partes!!

Correo-e Imprimir PDF

 

Desmantelar o poder das corporacións

na vida das mulleres

 

O 24 de abril lembramos o masacre ocorrida en Rana Plaza, Bangladesh, onde máis de 1000 mulleres resultaron feridas e mortas no 2013 por causa do derrube do edificio no que traballaban en condicións infrahumanas e por un salario inmoral. Nós, activistas da Marcha Mundial das Mulleres, xuntas, en solidariedade elevamos as nosas voces para denunciar o lucro do capitalismo por medio da expropiación e a explotación do traballo produtivo que este está empregando de diversas maneiras, en todos os recunchos do mundo e na nosa vida diaria.

O capitalismo reestrutúrase permanentemente e utiliza os mesmos mecanismos violentos de acaparamiento presentes desde a súa orixe: apropiación das terras e da natureza, explotación laboral, control dos corpos das mulleres; violencia e poder militar. Isto significa que este sistema nas súas diversas manifestacións está directamente relacionado co neo-colonialismo e o patriarcado.

As compañías organizan o súa producción e toda a cadea de valores de maneira diseminada ao redor do mundo e teñen como obxectivo os países do Sur considerados como “paraísos fiscais” con man de obra barata. Con todo, a forza de traballo non pode ser a máis barata se os dereitos das e dos traballadores non están garantidos. Mulleres, en particular negras, asiáticas e /ou inmigrantes, inclusive dos países do Norte, sofren polas condicións precarias de traballo, realizan longas xornadas e reciben baixo salario.

Isto tamén débese á usurpación das terras das comunidades, á transformación da agricultura familiar en agricultura para a exportación, á deforestación e a contaminación dos ríos por as devanditas actividades das multinacionais e son as mulleres as que sofren a ausencia de recursos básicos como alimentos e auga necesarios para o sostén e o benestar das súas familias. Así, vimos depender do mercado para poder comer sen que teñamos poder adquisitivo e temos que percorrer longas distancias para abastecernos de auga. A clase traballadora de inmigrantes urbanos – na súa maioría composta por homes - que xorde da presenza destas compañías nas comunidades, favorece á súa vez a prostitución, os matrimonios precoces, é dicir o sexo multinacional, para liquidar as dificultades financeiras vividas polas mulleres e as súas comunidades.

Así mesmo, a industria alimentaria que apoia os alimentos xeneticamente modificados (OXM) instalouse plenamente nos nosos mercados. Nesta industria, a aparencia estética dos alimentos é máis importante que a súa calidade nutricional, o que significa que a nosa saúde e benestar véxanse gravemente comprometidos. A industria da moda e da tecnoloxía por medio da manipulación mediática para garantir un consumo acelerado crea necesidades superfluas e convéncenos que tal consumo concédenos un status elevado, levándonos a un modo de culto do noso amor propio.
Rexeitamos esta falsa idea que pretende que a feminidade mídese pola cantidade e o prezo do que compramos.

Este contexto, que afecta cada día ás Mulleres de distintas formas, é consecuencia do que se chama “libre intercambio”, que non é ningunha novidade e que ademais non ten nada de libre. Os acordos de libre intercambio (ALC ) son instrumentos que establecen normas moi ríxidas formuladas a través dun proceso extremadamente antidemocrático cuxo obxectivo é que tales normas sexan irreversibles para que as empresas multinacionais poidan ampliar a súa poder sobre as nosas vidas, controlar as políticas dos estados e a explotación da forza de traballo das mulleres. Con estes tratados de libre comercio (ALC), as sociedades tenden a apropiarse cada vez máis dos coñecementos ancestrais dos nosos pobos. Queren patentar a vida, as sementes, o coñecemento e detentar o monopolio das patentes polo maior tempo posible. Exemplos disto son o Acordo Tras Pacífico (TPP), o Tras-Atlántico (TTIP) e o Acordo sobre comercios e servizos ( TISA ).

Nós as Mulleres, loitamos contra os TLC xa que estes acordos son máis que simples regulamentacións do comercio entre países, son estratexias de dominación das persoas. Tales acordos amplían o alcance do mercado, aumentan as desigualdades entre os países e os pobos e son unha ameaza para a sustentabilidade da vida, contribúen ao aumento do efecto invernadoiro e repercuten na preservación da vida, a natureza e a súa diversidade terrestre e mariña. Representan un interese desmesurado de conquistar e explorar lugares como a lúa e outros planetas. As multinacionais ademais contan coa impunidade: violan os dereitos humanos, corpos, contaminan a natureza, os nosos corpos e non son castigados. Cambian os seus nomes, as súas marcas e os seus lugares de producción para aumentar as súas ganancias.

Ao opoñernos ao libre comercio, cuestionamos tamén un modelo de desenvolvemento que ao asociar o machismo e o racismo no mercado capitalista beneficia unicamente a unha pequena élite.
Así, denunciamos as estratexias do avance permanente do capital sobre os territorios e a
biodiversidade dos países do sur e a mercantilización da vida.

Nós, mulleres da MMM, reafirmamos a data do 24 de abril como data de Resistencia e de loita contra o poder e a impunidade dos TNC e contra todas as formas de explotación capitalista neoliberal. Convidamos ás nosas activistas e ás súas aliadas para unirnos ao redor desta reflexión/acción sobre o seu contexto específico incorporando as súas loitas locais neste debate máis amplo. O noso cuestionamiento está na base das alternativas que construímos ao redor da soberanía alimentaria, a agro-ecoloxía e a economía solidaria desde onde defendemos o traballo como un espazo para a liberdade das persoas que son produtoras e das que son consumidoras.

A nosa acción refórzanos e estimula as loitas e resistencias na nosa diversidade como mulleres que somos e representamos a nivel local e internacional.

Modificado o ( Xoves, 20 Abril 2017 14:29 )
 

Sábado 18 de outubro: Xornada de acción expontánea diante dunha multinacional da alimentación para loitar pola Soberanía Alimentaria dos pobos

Correo-e Imprimir PDF

O sábado pola mañá, algunhas das mulleres que participan no Encontro participaron diante nunha concentración, con outras persoas de Vigo, de Ferrol e de diversas cidades da Galiza,diante da multinacional Alcampo, protestando pola mercantilización dos alimentos.

Fíxose unha defensa da soberanía alimentaria, como garantía de que os alimentos non se van converter nun produto do mercado internacional, de tal modo que se lle arrebate ao pobo o dereito de producir e consumir os seus propios alimentos.
Modificado o ( Martes, 21 Outubro 2008 08:30 ) Ler máis...
 
Máis artigos...
Páxina 10 de 74

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 20 convidados en liña