|
Escrito por Administradora
|
|
Xoves, 26 Xullo 2012 19:16 |
|

Hoxe máis que nunca e tras as declaracións do ministro de xustiza contra o dereito das mulleres a decidir sobre os nosos corpos, a nosa maternidade e a sermos tratadas como persoas e non como úteros, cómpre lembrar que temos dereito a decidir e que o reclamamos para todas as mulleres en todo o mundo.
A seguir o manifesto da Campaña Estatal 'Decidir fainos libres' da que a MMM fai parte.
Ante o anuncio por parte do Goberno do Partido Popular de reformar da actual Lei orgánica 2/2010 de Saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, as organizacións de mulleres abaixo asinantes MANIFESTAMOS:
- A nosa total indignación ante o retroceso no recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres que suporía a posible reforma da lei.
- A nosa absoluta negativa a aceptar un recorte na liberdade e autonomía das mulleres en relación á súa sexualidade e a decidir sobre a súa maternidade. Se non podemos decidir non somos libres.
- O noso desacordo co fondo argumental -retrógrado, manipulador e ideolóxico- polo que se quere levar a termo a reforma.
- A nosa repulsa porque a vulneración dos dereitos das mulleres se converta no selo ideolóxico do PP.
Por todo isto
- DENUNCIAMOS que a perda de dereitos en saúde sexual e reprodutiva exporán a un maior risco a saúde e a propia vida das mulleres. AFIRMAMOS, pola contra, que o goberno ten a obriga, de acordo a normativa europea e internacional, de defender a protección e seguridade xurídica en materia de dereitos sexuais e reprodutivos.
- DENUNCIAMOS que “violencia de xénero estrutural” é a coacción e a limitación no uso das liberdades individuais. AFIRMAMOS, pola contra, a inquebrantable vontade das mulleres a vivir unha vida libre de Violencia e de coaccións.
- DENUNCIAMOS que o recorte nas liberdades das mulleres sexa debido a presión da xerarquía eclesiástica e grupos ultraconservadores. AFIRMAMOS, pola contra, a necesidade dunha sociedade laica e democrática libre de imposicións relixiosas.
- DENUNCIAMOS a lamentable argumentación decimonónica que enfática como único dereito da muller o da maternidade sen libre elección. AFIRMAMOS, pola contra, o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas e non de acordo a un prototipo de feminidade que discrimina ás mulleres.
- DENUNCIAMOS a arbitrariedade no manexo e uso do concepto “dereitos” e que a aceptación dos dereitos humanos das mulleres é incompatible coa súa regulación no código penal. AFIRMAMOS, pola contra, que donde hai “dereitos” non hai “supostos” e que o exercicio de un dereito no é punible.
- DENUNCIAMOS que a negación dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres leva ao retroceso en cuestións tan básicas como a educación sexual ou a mellora no acceso á anticoncepción, incluída a de urxencia. AFIRMAMOS, pola contra, que si hai dereitos específicos das mulleres en saúde sexual e reprodutiva e debe haber, xa que logo, dereito a prestacións específicas na carteira nacional básica de servizos sanitarios.
|