![]() | |||||
| |||||
Nova Web da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza e VII
Encontro Internacional
Pese as prohibicións as mulleres estivemos na rúa este 8 de de Marzo de 2008 Pese as prohibicións gubernamentais, as mulleres, na Galiza, estivemos na rúa este 8 de Marzo. Non podíamos quedar na casa e caladas, non nos podían silenciar, sobre todo no día internacional da nosa loita, no dia internacional das mulleres. Querían condernarnos ao obstracismo, o PP con ameazas e o goberno con prohibicións concretas a través das súa Delegación de Goberno. Pese as prohibición con inxenio e constancia somos visibles este 8 de Marzo. As mulleres mobilizamonos en todo o mundo, na maioria dos casos en "liberdade", mais noutros casos coa ameaza de cárcere e porradas nas nosas costas, noutros casos no medio dunha guerra, exclavizadas, violadas, vendidas, empobrecidas, silenciadas invisibles, ... Pola mañá xa tiveron lugar varias mobilización con importante suceso, pola tarde continuaron as mobilizacións noutras cidades da Galiza e as Feiras e Festas Feministas. Para
máis información: Última hora e posición da Marcha Mundial das Mulleres, ante a prohibición das mobilizacións do 8 de marzo de 2008 A Marcha Mundial das Mulleres diante da prohibición das manifestacións do 8 de marzo, por parte da Delegación do Goberno Español en Galiza e variación dalgunhas convocatorias Este 8 de Marzo seremos visibles en toda Galiza, desafiando as imposicións e recortes de dereitos con imaxinación e firmeza, ni un paso atrás na defensa dos nosos dereitos. Este 8 de Março estaremos na rúa. Ante a prohibición da Delegación do Goberno en Galiza das manifestaciósn convocadas para o día 8 de marzo Día Internacional das Mulleres facemos de todas o posicionamento das compañeiras de Vigo: 1º) A falla de sensibilidade do goberno ao convocar as eleccións o día 9 de marzo, deixando o día 8 Dia Internacional das Mulleres invisivibilizado pola convocatoria electoral. Unha vez máis os intereses que prevalecen non son os das mulleres. 2º) Queremos denunciar a actitude cobarde da subdelegación do goberno que a pesar de ter coñecemento da convocatoria da manifestación desde o día 13 de febreiro non se atreveu a prohibila ata onte, día 5 de marzo -amparándose nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid- 3ª) A Marcha Mundial das Mulleres non considera que a manifestación do 8 de marzo, unha manifestación histórica, que se realiza en todo o mundo na mesma data, e que as organización de Galiza vimos convocando desde hai máis de 30 anos, sexa un acto de campaña electoral (acto que estaría prohibido polo artigo 53 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral), senón un xeito máis de autoafirmarnos e reivindicar a igualdade de dereitos e de trato para as mulleres. 4º) O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, no se que se basea a Subdelegación do Goberno para prohibir a manifestación, admite que a manifestación convocada non ten finalidade electoral algunha . 5ª) A prohibición basease en que a finalidade da xornada de reflexión é a de contribuir a unha formación de vontade libre de quen vai exercer o seu dereito de sufraxio activo ao día seguinte, sen mensaxes nin xestos que directa ou indirectamente poidan rachar esa neutralidade, e non todos os partidos políticos comparte os mesmos postulados respecto ás reivindicacións da muller. Se aceptamos que a manifestación do 8 de marzo pode supor unha ameaza para esa neutralidade: Non é unha ameaza para esa neutralidade a realización de actos nese fin de semana convocados por unha organización que se ten manifestado diante das eleccións orientando o voto dos seus afiliados? Non, non estamos falando o movimento feminista senón da igrexa católica, que a través da conferencia episcopal emitiu un comunicado orientando o voto das persoas católicas e que durante os vindeiros días, sábado (día de reflexión) e domingo (día das votacións) ten previsto a realización de varios actos en cada parroquia. Están eles libres da tenue barreira que separa o político do social? Non é unha ameaza para esa neutralidade o acto convocado pola Deputación de Pontevedra para o sábado pola mañan? ¿Ou a carreira convocada na Comunidade de Madrid por Esperanza Aguirre?- Enlace.