MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

[ 25 Novembro ] O machismo oprime e mata dende a infancia.

Correo-e Imprimir PDF

O machismo oprime e mata dende a infancia.

Organicémonos para combatelo!

Mobilizacións
OURENSE - ás 19h diante do C.C. Ponte Vella
VIGO - às 20h dende a Farola de Urzàiz 
A CORUÑA - ás 19h no Obelisco 
COMPOSTELA - ás 20h dende a Praza 8 de Marzo
FERROLTERRA - ás 18h polideportivo San Valentín (Fene)
ARZÚA - ás 19.30h entrada principal do Multiusos

O 25 de novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Neste día, como no resto do ano, queremos visibilizar a violencia que sufrimos as mulleres polo feito de sermos mulleres e reclamamos medidas efectivas e concretas para combatela. Esta violencia asumímola desde que nacemos e aféctanos a todos os aspectos das nosas vidas: violencia estética, acoso sexual, agresións sexuais, discriminación laboral, etc., ata chegar á máis evidente que é o asasinato.

Esta violencia sistémica, o patriarcado, é aínda máis cruel coas mulleres que están relegadas ás marxes pola súa condición de raza, clase, orientación sexual, inmigración...

Mais cando falamos de violencia machista non sempre entramos a debater sobre as fillas e fillos asasinados como forma de vinganza contra as súas nais. Os asasinos son sempre os seus pais biolóxicos, ou ben parellas ou exparellas das súas nais. Soen facelo durante o réxime de visitas. Usados como un mero obxecto para danar de xeito irreparábel ás súas nais, para provocarlles o maior dano posíbel. É un dos xeitos máis crueis da violencia machista porque o obxectivo é que non se recupere e non o esqueza xamais.

De feito, as administracións tan só recoñecen dous feminicidios durante este ano 2017 en Galiza: o de Virginia, de 55 anos, no Carballiño, e o de María José Mateo (Sesé), de 52 anos en Redondela. Mais aínda que non computan para as cifras oficiais, foron catro e non dúas as vítimas do machismo. Xa que no mes de maio un meniño de 11 anos foi asasinado polo seu pai en Oza Cesuras. E durante o secuestro da súa filla de tan só 21 meses, asasinaban na Coruña a M.M.A, de 73 anos, quen foi atopada molida a paus a mans do seu ex-xenro.

Nos últimos dous anos foron 18 os asasinatos machistas na Galiza. Destes, non podemos esquecernos dos asasinatos das irmás Amaia e Candela Oubel, con tan só 9 e 4 anos, asasinadas polo seu pai cunha radial durante o período de visitas estival. Por iso pretendemos visualizar na nosa campaña non só na violencia contra as mulleres no marco das relacións de parella, senón poñer o foco tamén no tipo de violencia que exercen os machistas no sistema patriarcal, agredindo todo aquelo ao que ás mulleres teñen estima: obxectos, animais de compañía, mais tamén inclúen ameazas e violencia contra amizades, novas parellas das vítimas, familiares e dentro destes, incluso as fillas e fillos. De feito, os maltratadores transforman ás crianzas en obxectos para continuar co maltrato e a violencia contra a muller, conscientes de que a través dos fillos e fillas manterán o contacto e poderán continuar coa extorsión, o acoso. Este tipo de violencia recibe un nome: violencia vicaria, que é a que se exerce contra as crianzas para ferir á muller.

Non é casual que moitos dos varóns que amosaron comportamentos violentos na relación de parella, que durante a convivencia non se preocuparon polos seus fillos e fillas, no momento da separación soliciten un réxime de custodia compartida, un réxime amplo de visitas, ou mesmo a custodia das crianzas, só co afán de seguir en contacto coa exmuller e poder continuar co maltrato. Por iso rexeitamos calquera modificación legal dirixida a impoñer este modelo de custodia cando non exista acordo entre os membros da parella.
No estado español a realidade é igual de cruda. Foron case un cento as mulleres asasinadas durante o ano 2017. Máis de dez menores. Se acudimos as estatísticas sobre violencia as cifras son demoledoras: preto de 3 mulleres ao día son violadas (as estatísticas soamente contan os casos nos que hai penetración), ducias violentadas en cada recuncho do planeta, tamén aquí ao pé das nosas casas, dos nosos lugares de ocio ou traballo. Como é posible que a loita contra a violencia machista non sexa unha prioridade? Para chegar a estas cifras tan arrepiantes sen que exista unha conmoción, é necesaria unha violencia tolerada pola noso sistema de valores. En consecuencia, reclamamos que se combata como un problema social e político. Os problemas das mulleres son problemas da sociedade e como tales, sen complexos patriarcais, deben ser tratados.

