MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Crónica Obradoiro Teatro da Oprimida "Mulleres...vivimos como resistimos"

Correo-e Imprimir PDF

23 Mulleres vindas de diferentes perspectivas vitais e profesionais reunímonos durante 3 días no Centro Cívico de Labañou para participar no obradoiro de Teatro da Oprimida organizado pola Marcha Mundial das Mulleres no pasado mes de agosto.

A través dun proceso de tomada de consciencia sobre nós propias, a nosa relación coas demais e coa sociedade actual en que vivimos, fomos aprendendo da man de Sandra Silvestre,  compañeira da Marcha Mundial das Mulheres de Portugal, a visualizar as opresións que sufrimos as mulleres usando o noso corpo e integrándoo nun espazo de creatividade colectivo que  nos serviu tanto para construír diálogos entre nós propias como coas demais.A convivencia coas compañeiras foi moi enriquecedora e apesares da intensidade do curso conseguiuse unha atmosfera de enerxías compartidas que fixeron desta unha experiencia inesquecíbel.

O obradoiro culminou ca representación de dúas pezas de Teatro Forum intitulado "Mulleres: vivimos como resistimos" sobre as actitudes paternalistas e discriminación laboral e social contra as mulleres novas, e sobre as presións afectivas exercidas pola familia que fan con que moitas veces as nosas propias decisións sexan limitadas. A posta en cena do grupo de participantes no obradoiro como do público que asistiu á representación tiveron unha forza rotunda demostrando que algo se mexe dentro de nós e que precisamos apenas das ferramentas axeitadas para floreza e se accione.

No próximo mes de outubro (data aínda por confirmar) organizaremos a proxección dun documental sobre un grupo de Teatro da Oprimida de mulleres na India e falaremos entre as interesadas sobre posíbeis iniciativas de teatro social na nosa cidade.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres na Coruña agradecemos inmensamente ao grupo de TO por participar connosco na concentración do sábado 28 polo asasinato de Montserrat Labrada de Lugo, e por criar unha belísima peza de Teatro Imaxe de grande forza e sentimento sobre a necesidade de unidade e loita das mulleres e de toda a sociedade contra as violencias machistas,.

Galería de imaxes:

Moito obrigadas a todas

Modificado o ( Mércores, 06 Outubro 2010 16:29 )
 

Solidariedade das Compañeiras da Marcha Mundial de Portugal coas mulleres do Estado Español

Correo-e Imprimir PDF
Companheiras:
.
É com grande tristeza e apreensão que tivemos conhecimento de mais um ataque do governo espanhol aos direitos das mulheres: o ataque ao direito ao aborto a pedido da mulher.
.
O direito ao aborto livre, seguro e gratuito a pedido da mulher é um direito que conquistámos em Portugal, faz precisamente 5 anos no dia 11 de Fevereiro, através da vitória do SIM no referendo à despenalização. Apesar da conquista da democracia e do fim do regime fascista em 1974, com o 25 de Abril, só em 2007 finalmente conseguimos ter acesso ao aborto seguro, livre e gratuito em estabelecimentos de saúde públicos. Foi uma dura luta e uma conquista que muito valorizamos e que constituiu um avanço civilizacional na história das mulheres portuguesas. Não esquecemos quão importante e decisiva foi a solidariedade feminista que recebemos de dezenas de organizações, associações e individualidades de todo o mundo e também das companheiras da Galiza, da Catalunha, do País Basco e do Estado Espanhol.
.
Sabemos que o ataque austeritário e conservador aos povos por parte dos governos é duma dureza e gravidade sem precedentes. Os direitos alcançados pelas lutas estão actualmente na mira dos mercados e nada está seguro face à violência desse ataque. Hoje, mais do que nunca precisamos de resistir e de manter acesa a solidariedade feminista.
.
Companheiras:
.
De Portugal, recebam um forte abraço de solidariedade feminista e o nosso compromisso de tudo fazer e lutar contra as desigualdades, os retrocessos civilizacionais e os ataques aos direitos alcançados.
.
Um abraço solidário
A Coordenação Portuguesa da Marcha Mundial das Mulheres
Modificado o ( Mércores, 22 Febreiro 2012 03:10 )
 

Manifestación do Orgullo 2012 - Vigo

Correo-e Imprimir PDF

Manifestación organizada polas nosas compañeiras de Nós Mesmas

OrgullosXs de ser!!

Modificado o ( Sábado, 30 Xuño 2012 22:12 )
 

Un 8 de marzo de 2013 activo de combativo!

Correo-e Imprimir PDF

As mulleres da Coordenadora Galega da Marcha mobilizámonos este 8 de marzo en distintos puntos do país e participamos activamente na manifestación nacional do feminismo galego o 9 de marzo en Compostela. A seguir unha escolma de fotos e videos das diferentes actividades realizadas ao longo do país:

Manifestación 8M en Vigo (video Gzvideos.info)

Manifestación 8M en Vigo (video Galizacontrainfo.org)

Galería fotos 8M en Vigo

Representación 8M en Ourense (video)

Galería fotos 8M en Ourense

Acto 8M en Ferrolterra (video)

M.M.M 8 DE MARZO DO 2013 EN FERROL from Susete70 on Vimeo.

Galería fotos 8M en Ferrolterra

 

Manifestación Nacional UNITARIA 8M 2013 (video)

Galería de fotos Manifestación Nacional UNITARIA 8M 2013

Modificado o ( Domingo, 10 Marzo 2013 21:43 )
 
Máis artigos...
Páxina 6 de 77

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 25 convidados en liña