MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administradora   
Luns, 27 Maio 2013 00:24

movimiento_feminista_espana.jpg

A loita polo dereito das mulleres a decidir a súa maternidade, elas, sen intromisións, ten conformado o cerne do feminismo galego. Unha peza substantiva foi bater na idea de que ser nai é unha obriga. Ser nai é unha posibilidade, unha opción. Elixir implica información, medidas anticonceptivas para aquelas mulleres de prácticas heterosexuais que non queiran quedar embarazadas, medios reais para exercer a maternidade en condicións axeitadas e o regulamento do aborto ou interrupción dun embarazo que non se quere levar a término.

Esta batalla foi dura e persistente no tempo. Morreron mulleres en abortos clandestinos, foron detidas, encausadas e xulgadas. Outras pasaron cárcere xunto con profesionais da sanidade. Foron moitas as que por non poderen interromper o seu embarazo tiveron que enfrontarse a maternidades non desexadas. Dor, humillacións e clandestinidades a grande maioría.

Logo da primeira aprobación da despenalización parcial do aborto en tres supostos en agosto de 1985 co goberno de Felipe González, que deixaba á maior porcentaxe de abortos fora dos tres supostos, seguimos loitando e sempre demandamos información sexual, buscando o porque tantísimas mulleres quedan embarazadas sen quereren. Sabemos moi ben que ningunha muller aborta por gusto senón para evitar un mal máis grande como é traer ao mundo crianzas non desexadas.

Destas loitas conseguiuse o cambio de opinión de amplos sectores sociais anteriormente opostos ao aborto polas prédicas desde púlpitos durante centos e centos de anos e de boa parte da xerarquía da xinecoloxía española.

En 2010 o goberno de Zapatero aproba a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo que pasa a un sistema de prazos con indicacións no caso de malformación do feto. Esta Lei crea unhas condicións de mínima dignidade e respecto á decisión das mulleres aínda moi mellorables (obxección de conciencia, privatización cáseque absoluta da prestación, censura da formación e práctica médica, estigmatización profesional de quen fai abortos…)

Agora o ministro Gallardón á fronte do goberno do PP, preocupado por seguir o ditado da Conferencia Episcopal, do Foro da Familia e organizacións semellantes que forman ese 10% da poboación que pretenden a supresión do aborto e que sexa delicto en todos os casos, queren una volta atrás sen precedentes.

Nosoutras defendemos o dereito da muller a ter a posibilidade real e concreta de decidir se quere ser nai ou non e cando; sen que leis, ministros, bispos, médicos, xuíces ou calquera outra persoa interfiran na súa decisión. Sen que tampouco a Red Madre ou a Lei de Familia apreten e presionen ás mulleres embarazadas.

Queremos que se poñan a dispor de todas as mulleres que queren ser nais as posibilidades de facelo (servizos sociais públicos, escolas infantís, vivenda, comedores escolares, traballos con salarios e horarios que permitan a crianza) e que as administracións cumpran co seu cometido facilitando a nais e pais a posibilidade real de facer compatible traballo e familia.

Queremos que exista o dereito ao aborto libre, sen máis causas que a vontade da muller nas primeiras semanas, na carteira de servizos da sanidade pública.

E non queremos que se nos titorice. Somos capaces, sabemos o que decidimos.

Por todo isto, opoñémonos e denunciamos a intención do goberno do Partido Popular que, ao ditado da Conferencia Episcopal, en troca de mellorar as nosas vidas, garantir os nosos dereitos e as nosas liberdades, ponse a recortar unha lei que conta co apoio da maior parte da poboación.

 

Nosoutras parimos, nosoutras decidimos.
A liberdade de ser nai pasa pola liberdade de non selo.
Aborto libre, gratuíto, na sanidade pública e á decisión da muller

 

PLATAFORMA POLA DEFENSA DO DEREITO AO ABORTO

[ Manifesto ]

[ Proposición Non de Lei do Parlamento Galego ]

[ Web da Plataforma ]

 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 27 convidados en liña