É urxente loitar contra a impunidade do acosador, do maltratador xa que esta impunidade da abeiro a múltiples abusos. Si, precisamos de leis máis coercitivas que disuadan o home maltratador de concretar con violencia o seu desprezo polas mulleres, pero é necesario insistir en que non se trata dunha violencia con motivacións psicolóxicas ou individuais senón que debemos mudar o tecido social. Non cremos na individualización da defensa contra a violencia machista. Non podemos permitir que cada unha dependa da súa sorte ou da súa fortaleza.

Esta violencia patriarcal e a cultura da violación teñen intereses económicos pois o capitalismo, na súa lóxica de acumulación de riqueza precisa que as mulleres percibamos como unha violencia menor que nos reclúan nos nosos fogares, baixo o pretexto do amor romántico, responsabilizándonos da reprodución, obrigándonos a realizar gratuitamente traballos indispensables para a sostibilidade da vida. Non soamente estas responsabilidades non son asumidas pola sociedade senón que as políticas neoliberais desmantelan os servizos públicos: garderías, centros de atención á vellez, sanidade, etc. O capital financeiro, as medidas de austeridade e a privatización provocan a pobreza e as violencias cara as mulleres.

Rebelámonos contra a intimidación colectiva que xorde das agresións físicas ou sexuais. As vítimas sofren o último mecanismo de imposición do poder masculino, son mulleres que resisten, valentes que se atreveron a cuestionalo, que deciden non ser a posesión da súa parella, que deciden non terlle medo á noite, que toman as rúas. Mentres unha soa de nós sinta medo non viviremos nunha sociedade xusta e igualitaria. Unidas en resistencias loitamos e loitaremos contra o capitalismo, o heteropatriarcado, o racismo e o colonialismo, construíndo alternativas para un mundo que poña no centro a vida, sen converter as persoas en mercadoría.

Esiximos orzamentos que se tomen en serio a violencia afrontándoa desde todos os ámbitos sociais. Rexeitamos pactos de estado que manteñen a violencia no ámbito doméstico e de parella negando a existencia dunha estrutura de opresión das mulleres. Non queremos políticas de foto e apertóns de mans, queremos solucións e recursos contra a violencia que sufrimos.

Para acadar a igualdade efectiva reclamamos:

- Unha educación non sexista nun modelo de escola que non sexa androcéntrico no reparto de espazo, nos contidos, na organización do traballo...,

- Educarmos en relacións en pé de igualdade baseadas no respecto e a liberdade para sermos e estarmos con quen nos pete.

- Campañas de concienciación social dirixidas aos nenos, adolescentes e homes para que non asuman a violencia como pauta de comportamento masculino.

- Unha xustiza ao servizo da igualdade: aumentar e dotar de recursos materiais e humanos máis Xulgados especializados en violencia de xénero.

- Protección real ás mulleres que sofren violencias: aumentar o número de vivendas de acollida para mulleres e crianzas vítimas de malos tratos, garantir a liberdade económica das mulleres que sofren violencia, garantir a asistencia letrada da vítima por parte da mesma profesional en todos os procesos xudiciais que teña que emprender tras denunciar ser vítima de violencia (separación legal, custodia das crianzas, pensións alimenticias, disolucións de gananciais, etc.), acurtar os prazos de resposta na tramitación de ordes de afastamento, e realizar unha correcta avaliación do nível de risco, conquerindo que as vítimas sexan acompañadas desde o inicio por profesionais dos servizos sociais que orienten ás mulleres durante todo o proceso.

- Unha sanidade que coide das persoas: formación en perspectiva de xénero de todo o persoal sanitario que trate a mulleres e crianzas.

Mais para lograr vivir sen violencia é preciso dun cambio de actitudes, dun cambio de políticas e dun cambio do modelo social vixente na nosa sociedade. Desde a Marcha Mundial das Mulleres seguiremos loitando para acadalo. Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres.

