Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| 25 de novembro de 2011 en Compostela |
|
|
|
| Escrito por Administradora |
| Luns, 21 Novembro 2011 19:01 |
|
Baixo o lema “Para cambiar o mundo, acabar coa violencia machistaâ€, a Marcha Mundial das Mulleres de Compostela convoca a unha concentración na Praza do Toural para o venres 25 de novembro, día internacional contra a violencia machista ás 20.00 horas. Ademais ao longo de toda a semana serán realizadas unhas Xornadas de loita contra o patriarcado, a orde social que historicamente veu favorecendo o exercicio de violencia contra as mulleres. A violencia de xénero vaise reproducindo no día a día das sociedades, independentemente do seu grao de desenvolvemento económico, e vaise perpetuando polos valores que se transmiten a través dos medios de comunicación, e desde as accións e mensaxes dos poderes políticos e as institucións. Para reflexionar sobre a manifestación institucional da violencia de xénero e o papel dos medios de comunicación, o luns 21 de novembro abordará María Xosé Porteiro o tema da violencia de xénero nos medios e o xoves 24 de novembro Lola Ferreiro e Victoria Diéguez falarán sobre a violencia institucional. Por outro lado, o martes 22 realizarase un Teatro forum guiado por Minke Lap e o mércores 23 a proxección das curtametraxes “Desenfocada†e “Nasijaâ€. Estes actos terán lugar na Librería Lila de Lilith de Compostela ás 8 da tarde. A mensaxe que quere neste 25 de novembro, xornada de loita contra a violência de género, transmitir a Marcha Mundial das Mulleres é lembrar que sendo o feminismo a revolución silenciosa do século XX, esta revolución tampouco se fai sen mártires. As mártires son as mulleres que perden as suas vidas por seren asasinadas polos seus compañeiros ou excompañeiros. Seguimos a engrosar a listaxe de mártires: Cando desde a dereita política, mediática ou relixiosa se fala de perda dos valores da familia e se quere voltar á familia tradicional en que as mulleres están subordinadas. Cando o poder xudicial actúa como en Sevilla e Murcia. Cando o poder político elabora a Lei de Familia do Parlamento Galego. Cando nas institucións académicas se respaldan teorías falsas como a do Síndrome de Alienación Parental (SAP). Cando nas institucións educativas se louva a segregación por sexos nas aulas e se fala -mentindo-de que o ensino separando nenas de nenos é mellor. Cando nas institucións relixiosas se fan cartas pastorais como a do bispo de Granada. Cando a crise economica nos reduce dereitos ás mulleres. Cando se di que se vai desfacer a Lei de Igualdade ou a Lei contra a Violencia de Xénero ou a do aborto. ou cando se di que se deben facer reformas no Código Civil que igualen en dereitos a persoas sen distinción da súa opción sexual Cando sei fai todo isto estamos perpetuando e favorecendo a violencia de xénero e cada día, diante dun asasinato dunha muller non nos vale que as autoridades condenen os feitos, deben responsabilizarse das súas actuacións. Estamos ante un feminicidio que se dá diante das nosas caras. O feminismo non vai permitir que voltemos aos tempos en que se dicía que “os trapos suxos hainos que lavar na casa†EN NOME DE TODAS AS MULLERES ASASINADAS CANDO QUERÃAN RECONQUISTAR A SÚA VIDA E SER LIBRES: NON IMOS CONSENTIR UN PASO ATRÃS NOS NOSOS DEREITOS. |
| Última actualizaciónfeita en Mércores, 23 Novembro 2011 15:37 |