MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administradora   
Xoves, 15 Maio 2008 00:00
Nós, as mulleres, hai moito tempo marchamos para denunciar e esixir o fin da opresión que vivimos por sermos mulleres e, para afirmar que a dominación, a explotación, o egoísmo e a busca desenfrenada do lucro producen inxustizas, guerras, ocupacións, violencias e deben acabar.

Das nosas loitas feministas e das loitas das nosas antepasadas de todos os continentes, naceron novos espazos de liberdade para nós, para as nosas fillas e fillos, para todas as pequenas e pequenos que, despois de nós camiñarán sobre a Terra.

Estamos construíndo un mundo no cal a diversidade é unha virtude: tanto a individualidade como a colectividade son fontes de crecemento; onde as relacións flúen sen barreiras; onde a palabra, o canto e os soños florecen. Ese mundo considera á persoa humana como unha das riquezas máis preciosas. Un mundo no cal reina a igualdade, a liberdade, a solidariedade, a xustiza e a paz. Nos somos capaces de criar este mundo. Constituimos máis da metade da humanidade. Damos a vida, traballamos, amamos, criamos, militamos, divertímonos. Garantimos actualmente a maior parte das tarefas esenciais para a vida e a continuidade da humanidade. Ainda así, nesta sociedade continuamos sendo oprimidas.

A Marcha Mundial das Mulleres, da cal facemos parte, identifica o patriarcado como un sistema de opresión das mulleres e o capitalismo como un sistema de explotación dunha inmensa maioria de mulleres e homes por parte dunha minoría.

Eses sistemas refórzanse mutuamente. Enraízanse e conxúganse co racismo, o sexismo, a misoxinia, a xenofobia, a homofobia, o colonialismo, o imperialismo, o escravismo e o traballo forzado. Constitúen a base dos fundamentalismos e integrismos que impiden ás mulleres e aos homes seren libres. Xeran pobreza, exclusión, violan os dereitos dos seres humanos, particularmente os das mulleres, e poñen a humanidade e ao planeta en perigo.

NÓS REXEITAMOS ESE MUNDO!!!

Propomos construír outro mundo, onde a explotación, a opresión, a intolerancia e as exclusións non existan máis; onde a integridade, a diversidade, os dereitos e liberdades de todas e todos sexan respectados.

Esta carta baséase nos valores de igualdade, liberdade, solidariedade, xustiza e paz.

IGUALDADE
Todos os seres humanos e todos os pobos son iguais, en todos os dominios e en todas as sociedades. Teñen igual acceso ás riquezas, á terra, a un emprego digno, aos medios de produción, a unha vivenda axeitada, á educación de calidade, á formación profesional, á xustiza, a unha alimentación saudable, nutritiva e suficiente, a servizos de saúde física e mental, a seguridade durante a vellez, a un medio ambiente saudable, á propiedade, a funcións de representación política e de toma de decisións, a enerxia, á auga potable, ao ar puro, aos medios de transporte, ás técnicas, á información, aos medios de comunicación, ao lecer, a cultura, ao descanso, á tecnoloxía e as innovacións científicas.

Ningunha condición humana ou condición de vida xustifica a discriminación.

Ningún costume, tradición, relixión, ideoloxía, sistema económico ou político xustifican que unha persoa sexa posta en situación de inferioridade, nin permitir actos que poñan en perigo a súa dignidade e integridade física ou psicolóxica.

As mulleres son cidadás de pleno dereito, antes de seren conxuxes, compañeiras, esposas, nais ou traballadoras.

As tarefas non remuneradas, ditas femininas, que garanten a vida e a continuidade da sociedade (traballos domésticos, educación, coidado das fillas e fillos e dos familiares) son actividades económicas que crean riqueza e que deben ser valoradas e compartidas.

Os intercambios comerciais entre países son equitativos e non son prexudiciais ao desenvolvemento dos pobos.

Cada persoa ten acceso a un traballo remunerado xustamente, efectuado en condicións seguras e salubres que a permitan vivir dignamente.
LIBERDADE
Todo ser humano vive libre de todo tipo de violencia. Ningún ser humano pertence a outro. Ningunha persoa pode ser obxecto de escravitude, ser forzada ao casamento, ser sometida a traballos forzados, ser obxecto de tráfico e de explotación sexual.

Cada persoa goza de liberdades colectivas e individuais que garantan a súa dignidade, en especial: liberdade de pensamento, de conciencia, de crenza, de relixión; de expresión, de opinión; de vivir libremente e de maneira responsable a súa sexualidade, escoller á persoa con quen compartir a súa vida; de votar, de ser elixida, de participar na vida política; de se asociar, reunir, sindicalizar, manifestarse ; de escoller o seu domicilio, a súa nacionalidade, de escoller o seu estado civil; de seguir os estudos da súa escolla, de escoller a súa profesión e exercela; de se mudar, de dispor da súa persoa e dos seus bens; de escoller o seu idioma de comunicación respectando as linguas minoritarias e as decisións colectivas en canto á lingua de uso e de traballo; de se informar, de aprender cousas novas, intercambiar ideas e ter acceso ás tecnoloxias da información.

As liberdades exércense na tolerancia e no respecto á opinión de cada persoa e dentro de parámetros democráticos e participativos. As liberdades implican responsabilidades e deberes coa comunidade.

