MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

DECLARACIÓN 8 MARZO PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Sábado, 04 Marzo 2017 18:04
DECLARACIÓN 8 MARZO

QUERIDAS COMPAÑEIRAS, AMIGAS, ACTIVISTAS E LOITADORAS

Nós, mulleres da Marcha Mundial das Mulleres, unimos as nosas voces para render homenaxe ás loitas históricas e cheas de vigor das mulleres e dos movementos feministas de todo o mundo.

Denunciamos o contexto politico mundial, marcado pola crecente toma de control de gobernos por parte de partidos de dereitas, que expresan odio, racismo, misoxinia, intolerancia e demas formas de discriminación. Tamén afrontamos a agudización e radicalización da violencia militarista que se emprega para controlar os nosos territorios: corpo, mente, terra, auga, bosques, coñecemento e mesmo o noso pasado histórico, o noso presente e futuro, para manter o patriarcado, o capitalismo neoliberal e o neocolonialismo como paradigmas prevalentes. Ao mesmo tempo, o discurso do desenvolvemento perde sentido cando as elites políticas acumulan riqueza, empañadas de corrupción e impunidade e cando as fráxiles institucións nunca renden contas aos pobos.

As inxustizas climáticas tamén aumentan en todas as rexións, destruíndo formas de subsistencia e provocando mortes sobre todo nas comunidades pobres. Os Estados-nación non logran avanzar nos seus compromisos coa xustiza climática e seguen propoñendo falsas solucións. Instamos o mundo a avergoñar ao presidente dos Estados Unidos polo retroceso que supón o seu rexeitamento do programa de acción para o clima. Igualmente, o seu discurso de “Estados Unidos primeiro” concede máis poder ás empresas estadounidenses para que sigan contaminando, desposuíndo a comunidades locais e explotando man de obra por todo o mundo, igual que se fixo hai séculos coa escravitude. Como ben sabemos, as mulleres do sur, as migrantes, as mulleres de cor, indigenas e as que representan unha minoría sexual pagan cos seus propios corpos e co seu traballo o prezo do crecemento económico, sen ningunha recompensa.

Neste contexto, as mulleres do norte e do sur afrontan hoxe en día á maior agresión contra os seus dereitos, que repercute na crecente violencia en forma de feminicidio, migración forzada (que desemboca na explotación das mulleres), traumas e morte.

Estas razóns son suficientes para solidarizarnos coas nosas compañeiras e con todas as mulleres que loitan.

- En toda África, as mulleres resisten a numerosas formas de violencia neocolonial perpetradas por compañías transnacionales do sector extractivo e da agroindustria, que invaden as comunidades e destrúen os seus medios de sustento, empobrecéndoas. Ante estas realidades, as mulleres e nenas sofren violacións, matrimonios forzados e embarazos precoces, o cal limita o seu acceso á educación e impídelles levar unha vida digna.

- No Mundo Árabe e no Oriente Medio, as mulleres resisten aos grupos fundamentalistas que sementan o terror nas comunidades e expoñen ás mulleres a numerosas formas de violencia e brutalidade, incluída a escravitude. As mulleres están respondendo con mecanismos de autodeterminación e autodefensa.

- Nas Américas, a esquerda está sendo substituída por gobernos de extrema dereita que están destruíndo importantes logros de varias décadas e volven traer axendas neoliberais que serven aos intereses capitalistas. As mulleres resisten defendendo os dereitos fundamentais e os dereitos da natureza e os bens comúns, e en consecuencia enfróntanse a que se criminalice a súa loita, mutilaciones e asasinatos.

- Asia sofre historicamente os efectos do colonialismo e do neoliberalismo. Na actualidade, mentres a pobreza aumenta a consecuencia de que as multinacionais intensificasen o control territorial, coa protección das políticas neoliberais globais, as mulleres están moito máis expostas á explotación laboral, a violencia sexual e a trata.

- En Europa, en distintas rexións, as mulleres estanse opoñendo ao retroceso no seu dereito ao aborto, imposto por forzas cada vez máis fundamentalistas, sobre todo radicais que se están facendo co control dos procesos de toma de decisións nos Estados. Se están utilizando as medidas de austeridade e a seguridade para xustificar o renacemento do neofascismo que provoca intolerancia cara ás migrantes e outras minorías.

Para celebrar o Día Internacional das Mulleres, apoiamos a proposta dun Paro Internacional de Mulleres porque cremos na necesidade de construír e reforzar o noso movemento internacional feminista como motor de solidariedade internacional de mulleres. Valoramos a autogestión de mulleres nos seus contextos de loita locais, nacionais e rexionais.

Unímonos como mulleres globais, coa mesma voz que alzamos no noso X Encontro Internacional “mulleres en resistencia, construíndo alternativas para un mundo mellor” porque, como dixemos, o noso movemento é a nosa alternativa. Cremos que ao unir esforzos con outros movementos de mulleres activos neste chamado, reforzaremos a loita ao redor de preocupacións comúns e recuperaremos as esperanzas!

Con todo, seguimos destacando as Accións Globais que planificamos durante o noso X Encontro Internacional, como:

- O 24 de abril, - Rana Praza está en todas partes!, Día Internacional no calendario da MMM, onde actuamos sobre a economía das mulleres (tendencias económicas mundiais): o mundo laboral, a autonomía económica das mulleres, etc.;

- O 3 de xuño - Acción Global: 24 horas de Acción Global sobre Paz e Migración.

Namentres, apoiamos os chamados ás accións organizadas no contexto rexional para abordar preocupacións rexionais.

SEGUIREMOS EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

Última actualizaciónfeita en Sábado, 04 Marzo 2017 18:11
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 13 convidados en liña