Convocatorias 25 de novembro de 2013 Imprimir
Escrito por Administradora   
Martes, 19 Novembro 2013 23:26

Compostela: 20.30h Praza do Toural - Compostela - CONCENTRACIÓN

Ferrolterra: 20.00h Praza do Concello - Ferrolterra - CONCENTRACIÓN

Ourense: 20.30h Praza de Santa Eufemia (esquina rúa da Paz) - CONCENTRACIÓN

Vigo: 20.00h Farola de Urzáis - Vigo - MANIFESTACIÓN

Neste 25 de novembro, día internacional contra a violencia machista, queremos unir as nosas enerxías as de miles de mulleres que ao redor do mundo autoconvócanse para denunciar o máis profundo rexeitamento das violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres. Desde aquí queremos incidir sobre a violencia que se exerce sobre a nosa capacidade de decidir sobre o noso corpo, a nosa sexualidade, a nosa saúde sexual e reprodutiva, a nosa liberdade, e en definitiva a nosa vida.

Convocamos a que os nosos corpos se ergan, para que asuman conciencia da autonomía, para que se xunten con outras mulleres, collan forzas, e poidan liberarse das opresións a través do pensamento transgresor.

Queremos ser suxeitos libres e esiximos soberanía para poder decidir.

O recorte do dereito á interrupción voluntaria do embarazo, que promove o goberno, quere colonizar de novo os nosos corpos, impedirnos ás mulleres o dereito a decidir, e converter a maternidade nun mandato cultural e non nunha elección libre e soberana.

Convocamos a que os nosos corpos se indignen e actúen cando nos queren negar o dereito a decidir sobre a nosa maternidade.

Convocamos a que os nosos corpos sintan a indignación, incomodidade, a insatisfacción o desasosego cando se exerce violencia contra eles, cando se exerce violencia contra as nenas e as avoas e contra as nosas irmás mulleres.

A pesar de que nestes dous últimos séculos as mulleres temos avanzado na conquista dos nosos dereitos, seguimos padecendo distintas formas de opresión que se expresan no non recoñecemento desvalorización do noso traballo, do noso tempo e dos nosos saberes; na invisibilidade a través dunha linguaxe sexista que nos exclúe e nos degrada; nas dificultades existentes para a nosa autodeterminación económica; na ocultación das masacres perpetradas contra as mulleres en todas as guerras, nas agresións sexuais, violacións, mutilacións xenitais, no feminicidio como expresión máxima da violencia machista, na trata de mulleres con fins de explotación sexual, na negación do dereito á soberanía do noso corpo...

O patriarcado segue empeñado en dominar e controlar o corpo das mulleres. Da brutalidade máis evidente tense pasado a métodos máis sutís, ou mellor dito, foron incorporándose novos modos xa que brutalidade continúa.

Convocamos aos nosos corpos para que xunto a outras e outros soñen utopía doutro mundo que é necesario construír, libre de violencia e de inxustizas, porque non é natural, non é bo continuar con tanta dor, medo impotencia, rabia,tristeza e frustración, nos corpos das mulleres polas múltiples violacións que de acotío vivimos.

Autoconvocámosnos para seguir achegando á construción dun mundo novo, para seguir achegando a construción dunha vida libre de violencias, para xerar a posibilidade da alegría para a plenitude da vida que desexamos para nós e as futuras xeracións de mulleres.

O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións!

Outras actividades:
Ourense
Retrospectiva fotográfica "10 anos de feminismo en Ourense" (do 25 de novembro ao 8 de decembro). Locais da exposición: A habitación da Nena Caracola (praza das Mercedes), Cafe Isaac, Trampitán, Café Cultural Auriense, Grândola Tetería.

Xornadas de Autoformación feminista
6 e 7 de decembro, no CIMM, coa participación das compañeiras de Bilgune Feminista, organización feminista de Euskalherria. +info e incripcións  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo