XA TEMOS FORO SOCIAL GALEGO
PLANO DE SITUACIÓN DO FSGAL
ESPAZOS DO FORO SOCIAL GALEGO

Cartaz definitivo do Primeiro Foro Social Galego. Para baixalo en PDF (formato 35 x 50 cm, 550 KB) podes premer AQUÍ.
 
PROGRAMA DEFINITIVO DE ACTIVIDADES

 O FSGal 2008 contará con 12 actividades organizadas por 32 movementos sociais mais 2 plenarios. Asemade, existen espazos transversais de audiovisuais, comunicación (con máis de 10 horas de proxección continua de audiovisuais e até 14 presentacións de iniciativas, publicacións e campañas) e mais unha programación cultural paralela. A inauguración será o venres 5 de decembro, ás 18:30 horas, no AUDITORIO DE GALIZA (Sala Mozart).

O programa completo, incluindo espazos transversais, xa se pode baixar en PDF, formato tríptico (1 Mb). PREME AQUÍ MESMO
 
PROGRAMA DO ESPAZO DE COMUNICACIÓN
 O espazo transversal de comunicación contará coa presentación de até 15 campañas, manifestos e iniciativas dos movementos sociais galegos nas aulas 5 e 6 da Facultade de Filoloxía.
 
PROGRAMA DO ESPAZO DE AUDIOVISUAIS
 Durante o sábado 6 e domingo 7, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, proxectaranse máis de 12 horas, en sesión continua, de audiovisuais de carácter social. As organizacións propuxeron até 17 cintas.
 
PROGRAMACIÓN CULTURAL DO FSGAL
 O Foro Social Galego terá unha programación cultural consistente en diferentes actividades, concertos, teatro, etC que se desenvolveran nos espazos do foro e nalgúns outros lugares de Santiago os días 5, 6 e 7 de decembro.
 
NOVO BANER
 
XORNALISTAS VOLUNTARI@S PARA O FSGAL
 O Consello do Foro Social Galego busca xornalistas, xa sexan estudantes ou profesionais, para cubrir as actividades do FSGal nos eidos escrito e audiovisual.
 
ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE O FSGAL
O Consello do FSGal manifesta a súa disposición a facilitar a organización de charlas informativas sobre o desenvolvemento do Foro. Colectivos e persoas interesadas en levar ás súas localidades esta iniciativa deben autoxestionar a convocatoria da charla e o Consello tratará de buscar xente para explicar calquera aspecto organizativo do FSGal. As convocatorias serán tamén publicadas nesta web. Podes contactar con: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
 
SEIS CUESTIÓNS SOBRE O FORO SOCIAL GALEGO
Fai a túa adhesión, propón actividades. O 30 de setembro rematou o prazo para propor actividades!!!
 
CONVOCATORIA PARA O FORO SOCIAL GALEGO 2008

[GAL]  [POR]  [ENG]  [FRA]  [CAT]  [EUS]  [DE]  [ESP]

O Consello do Foro Social Galego, constituído o día 29 de marzo en Santiago de Compostela por mandato dunha Asemblea de Movementos Sociais celebrada o 26 de xaneiro en Galiza, fai un chamamento para a mobilización de todo o tecido social galego e toda a cidadanía do país, homes e mulleres que dun ou doutro xeito andan na procura dun outro mundo posíbel, para os vindeiros 5, 6 e 7 de decembro de 2008, cando terá lugar en Santiago de Compostela o primeiro Foro Social Galego.

 
COMO PARTICIPAR NO FSGAL
Desde o Consello Dinamizador do FSGal artelláronse inicialmente varias formas de participación:
  1. sendo membro integrante do Consello Dinamizador do FSGal
  2. mediante adhesión individual ou colectiva ao FSGal
  3. participando como voluntario ou voluntaria na organización do evento
  4. ou simplemente, asistindo ás actividades que se ofrecerán no espazo libre de entrada.  
 
QUE É O FORO SOCIAL GALEGO (FSGal)?
 
Themes and Templates by dezinedepot