MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

ORGULLO LGTBIAQ+: Tapiz Feminista Lésbico

Correo-e Imprimir PDF

 

Neste 28 de xuño Día Internacional do ORGULLO LGTBIQ+, as mulleres da Coordenadora Comarcal de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres queremos reivindicar e festexar a diversidade afectivo-sexual, as diferentes indentidades de xénero e sexuais e a estrutura familiar escollida libremente cunha acción de rúa, elaborando un tapiz Feminista Lésbico, coa imaxen representada sobre o chan con area, borra do café.., o sábado 24 de xuño na Praza da Pedra ás 10 horas.


Agardamos que nos acompañes na súa creación!!


Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!

 

MANIFESTO ORGULLO LGTBIAQ+

Correo-e Imprimir PDF

Un ano mais, dende a Marcha Mundial das Mulleres queremos apoiar o día do orgullo LGTBIQ+ . Sempre é preciso a reivindicación deste día, pero agora debemos facelo se cabe, con maior intensidade, xa que, no noso entorno, asistimos nestes anos a un aumento de agresións e LGTBIQ fobia. Queremos denunciar, que baixo un manto de maior visibilidade e aceptación, segue a esconderse a intolerancia e discriminación máis feroz. O Colectivo de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais, Intersexuais continúa a ser acosado, invisibilizado, discriminado e rexeitado no ámbito laboral, nas escolas, nas institucións, nas rúas...e en todos os ámbitos da vida dunha persoa.

Conmemoramos neste día os disturbios de Stonewall, acontecidos no 1969 en Nova York, cando un grupo de lesbianas, gais, travestis e transxéneros alzaron a súa voz, fart@s de sufrir continuos abusos. Ao longo da historia repetíronse moitos Stonewall e agardamos ver o día en que non faga falla reivindicar algo tan de sentido común, como que todas as persoas somos diversas e diferentes mais debemos ter iguais dereitos e dignidade.

En moitos países segue a ser un delito que os teus afectos ou sexualidade non sigan as normas obrigadas polo heteropatriarcado e relixión. Así, moitas persoas son torturadas, apresadas, violadas ou asasinadas polo simple feito de expresar a súa sexualidade. Son moitas as normas escritas que legalizan e promoven a represión contra o colectivo LGTBIQ+ . Son moitas as mensaxes de odio que se difunden con total impunidade. Seguen a existir supostas clínicas onde se “curan” comportamentos denominados por estas como “desviados”. Son moitas as persoas que sofren todas estas violencias e humillación e somos cada vez máis as que queremos mudar esta inxustiza.

Parécenos que as escolas son unha ferramenta fundamental de transformación desta situación e dende as que debemos traballar valores igualitarios e integradores. Mais os continuos acosos que sofren menores nos colexios e institutos reflicten con grande crueza que neste ámbito non se está a educar axeitadamente na diversidade e no respecto as orientacións afectivo-sexuais e identidades de xénero das nen@s. Sendo un inferno para el@s un entorno que debería servir para reforzar a súa personalidade e formación. Por iso denunciamos reformas educativas que buscan unha maior presenza das relixións nas escolas e que promoven sociedades máis insolidarias e reaccionarias.

A loita contra a homofobia, lesbofobia, e transfobia debe extenderse a todos os eidos da sociedade: educación, familia, política, medios de comunicación... para rematar coa terrible inxustiza de ver mermados os teus dereitos como persoa, ser rexeitad@ ou incluso agredid@ por algo propio da túa liberdade persoal. Reivindiquemos, pois, este día, como un día de loita, mais tamén, como un día de orgullo e dignificación da diversidade afectivo-sexual, das diferentes indentidades de xénero e sexuais e da estrutura familiar escollida libremente.


Por todo isto, convidámoste a participar nas actividades organizadas pola Asociación Nós Mesmas en Vigo co gallo da celebración deste día e desfrutar de proxeccións, obradoiros, exposicións, música e poesía nos días do 19 ata o 28 de xuño.

#feminismo #LGBTQI #diversidade #dereitos #activismo #reivindicación#festa

Modificado o ( Martes, 27 Xuño 2017 09:33 )
 

O Foro Internacional de Soberanía Alimentaria

Correo-e Imprimir PDF

O Foro Internacional de Soberanía Alimentaria, celebrado o sábado 18 de outubro no Auditorio Caixanova de Vigo tivo dúas partes, unha primeira na que a través dunha palestra participada por Gladys Alfaro (México), Lidia Senra (Galiza) e Irene León (Ecuador) se apresentou a soberanía alimentaria como unha saída para os pobos, e un instrumento de acción para as mulleres, e unha segunda parte onde se explicaron experiencias concretas.

A través de un vídeo, Gladys Alfaro demostrou como foi posíbel mellorar as condicións de vida da comunidade en Chiapas, a través da capacitación das mulleres, da sua formación, partindo do feito de que son elas as que se responsabilizan da alimentación das familias. Garantir o dereito das mulleres ao acceso á terra é fundamental, e con iso garantir que se valore e visibilice o traballo das mulleres, que é esencial e do que depende case toda a produción.
Ler máis...
 

Proxección documental "Jana Sanskriti: Un Teatro en Campaña"

Correo-e Imprimir PDF

A proxección do documental "Jana Sanskriti: Un teatro en campaña" de Jeane Dosse terá lugar o venres 12 de novembro ás 19h15 no Centro Cívico do Castrillón (Praza Pablo Iglesias, s/n).

35.jpg

A través do Teatro da Oprimid@ as participantes do Jana Sanskriti (a cultura do pobo) fan frente ao patriarcado, á corrupción e á indiferenza, desvelándonos unha India Solidaria

 "O diálogo nunha relación cria unha pedagoxía onde aprendemos xuntas, e a propia relación inspíranos para avanzar no camiño onde nos imos descobrir a nós propias. Este descobrimento é o que se chama unha revolución interna, que nos inspira cara a revolución externa"Â

3727891370_decdfe40eb.jpg

Modificado o ( Mércores, 22 Febreiro 2012 03:26 )
 
Máis artigos...
Páxina 3 de 74

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 23 convidados en liña