MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Rematou o VII Encontro Internacional na Galiza

Correo-e Imprimir PDF

Rematou na tarde de onte o VII Encontro Internacional das Mulleres celebrado na Galiza. Atrás quedan as xornadas de debate por rexións e por áreas de acción, até que as conclusións tomaron forma dunha convocatoria para a acción global no 2010  na rexión dos Grandes Lagos en África, simultaneada con accións locais no resto do mundo e organizadas en cada rexión.

De este VII Encontro emanaron a partir dunha redacción consensuada, varios documentos, de entre os que destaca o Informe de Europa focado sobre o tema da  crise financeira que se está a dar no mundo. Tamén se realizou a presentación do libro da Marcha Mundial das Mulleres, comemorativo dos 10 anos de historia, e publicado nos idiomas
Modificado o ( Martes, 21 Outubro 2008 08:42 ) Ler máis...
 

Mulleres...vivimos como resistimos

Correo-e Imprimir PDF

Domingo 29 de agosto ás 17h no Centro Cívico de Labañou (Rúa Colombia, s/n) na Coruña

As participantes no obradoiro de Teatro da Oprimida organizado pola Marcha Mundial das Mulleres na Coruña oferecen como parte dos 3 días intensos de aprendizaxe o exercicio teatral "Mulleres...vivimos como resisitimos".

En dous pequenos sketches que versarán sobre a propia experiencia como mulleres na sociedade actual convidarase ás espect-actoras a compartiren alternativas na procura de estratexias de resistencia frente a opresión e na transformación colectiva da sociedade.

Esta é pois unha boa oportunidade de experimentar o TO da perspectiva feminista de mulleres na nosa cidade

Esperamos contar convosco!

 

Unha loita incesante contra a violencia machista

Correo-e Imprimir PDF
A diario e de maneira case invisible, discorre ao noso lado, rózanos, se entremete, nos condiciona e ata determina en tantas e tantas mulleres as nosas arelas e as nosas propias vidas: esa presenza real e inimiga é o patriarcado.

Patriarcado como orde social que fundamenta a dominación, a explotación e a violencia sobre todas nós, con independencia da fortuna da nosa condición persoal. Neste eido cómpre non se deixar seducir pola ilusión persoal de que non nos vai a afectar a nós. A todas nos afecta directa ou indirectamente.

Sexa na situación do mercado de traballo ( maiores índices de paro, máis precariedade, menores salarios, asemade de teitos de cristal nas nosas carreiras profesionais ), sexa nas tarefas cotiás nas que seguimos a empregar tempos que triplican ou cuadriplican ás dos nosos compañeiros, ou na cosificación que a sociedade fai de nós ao tratarnos como obxecto de posesión, como reclamo publicitario, como mercaduría sexual...

O patriarcado é un problema social que impón límites insuperables á liberdade das mulleres e polo tanto, ao exercicio dos nosos dereitos democráticos. É, sen dúbida, un aliado estrutural da globalización capitalista, que entende as mulleres como man de obra máis barata e como obxectos susceptibles de ser tratados nos mercados infamantes da prostitución.

Dende onte, é Montserrat Labrada a muller que sae do anonimato para entrar na listaxe interminable, das mulleres asasinadas pola violencia machista; esa violencia que non atura o voo libre da nosa vontade e coñecemento, para reducírmonos á condición de posesión, de obxecto que non ten vida, nin desexos e nin esperanzas propias.

A distancia que vai dunha legalidade formal de igualdade a unha realidade material de discriminación e violencia, esixe un combate sostido, sociais, os intereses económicos, e as compracencias e indeferenzas de demasiadas administracións públicas, que aceptan como feito natural a nosa subordinación social.

Unha sociedade vale tanto como a súa capacidade para producir unha convivencia xusta e igualitaria. Na medida en que a realidade desminta ese imperativo de igualdade e xustiza, non haberá outra esixencia cívica que a de cambiar esa realidade. Na actualidade, nas nosas sociedades, na sociedade galega en concreto, existen actitudes sistemáticas de violencia, material, física e simbólica exercida contra as mulleres. O movemento feminista é o suxeito central nesa loita, coñecedor de que os dereitos e liberdades se gañan nese combate, en modo algún son regalados por ninguén.

A superación desa triple actitude de violencia contra a muller esixe de nós, de todas nós - e de todos os compañeiros que nos queiran seguir nesa loita contra a violencia machista -, o compromiso de pelexar nas escolas, nos centros de traballo, nos diferentes movementos sociais, dende os poderes públicos democráticos; nunha pelexa cívica, política e cultural para erradicar unha infamia que nos fire a todas e imposibilita un desenvolvemento social libre. Honrando hoxe a Montserrat afirmamos a nosa determinación de continuar a loita incesante pola emancipación das mulleres ata a derrota das caducas estruturas e relacións patriarcais.

 

FERROL, 27 DE AGOSTO DE 2010

*Texto lido na concentración de repulsa polo asasinato de Montserrat Labrada veciña de lugo e víctima da violencia machista.

Modificado o ( Xoves, 09 Setembro 2010 13:13 )
 

Cadernos, Marcha Mundial das Mulleres

Correo-e Imprimir PDF

Presentamosvos unha publicación das compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres no Brazil:

marchabrazil.jpg

[ Premer na imaxe para descargar ]

Modificado o ( Luns, 06 Febreiro 2012 19:17 )
 
Máis artigos...
Páxina 8 de 75

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 20 convidados en liña