ALGUMHAS LETRAS DAS CANÇONS QUE CANTAMOS NA MANIFESTAÇOM DO 23 DE MAIO DE 2005

Diferentes somos, diferentes seremos
desigualdades non aturaremos
[Música de "Mayonesa"]
Europeas,
non por iso máis listas, nen máis feas
Africanas,
igual de explotadas que as hispanas
Musulmanas,
non máis integristas que as cristianas
Latexa, latexa, latexa o corazón.

RAP
Oes ti, que fas aí sentada
non ves que esta terra
sen mulleres non é nada
ven con nós,
apúntate á movida
traballo, dignidade,
independéncia toda a vida

[Música de "Vivir Así"]

E agora quero máis
E agora somos máis
Estamos comenzando
Unha nova historia
E agora somos máis
E agora somos máis
Imos recuperando
A nosa memoria
Vivir así mola mogollón
Son parte do cambio de rumbo
E "durillo"
E non por iso me derrumbo
¡Son feminista¡

MENOS DISCURSOS E MAIS RECURSOS

CONTRA O IMPERIALISMO ADIANTE O FEMINISMO

MULLERES SOMOS,MULLERES SEREMOS, A NOSA MARCHA NUNCA PARAREMOS

O BANCO MUNDIAL E O FONDO MONETARIO INPOÑEN AS MULLERES O TRABALLO EN PRECARIO.

IMOS QUEIMAR,IMOS QUEIMAR A CONFERENCIA EPISCOPAL,IMOS QUEIMAR A CONFERENCIA POR MACHISTA E PATRIARCAL.

Solteira eu son solteira
Por moito tempo
A vida enteira

Lesbiana,eu son lesbiana
Por que me gusta
E me da a gana

[Música de "Olvidame"]

Machistas e agresores
Son como o demo
Se non lles plantas cara
Vives no inferno
Vives no inferno, nena
Vives no inferno
Machistas e agresores
Son como o demo
Esquece-me,esquece-me
Non penso máis ,aturar-te
Aturar-te,aturar-te
esquece-me,esquece-me
esquece-me

Anque choren uns días
ou se arrepintan
se algunha vez te pegan
non llo consintas
non llo consintas ,nena
anque choren uns dias
ou se arrepintan

[Mísica de "Carbnaval"]

Patriarcal,patriarcal
Patriarcal e carca
A conferencia episcopal
sempre che foi patriarcal
Patriarcal e carca

ZÚMBALLE A CANECA
E o feminismo arriba
a arriba o feminismo
e o feminismo arriba,
arriba, arriba, arriba
o feminismo
O FERREIRO VAI FORA
Unha europa de todas (bis)
na marcha mundial
mira Pepa
na marcha mundial

Imos mudar o mundo (bis)
patriarcado non máis
mira Pepa
patriarcado non máis

Estamos no tempo
no tempo de todo mudar
estamos no tempo de feminizar

KAPIRE
Mulheres libres polo mundo
mulheres livres marchamos
morganas nadas no mar das ilhas
dos mares livres vimos nós

Amigas, vamos marchar
chega de fame, pobreza e violencia
Amigas, vamos marchar
cantando para o mundo a nosa irreverencia
e terra, para gozar
maternidade e aborto seguros
e vida, para navegar
e saber eleger quem respeite a quem aquí está

Kapire mosamam mam kapire
el ham mosamam el ham (bis)

Mulheres querem um mundo mais justo
para as crianças crescer sem susto
mulheres queres um mundo de paz
sem elite e sem capataz

Amigas vamos marchar…
Kapire…
Mulheres libres polo mundo …

VOLTAR AO ÍNDICE DE DOCUMENTOS DO FÓRUM FEMINISTA