As mulleres toman libremente as decisións no que se refire ao seu corpo, a súa sexualidade e a súa fecundidade. Deciden por si mesmas ter ou non descendencia.

A democracia exércese se hai liberdade e igualdade.
SOLIDARIEDADE
A solidariedade internacional é promovida entre as persoas e os pobos sen ningún tipo de manipulación ou influencia.

Todos os seres humanos son interdependentes. Comparten o deber e a vontade de vivir xuntos, de construír unha sociedade xenerosa, xusta e igualitaria, baseada no exercicio dos dereitos humanos, exenta de opresión, de exclusións, e discriminacións, de intolerancia e de violencias.

Os recursos naturais, os bens e os servizos necesarios para a vida de todas e de todos son bens e servizos públicos de calidade aos cales cada persoa ten acceso de maneira igualitaria e equitativa.

Os recursos naturais son administrados polos pobos que viven nos territorios onde eses se encontran, respectando o medio ambiente e actuando para a súa preservación e sustentabilidade.

A economía dunha sociedade está ao servizo daquelas e daqueles que a compoñen. A economía é dirixida á produción e intercambio de riquezas socialmente útiles, que son distribuídas entre todas e todos, que garanten principalmente a satisfación das necesidades colectivas, eliminan a pobreza e aseguran un equilibrio entre o interese xeral e os intereses individuais. A economía garante a soberanía alimentaria. Esta economía oponse á busca exclusiva do lucro e a acumulación privada dos medios de produción, das riquezas, do capital, das terras, das tomas de decisións nas mans dalgúns grupos ou dalgunhas persoas.

A contribución de cada unha e de cada un para a sociedade é recoñecida e independente da función que ocupa. Todas as persoas gozan de dereitos sociais.

As manipulacións xenéticas son controladas. Non existe dereito de propiedade sobre o ser vivo nin sobre o xenoma humano. A clonaxe humana está prohibida.
XUSTIZA
Todos os seres humanos independentemente do seu país de orixe, da súa nacionalidade e do seu lugar de residencia, son considerados cidadás e cidadáns con plenos dereitos humanos (dereitos sociais, económicos, políticos, civís, culturais, sexuais, reprodutivos, ambientais) de forma realmente democrática, igualitaria e equitativa.

A xustiza social baséase nunha redistribución equitativa das riquezas, que elimina a pobreza, limita a riqueza e garante a satisfación das necesidades esenciais da vida, e que apunta a melloría do benestar de todas e todos.

A integridade física e moral de todas e todos está garantida. A tortura, os tratamentos humillantes e degradantes están prohibidos. As agresións sexuais, o estupro, as mutilacións xenitais femininas, as violencias específicas contra as mulleres e o tráfico sexual e de seres humanos son considerados crimes contra a persoa e contra a humanidade.

O sistema xudicial é accesible, igualitario, eficaz e independente.

Cada persoa goza da proteción social necesaria para garantir o seu aceso á alimentación, ao cuidado, a atención á saude, a vivenda axeitada, a educación, a información, e a segridade durante a vellez. Cada persoa ten acceso á renda suficiente para vivir dignamente.

Os servizos de saúde e sociais son públicos, accesibles, de calidade, gratuítos para todos os tratamentos, todas as pandemias, particularmente para a VIH.
PAZ
Todos os seres humanos viven nun mundo de paz. A paz resulta en particular da igualdade entre os sexos, da igualdade social, económica, política, xurídica e cultural, do respecto aos dereitos, da erradicación da pobreza que asegure a todas e todos unha vida digna, exenta de violencia, onde cada persoa ten un traballo e recursos suficientes para se alimentar, ter vivenda, vestirse, instruírse, estar protexida na vellez, ter acceso aos coidados necesarios.

A tolerancia, o diálogo, o respecto da diversidade son garantías de paz.

Todas as formas de dominación, de explotación e de exclusión de parte dunha persoa sobre outra, dun grupo sobre outro, dunha minoira sobre unha maioria, dunha maioria sobre unha minoría, dunha nación sobre outra están rexeitadas.

Todos os seres humanos teñen o dereito de vivir nun mundo sen guerra e sen conflito armado, sen ocupación estranxeira nin base militar. Ninguén ten dereito sobre a vida ou morte das persoas ou dos pobos.

Ningún costume, tradición, ideoloxía, relixión, sistema económico nin político xustifican as violencias.

Os conflitos armados ou non entre os países, comunidades ou pobos son resoltos pola negociación que permite encontrar solucións pacíficas, xustas e equitativas a nivel nacional, rexional e internacional.


Esta Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade fai un chamamento a todas as mulleres e homes e a todos os grupos oprimidos do planeta a proclamaren individual e colectivamente o seu poder para transformar o mundo e modificar radicalmente as relacións existentes e transformándoas en relacións baseadas na igualdade, na paz, na liberdade, na solidariedade e na xustiza. Esta Carta chama a todos os movemento sociais e a todas as forzas sociais a axir para que os valores que defendemos sexan verdadeiramente postos en práctica, e para que as instancias de poder político tomen todas as medidas necesarias para a súa aplicación.

Esta Carta fai un chamamento á acción inmediada para mudar o mundo!!!!
Última actualizaciónfeita en Xoves, 15 Maio 2008 20:27
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 81 convidados en liña