MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

MULLERES GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS! PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administradora   
Martes, 14 Febreiro 2012 13:11

Hoxe tivo lugar a Rolda de Prensa na que apresentamos a campaña conxunta para este 8 de Marzo, nela, compañeiras de varios colectivos explicaron a necesidade da mobilización social nestos momentos para loita contra os recortes de dereitos que estamos a sufrir, especialmente duro no caso das mulleres.

rolda de prensa 8m 1.jpg

rolda de prensa 8m.jpg

Este é o manifesto da Campaña:

MULLERES GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!

 

Neste contexto de crise capitalista, todos os gobernos nos lanzan a mesma mensaxe: fannos responsables dela e demándannos austeridade, sacrificio e resignación, en canto destinan axudas millonarias para garantir os intereses e privilexios da banca, grandes empresas e fortunas, monarquía, exército ou igrexa católica.

Dísenos que non hai cartos para a sanidade e o ensino públicos, que o sistema de pensións é insostible, que é preciso seguir reformando o mercado de traballo, mentres privatizan os bens máis básicos como a auga. Dinnos que non hai cartos, para nós! Dinnos que non hai recursos, para nós! Dinnos que hai que baixar salarios e pensións, os nosos... Xa está ben!

Este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, mulleres galegas de diferentes colectivos queremos denunciar a precariedade histórica á que estivemos sometidas polo sistema capitalista, baseado en que os esforzos sempre recaen sobre a mesma parcela da sociedade: a clase traballadora e os sectores populares. O suposto plan de actuacións contra a crise responde a motivos ideolóxico-políticos moito máis que a fundamentos económicos e, no caso das mulleres, as políticas de axuste están a ter un efecto perverso sobre as nosas condicións de vida e un retroceso de lustros nos dereitos que mediante anos de loita feminista acadamos.

A actual ofensiva patriarcal está alcanzando cotas insospeitadas. Só así se explica o recrudecemento do machismo nas institucións, a ausencia de políticas feministas reais, a eliminación de organismos como o Servizo Galego de Igualdade, os Centros de Información ás Mulleres e de orientación afectivo-sexual, os impedimentos para acceder a métodos contraceptivos e, sobre todo, a última proposta de derrogar a Lei do aborto, que ten o seupunto de partida na retrógrada Lei da Familia. Dita normativa só pretende instaurar o control alleo sobre o noso corpo e sexualidade, volvendo a situar ás mulleres na esfera doméstica.

Paralelamente, estamos a soportar unha vertixinosa escalada da precariedade laboral, que se expresa nunha cada vez maior temporalidade, no aumento da contratación a tempo parcial e en salarios insuficientes que impiden o goce dunha vida digna, plena e autónoma. Esta situación, que afecta a toda a sociedade, ten unha meirande repercusión nas mulleres debido aos maiores obstáculos para acceder e permanecer no mercado laboral en igualdade de condicións.

Se falamos das mulleres labregas hai que engadir as dificultades para acceder á titularidade das explotacións aínda hoxe e, no caso das mulleres migrantes e das empregadas do fogar, a situación agrávase, posto que á inseguridade laboral hai que sumarlle a xurídica.

Increméntase a explotación xa que sobre nós seguen a recaer as tarefas do fogar e de coidado de menores, maiores e persoas en situación de dependencia. Traballo invisible que non conta con remuneración nin recoñecemento social algún, imposto pola desigual asignación de rolesentre homes e mulleres e que esta crise non fai senón acentuar.

Que as mulleres non somos nada para os poderes políticos, relixiosos e económicos que nos gobernan é tan evidente que non só se reflexa en que sexamos as que máis gravemente sufrimos as consecuencias da crise, senón tamén en que as primeiras institucións desmanteladas foron as que traballaban pola igualdade, información e protección ás mulleres.Neste alarde de machismo, superioridade e hipocrisía, os diferentes gobernos renunciangarantir o dereito das mulleres a vivirmos sen violencias, ignorando a súa consecuencia máisextrema: máis de 70 mulleres son asasinadas só no estado español cada ano.

Como é posible que, nesta realidade, se eliminen as políticas de igualdade e educaciónsexual?

Por todo isto, neste 8 de marzo, as mulleres feministas galegas en loita polos nososdereitos, ESIXIMOS:

- Medidas concretas e recursos públicos en todos os ámbitos para erradicar aviolencia machista (educativos, sanitarios, de información e de protección).

- Sanidade pública, universal e gratuíta de calidade, con atención especializada ásaúde das mulleres.

- Ensino público, gratuíto, non sexista, laico, de calidade e en galego.

- Prestacións sociais e pensións dignas. Establecer medidas de acción positivapara evitar as desigualdades no acceso e na contía das pensións, derivadas desituacións de discriminación.

- Medidas para equiparar os dereitos laborais e de protección social dastraballadoras do servizo doméstico cos demais réximes.

- Medidas que faciliten a regularización das persoas migrantes residentes e quegarantan a plena igualdade de dereitos co conxunto da poboación galega.

- Accións dirixidas a eliminar as desigualdades salariais, a temporalidade, aprecariedade dos traballos feminizados e a sobreexplotación das mulleres.

- Aplicación da Lei de titularidade compartida nas explotacións agrarias.

- Unha política laboral, agraria, alimentaria, fiscal e social en función dasnecesidades da cidadanía, que estableza medidas de acción positiva para poñerfin á discriminación das mulleres e que poña freo á emigración da mocidadegalega.- Servizos sociais públicos de calidade que dean cobertura ás necesidades decoidado de familiares e persoas a cargo.

- Medidas que permitan compatibilizar a vida persoal, familiar e laboral, tantoaos homes coma ás mulleres.

- Medidas urxentes para a creación e a estabilidade do emprego. Implantaciónde medidas dirixidas a eliminar a discriminación salarial das mulleres.

- Medidas que garantan unha vida plena para as persoas con diversidadefuncional.

- Dereito a gozarmos a nosa sexualidade, sexa cal for a nosa orientación sexual ea desenvolver un proxecto de vida en liberade e equidade.

- Respecto aos nosos dereitos sexuais e reprodutivos, que inclúe o control dosnosos corpos, garantindo o dereito ao aborto gratuíto na sanidade pública.

Domingo 11 de Marzo, sae á rúa connosco para berrar polos nosos dereitos!Participa na mobilización que sairá ás 12 horas da estación de tren de Compostela!

 

Última actualizaciónfeita en Mércores, 22 Febreiro 2012 02:42
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 36 convidados en liña