MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Concurso: "Mulleres que deixaron pegada na túa vida" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administradora   
Luns, 18 Febreiro 2013 23:25
Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, a coordinadora da Marcha Mundial das Mulleres de Vigo convoca o concurso "Mulleres que deixaron pegada na túa vida" co fin de amosar as achegas que as mulleres fan a cotío á vida de outras persoas.
O concurso consiste en que cada participante reflexione sobre as mulleres que máis influíron ou inflúen na súa vida, na súa forma de ser ou pensar, etc. e que nos achegue unha foto e un texto explicativo que poña en valor a esa muller que tivo esencial importancia na túa vida.
Bases:
1) Poderán participar mozas e mozos. As obras presentadas deberán ser  orixinais e inéditas.
2) As obras que se presenten no concurso deberán estar en lingua galega.
3) Todas as obras pasarán a ser propiedade da MMM, reservándose esta o dereito de publicalas, facéndose sempre mención ao nome da autora ou autor.
4) As presentes bases difundiranse a través dos medios de comunicación local e estarán a disposición das persoas interesadas na páxina web da MMM: http://www.feminismo.info/
5) As obras entregaranse na CASA DAS MULLERES (rúa Romil, 20, Vigo) ou remitiranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (cubrindo a ficha de inscrición que abaixo se achega).
6) O prazo da admisión das obras finaliza o 1 de marzo do 2013
Premios
Só hai un único premio de 150€ (cento cincuenta euros).
No caso de empate o xurado valorará un accésit.
Xurado
O xurado estará formado polas compoñentes da Marcha Mundial das Mulleres.
Outorgamento do premio
Se fará ao remate dos actos do 8 de marzo
Tratamento dos datos de carácter persoal
Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 67 convidados en liña