#QuerémonosVivas
#FeminismoparaVvir

www.feminismo.info | Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

tw @MMMGaliza

fb marchamundialmulleres.galiza

Modificado o ( Domingo, 19 Novembro 2017 16:05 )
 

TODAS SEGUIMOS SENDO JUANA RIVAS

Correo-e Imprimir PDF

TODAS SEGUIMOS SENDO JUANA RIVAS

No 2017 todas saímos á rúa decindo “todas somos Juana”. Hoxe, todas volvemos a ser Juana xa que a fiscalía pide para ela 5 anos de cadea e a privación da custodia dos seus fillos por 6 anos. Todas entendemos a Juana, porque fariamos o mesmo. Quen non a entende e o sistema xudicial que pon por riba unha lexistación que obvia totalmente as situacións de violencia de xénero. Atende unha demanda de sustración de menores internacional mais non valora os motivos deste acto nin o benestar dos menores, que neste momento están vivindo en Italia cun maltratador.

A loita feminista conseguiu que os menores sexan considerados vítimas directas de violencia de xénero e loitamos por evitar que os maltratadores teñan acceso a réxime de visitas e custodia dos seus fillos. Xa que os menores son vítimas directas do contexto de violencia que xenera un maltratador no seu fogar.

O grotesco deste caso chega ao absurdo: Juana interpuxo unha denuncia de violencia de xénero contra a súa ex parella, Arcuri, o 12 de xuño de 2016, mais aínda non se resolveu, nin en Italia, nin no estado español. A maiores, como Arcuri resultou condenado no 2009 a tres meses de prisión e un ano de afastamento, por agresión a Juana, a xustiza italiana reclama que os menores estean con él pero non confía en que sexa seguro para estos, e polo tanto deben estar baixo vixilancia. Cantos mais sinsentidos temos que acumular para protexer que un maltratador non perda unha custodia? Teñen Juana e os seus fillos que sufrir esta situación en base a unha xustiza que non ten en conta circunstancias tan graves como a violencia de xénero? E por último, pode ser considerada unha delincuente unha muller que fuxe dunha situación de violencia e quere protexer aos seus fillos? de qué parte está a xustiza, dos maltratadores ou das vítimas? O feminismo da de Juana.

Modificado o ( Martes, 16 Xaneiro 2018 15:31 )
 

Trasporte e aloxamento

Correo-e Imprimir PDF

 

Transporte:

Lista de concellos de onde parten autobuses para acudir aos actos do domingo 19 de outubro en Vigo (Milladoiro, Manifestación e Feira de Soberanía Alimentaria):

Confirmar telefonicamente 48 horas antes.

  • CIM de Arteixo: 981 601 415.
  • CIM de Baiona: 986 357 554. Sae o autobús ás 10h diante do Parador.
    Correio-e: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • CIM de Cangas: 986 392 268.
  • CIM de Carballo: 981 700 688 preguntar por Nieves.
    981 704 100 extensión 2001, preguntar por Fran (Concello de Carballo)
  • CIM de Gondomar: 986 360 224. Sae o autobús ás 10h diante do Concello.
    Correio-e: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • CIM da Guarda: 986 614 648. (para xente da Guarda, Tomiño e O Rosal)
  • CIM de Nigrán: 986 383 081. Sae o autobús ás 10:30h diante do Concello.
    Correio-e: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • Cerceda: 658 045 489.  (Mila, a partir das 15:00hs.)
  • Culleredo: Concellería Igualdade  (981 661 208  Iria)
  • Fene: Concellalia da Muller  981 342 607 - 981 492 706 - 647 434 352. (Eva Sayago)
  • Ferrol: Concellelia da Muller  981 944 240.
  • Oleiros: 981 610 00.
  • Sada: 981 620 567.  (Toñi)
  • Narón: Saída às 8hs. da Praza de Galicia (Paula 619 168 796)
O sindicato CIG organiza saida de autobuses desde cada comarca
Información e Contactos: www.galizacig.com

Tamén existe unha lista de establecimentos para o aloxamento...
Modificado o ( Luns, 13 Outubro 2008 09:20 ) Ler máis...
 

Algunhas intervencións das delegadas

Correo-e Imprimir PDF

Algunhas intervencións das delegadas que demostran que sendo diversas as mulleres, procedendo de diferentes culturas, falando distintos idiomas, hai muitos vencellos que unen:

Perú:
Somos nós  mesmas somos un movimento de mulleres. Que non haxa violencia entre ningunha muller do mundo. Quando hai procesos de crise e cambio insistimos en que para que cambie o mundo ten que cambiar a vida das mulleres, pero terá que cambiar cada día a nosa propia vida.

Bolivia:
Como Boliviana penso que é importante
Modificado o ( Martes, 21 Outubro 2008 08:42 ) Ler máis...
 
Máis artigos...
Páxina 5 de 77

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 81 convidados en liña