MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

DE VOLTA Á CASA QUERO SER LIBRE NON VALENTE PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administradora   
Sábado, 06 Xaneiro 2018 20:29

Nestes días sumamos outro feminicidio á longa lista de mulleres asasinadas. Diana Quer non volveu á súa casa en Boiro o 21 de agosto, Elisa Abruñedo, Socorro Pérez e outras moitas tampouco. No caso de Diana, detívose ao asasino debido a que intentou agredir a outra muller e non puido, no caso de Elisa e Socorro o seu asasino segue libre e o seu caso sen resolver. A nosa memoria almacena centos de mulleres asasinadas polo feito de ser mulleres. Que Diana Quer sexa incluída como vítima de violencia machista é fundamental e abre un camiño de xustiza negado todos estes anos. A reivindicación é clara: que todas estas mulleres sexan consideradas como vítimas da violencia machista a todos os efectos e sen ambigüidades. No 2017 non foron 48 mulleres asasinadas como reflicten os datos oficiais, foron 98.

Debemos resaltar o circo mediático artellado ao redor da desaparición e asasinato de Diana Quer, ao igual que no seu momento se fixo coas 3 mulleres de Alcácer. O morbo e as elucubracións cargadas de sexismo encheron horas de televisión sensacionalista onde se cuestionaba a vítima e as familias. Como ía vestida, ás horas nas que estaba na rúa, que facía soa pola noite...seguen a culpabilizarnos de que nos agredan e seguen a nutrir a cultura da violación e do feminicidio. Esta focalización dos medios non conciencia contra unha lacra da sociedade, senón que alimenta estereotipos e decide arbitrariamente que vítima lles parece digna de atención e cal non. Así asistimos a vítimas de primeira e de segunda e á individualización dun feito repetitivo, converténdose en “traxedia sen remedio” o que ten uns detonantes claros e non arbitrarios: o heteropatriarcado.

A realidade é que o que lle aconteceu a Diana está na mente de todas as mulleres. Podíamos ser calquera de nós. As mulleres temos un toque de queda non oficial pola noite. Xa dende pequenas se nos explica que temos que “ser prudentes”, avisar de que chegamos “ben”, non ir aos sitios soas, evitar lugares escuros... O medo fainos ceder espazos, mudar camiños, renunciar a actividades...e deteriorar a nosa liberdade a límites intolerables. E non é un medo sen fundamento, o perigo de agresión é real, probas disto son as violencias machistas que padecemos e interiorizamos nas nosas vidas diarias: que nos toquen sen consentimento, que nos acosen pola rúa, que forcen situacións obviando os nosos límites... Edúcannos para non ser violadas, para protexernos, mais non educan aos homes a non violar, a non agredir, a non asasinar. Se calquera colectivo desta sociedade sufrira este volume de agresión ou tivera que tomar as precaucións que teñen en conta as mulleres na súa vida diaria, estaríamos falando do terrorismo mais sanguinario e as medidas e medios serían moi diferentes.

As propias medidas xudiciais son mornas respecto aos asasinatos de mulleres, a introdución do “agravante por motivos de xénero” é un comezo que da esperanza, pero o obxectivo é que o feminicidio sexa recollido nos xulgados como tal sen ser preciso mediar probas para demostrar o desprezo do agresor cara o xénero da vítima. Nunha sociedade heteropatriarcal na que un home asasina a unha muller o propio sistema é proba desta situación de opresión e superioridade.

A Diana Quer, a Sara Alonso, a Agueda González e ás 98 mulleres asasinadas o ano pasado asasináronas homes fillos e netos do heteropatriarcado. Non “enfermos”, senón homes considerados “normais” que conviven na sociedade sen maior problema porque a súa conduta previa é tolerada polo seu entorno. Antes de asasinar seguro que acosaron verbalmente a algunha muller pola rúa, seguro que mandaron calar á súa parella en público, seguro que molestaron a algunha muller nun bar e a insultaron cando ela non lles fixo caso, seguro que contaron un chiste no que se emborracha á muller para que ser resista menos ou colgaban vídeos ou comentarios nun grupo de wasap de claro desprezo cara as mulleres. As sinais están ahí, só falta que a sociedade rexeite sen físgoas os comportamentos que constrúen a un agresor e comecemos a asumilos como parte da violencia contra as mulleres.

DIANA QUER PODIAMOS SER CALQUERA DE NÓS

QUERÉMONOS VIVAS

Última actualizaciónfeita en Sábado, 06 Xaneiro 2018 21:46
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 10 convidados en liña