O Machismo MATA

MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

25N: Para cambiar o mundo, acabar coa violencia machista PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administradora   
Domingo, 13 Novembro 2011 16:47
25n2011.jpg
O sistema económico, que nestes dous últimos anos acelerou a súa voracidade engulindo recursos públicos e impoñendo un modelo social de competitividade, acumulación e usura, impón ao poder político, recortar e abolir todas aquelas políticas de igualdade encamiñadas a previr a violencia machista, á atención ás vítimas e á concienciación da sociedade. Políticas que desde o Feminismo avaliabamos como insuficientes, pero que marcaban o camiño que había que encetar para conseguir arrincar o machismo das nosas vidas.
Cada día, diante do asasinato dunha muller a mans do seu ex marido, ou do seu compañeiro, as autoridades condenan os feitos, a veciñanza manifestase rexeitando a agresión e pedindo xustiza, preguntándose por que continua engrosándose esta tráxica lista de mulleres vítimas da violencia machista.
Un feminicidio que vai marcando cada dia mais aldeas, vilas e cidades, no mapa dos asasinatos machistas. As mortes por violencia machista, por moi inexplicables que parezan, non son actos illados, fortuítos, senón que obedecen a unha cultura patriarcal no que as mulleres non teñen dereito a decidir sobre a súa vida. Son a reacción violenta de quen se cree posuidor dun ben, dunha propiedade, ou dunha escrava.
A solución non é doada e necesita do compromiso de todos e de todas, porque precisa de cambios profundos dado que o machismo está enraizado na nosa sociedade e non estamos facendo o preciso para desbotalo.
Ao feminismo non nos asusta continuar coa nosa responsabilidade e activismo na loita contra a violencia machista...non queremos que se volva ao pensamento de que a violencia machista son “os trapos sucios que hai que lavar na casa”.
Queremos concienciar sobre as estruturas sociais que alimentan e reproducen o machismo.
Queremos deixar claros os vínculos que existen entre a desigualdade e a violencia machista.
Queremos facer reaxir á sociedade ante a perda de dereitos e ante o desmantelamento de servizos públicos.
EN NOME DE TODAS AS MULLERES ASASINADAS CANDO PRETENDIAN RECONQUISTAR A SÚA PROPIA VIDA E POR TODAS ÁS QUE ESTAMOS A SUFRIR VIOLENCIA NON PODEMOS CONSENTIR NINGÚN PASO ATRAS.
Convocatorias deste ano:
Compostela
Venres 25 - 20.00h
Concentración na Praza do Toural
Xornadas de loita contra o patriarcado"(A violencia nas súas diferentes vertentes)
21 Novembro   "A violencia de xénero nos medios" María Xosé Porteiro
22 Novembro   Teatro forum guiado por Minke Lap
23 Novembro   Proxección das curtas "Desenfocada" e "Nasija"
24 Novembro   "A violencia institucional" Lola Ferreiro e Victoria e Dieguez
Lugar:
Librería Lila de Lilith (Rúa Travesa nº7)
Hora:
20:00
.
Ferrolterra
Venres 25 - 20.00h
Concentración na Praza Verde (Perlío - Fene)
.
Ourense
Venres 25 - 20.30h
Teatro na rúa: percorrido polas prazas: Parque San Lázaro (edificio sindical) - Praza do Ferro - Praza dos Suaves - Santa Eufemia
Sábado 26 - 19.30h
Proxección documental 'Silenciadas' + charla co director e música en directo
Museo Municipal de Ourense, Rúa Lepanto
.
Vigo
Venres 25 - 20.00h
Manifestación dende a Farola de Urzáiz ata o Marco
.
Última actualizaciónfeita en Martes, 15 Novembro 2011 17:39
 

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campaña:

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 7 convidados en liña