MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

8 de Marzo: Construíndo feminismo, destruíndo o capitalismo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administradora   
Venres, 26 Febreiro 2016 11:23

8 DE MARZO DÍA INTERANCIONAL DAS MULLERES

CONSTRUÍNDO FEMINISMO, DESTRUÍNDO CAPITALISMO

Nós, as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres seguimos traballando na construción doutro mundo posible, reafirmándonos na resistencia, o enfrontamento e a construción de alternativas ao actual modelo patriarcal, capitalista, racista, lesbofóbico e colonial, construíndo e  actualizando o feminismo como un proxecto que garante a igualdade entre todas as mulleres, nunha sociedade de homes e mulleres libres e iguais, sen opresións étnicas, relixiosas e con libre exercicio da nosa sexualidade.

No momento actual, no que asistimos a unha forte reestruturación do capitalismo para manter a súa máxima de explotación e opresión, reforzado pola privatización dos servizos, espazos e bens públicos, incluíndo na lóxica dos mercados todo o que podería ser comercializado, faise visible, unha vez máis, o sistema hexemónico no que vivimos, baseado nun modelo de crecemento ilimitado imposible, inxusto e insustentable. A explotación da natureza, os ataques aos dereitos e á soberanía dos pobos, o control sobre o corpo e a vida das mulleres, o aumento da militarización, a criminalización e a violencia son mecanismos que sustentan a súa acumulación por desposesión, baseada na expansión da mercantilización de todas as dimensións da vida humana.

Adicamos os nosos esforzos a liberarnos do patriarcado e o capitalismo, que son a raíz do sistema opresor no que vivimos. A pobreza, a violencia, a inmigración forzada e o terrorismo son expresións da violencia que sofren as mulleres, as crianzas e as comunidades marxinalizadas como consecuencia das estratexias da militarización, o extremismo e as medidas de austeridade que apuntalan o sistema e a clase dirixente.

Neste sentido queremos condenar a actitude da comunidade internacional, especialmente a Unión Europea, pola falla de resposta á crise de refuxiadas e refuxiados. Unha resposta baseada no militarismo e no peche de fronteiras ás persoas que escapan de Siria, Libia, Irak, Kurdistan e outros territorios.

Unha vez mais somos testemuñas de que a vida humana non vale nada. Vemos diariamente como a xente ten que fuxir do seu pais tratando de escapar do fundamentalismo, o terrorismo e a guerra (promovida por algúns estados como Estados Unidos e os seus gobernos aliados, así como a industria do armamento)para despois atopar unha fortaleza inexpugnable en Europa, deixando nunha situación de especial vulnerabilidade as crianzas e as mulleres que a miúdo son violentadas e privadas dos seus dereitos.

Continuamos o noso chamamento a solidariedade e reafirmamos que as persoas refuxiadas son as nosas irmás que tentar fuxir de situacións de extrema violencia provocadas por un sistema inxusto.

Solidarizámonos coas mulleres criminalizadas pola defensa da autonomía dos seus corpos e territorios, especialmente coas mulleres kurdas e con todas as persoas en resistencia en todas as partes do mundo.

A violencia patriarcal está presente na vida cotiá de todas as mulleres, moitas veces naturalizada e lexitimada, fortalecida coas desigualdades de clase e raza, revelando a falta de recoñecemento das mulleres como suxeitos autónomos. Especialmente coa explotación dos corpos das mulleres, controlados e regulados a partir de patróns morais dunha sexualidade heteronormativa, lesbofóbica, fálica e centrada no pracer masculino, na maternidade e nun canon de beleza imposto.

Nós estamos pola destrución do capitalismo e a construción dunha economía feminista e solidaria, alterando os patróns de reprodución e produción, distribución e consumo, ademais de recoñecer e valorar o traballo doméstico e de coidados como algo fundamental para a sustentabilidade da vida humana. Para todo isto, esiximos políticas emancipatorias construídas en base á soberanía alimentaria e popular.

Afirmamos que a auto-organización das mulleres é a nosa estratexia de fortalecemento como suxeitas políticas, que construímos unha forza mundial, en alianza cos movementos sociais que comparten a loita anti-capitalista e por unha sociedade baseada nos valores da liberdade, a igualdade, a xustiza, a paz e a solidariedade.

cartaz8m.png

 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 80 convidados en liña