Capire Galiza Imprimir

Descargar mp3 | Ver letra Galega

MARCHANDO MAIS ALÁ

Capire, mosamam, mam, Capire, el ham mosamam el ham

...

Mulleres libres polo mundo mulleres libres partimos
Morganas nadas no mar das illas dos mares libres vimos nós
Alicias Galicias ibres con luces nos ollos libres imos
Cos corazóns collidos nas mans collidas das mans nós camiñamos
Pasos libres acompasados co paso das parias trazamos
Pasamos nós polas cidades libres cidadás libres con vós

Capire, mosamam, mam, Capire, el ham mosamam el ham
Capire, mosamam, mam, Capire, el ham mosamam el ham

...

Mulleres libres polo mundo mulleres libres marchamos
Morganas nadas no mar das illas dos mares libres vimos nós
Vivas ventres vivos contra a violência libres bailamos
Libres corpos libres polas carballeiras cantamos libres con vós
Labios libres con liberdade na auga nas fontes bebemos
Cruzamos nós territórios libres criaturas libre sen dor

Capire, mosamam, mam, Capire, el ham mosamam el ham
Capire, mosamam, mam, Capire, el ham mosamam el ham

...

Mulleres libres polo mundo mulleres libres andamos
Morganas nadas no mar das illas dos mares libres vimos nós
Sabias sentidas. contra os poderes libres pensamos
Libres mentes libres razóns e alegria con elas nós actuamos
Pan e rosas para compartir partimos os soños cumprimos
Amamos nós polos espacios libres humanas libres fragor

Capire, mosamam, mam, Capire, el ham mosamam el ham
Capire, mosamam, mam, Capire, el ham mosamam el ham

...

Mulleres libres polo mundo mulleres libres chegamos
Morganas nadas no mar das illas dos mares libres vimos nós
Xuntas valentes contra a escravitude libres loitamos
Libres seres libres con independencia libres vivimos libres con vós
Luz e lume propagadoras de paz o progreso traemos
Avanzamos nós polos lugares libres persoas libres clamor

Capire, mosamam, mam, Capire, el ham mosamam el ham
Capire, mosamam, mam, Capire, el ham mosamam el ham

...

Letra: Carmen Blanco e Pilocha
Música: Milladoiro
Voz: Pilocha