Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| 25 de novembro de 2011 en Ourense |
|
|
|
| Escrito por Administradora |
| Luns, 21 Novembro 2011 18:53 |
|
Baixo o lema '25N: Para cambiar o mundo, acabar coa violencia machista', este ano a Marcha Mundial das Mulleres convoca as seguintes actividades públicas: Venres 25N – 20.30h A partir das 20.30h e con comezo no Parque San Lázaro (diante do edificio sindical) realizamos unha serie de representacións teatralizadas para visibilizar as diferentes violencias que sufrimos as mulleres e denunciar así a súa invisibilidade. O percorrido será: Parque San Lázaro – Praza do Ferro – Praza dos Suavez – Santa Eufemia En cada unha destas Prazas faremos unha representación das violencias que se exercen contra as mulleres, dende a violencia física, a psicolóxica, os estereotipos sexistas ou a violanción ata a maternidade imposta ou a educación e valores relixiosos que negan os dereitos das mulleres. Sábado 26N – 19.30h A tarde do sábado teremos unha proxección no Museo Municipal da cidade (rúa Lepanto) do documental 'As Silenciadas' no que se recupera historias de vida de mulleres galegas que andaron na clandestinidade ou apoiaron dende a chaira ao movemento guerrilleiro e os custes desa defensa e apoio: cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio... Teremos ademáis da proxección un coloquio co director e unha das protagonistas do documental así como unha sesión de música en directo cos autores da banda sonora desta película. Con este documental queremos recoñecer a loita desas mulleres galegas polos dereitos que hoxe nos xogamos diante dunha nova ofensiva do fascismo no estado e no noso país e continuar a denunciar as situacións das mulleres durante as guerras ou conflictos como xa fixemos o pasado ano coa nosa III Acción internacional encadrada na loita das mulleres dos Grandes Lagos pola súa vida e dignidade. |
| Última actualizaciónfeita en Mércores, 23 Novembro 2011 15:37 |