- Para máis información: Entrar no Blog das Coordenadoras Locais da Galiza, da Marcha Mundial das Mulleres 8 DE MARZO, DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES Nin un paso atrás! As mulleres non podemos perder dereitos Levamos un longo camiño andado desde que en 1910 se acordaba na Conferencia Internacional Socialista de Mulleres, celebrada en Copenhague, sinalar o 8 de Marzo como un día de mobilización e loita polos dereitos das mulleres. A nosa sociedade ten avanzado cara onde soñaban as mulleres que viviron a Segunda República, e como nin chegaron a imaxinar as que tiveron que sobrevivir á dictadura franquista. Con todo, sabemos que nos queda moito por camiñar. Tamén sabemos que o que temos conquistado até agora pode sernos arrebatado por intereses políticos, económicos ou relixiosos. Isto é o que sucedeu nas últimas décadas en paises como Afganistam, Iraq, Nicaragua, Exipto, EEUU ou Polonia. Isto é o que pretenden as forzas reaccionarias representadas pola Conferencia Episcopal e a cúpula do Partido Popular. Asistimos, nestes últimos meses, a un discurso ameazador que relaciona un suposto caos social coa liberdade das mulleres, co noso estatus de cidadás en igualdade e cos dereitos conseguidos até agora. E dos discursos preténdese pasar aos feitos. Así xa se fixo, abrindo procesos xudiciais a mulleres que se acolleron á Lei do Aborto, demostrándonos que esta lei é insuficiente para protexer e garantir o noso dereito a decicir, e nos deixa desprotexidas ante a reacción machista. Políticos conservadores, para a nosa intranquilidade, aseguran que se gañan as eleccións van facer cumprir a Lei do Aborto. E dicer, haberá máis mulleres enxuiciadas, máis clínicas fechadas e máis obxección de conciencia na sanidade pública. Os discursos non paran aí. Fálase do divorcio como un mal da nosa sociedade e descúlpase a violencia machista por falta de paciencia e capacidade de sacrificio das mulleres. Para o noso asombro, estes políticos, coreados pola Conferencia Episcopal, falan de negar os dereitos humanos, o dereito á igualdade, a lesbianas e gais, intentando impoñer un modelo único de familia. Ademais, o racismo tinxe este discurso que pretende que recuperemos o medo á liberdade de épocas escuras, de exclusión e sufrimento para as mulleres. A situación é grave porque falamos da institución relixiosa con máis poder no noso país e dunha forza política maioritaria. A Marcha Mundial das Mulleres recolle moitos anos de experiencia de loita feminista de todas partes do planeta. É por iso que sabemos que cando soan tambores anunciando pasos atrás, retrocesos na conquista dos nosos dereitos, o mellor xeito de facerlles fronte é a denuncia, a organización e a mobilización. Este 8 de Marzo estaremos presentando autoinculpacións de ter abortado nos xulgados das sete cidades galegas. Facémolo para mostrar a nosa solidariedade coas mulleres enxuizadas, para denunciar unha lei que non garante o noso dereito a decidir. Estaremos organizando, ao longo da xeografía galega, actos de denuncia e toma de conciencia, do que nos xogamos se nos arrebatan o que levamos conseguido. Estaremos visibeis, ocupando os espazos públicos. Estaremos unidas ao resto das mulleres do planeta que senten a necesidade de cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, e que hai que cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo. Se queres sumarte á nosa resposta contra a reacción machista consulta www.feminismo.info NIN UN PASO ATRÁS! AS MULLERES NON PODEMOS PERDER DEREITOS ACTOS PROGRAMADOS PARA O DÍA 8 DE MARZO Entrega de autoinculpacións nos xulgados das sete cidades ás 13 h. -Pontevedra: Concentración ás 20 h. na Praza 8 de Marzo. -Vigo: Manifestación ás 12 h. con saída da Praza 8 de Marzo. -Ourense: Concentración ás 13 h. diante do Xulgado. -A Coruña: Concentración ás 12 h. na Praza de Catro Camiños. -Ferrol: Concentración ás 12 h. diante do Xulgado (R/ Coruña). -Compostela: Entrega de autoinculpacións no Xulgado ás 13 h. 25N2007,
Día Internacional da Loita Contra a Violencia de Xenero, na Galiza Un ano máis a Marcha Mundial das Mulleres, convocou en toda Galiza actos e mobilizacións para manifestar a nosa repulsa contra a violencia machista. As nosas mobilizacións están en consonancia coas celebradas en cidades e vilas de todo o Planeta. A rede internacional da Marcha emiteu unha Declaración desde a súa Secretaria Internacional convidando a mobilizar-nos nesta Xornada internacional de loita contra a violencia cara ás mulleres. Cinco Coordenadoras Locais xunto coa Coordenadora Nacional Galega,convocaron entre outros actos cinco concentracións [A Coruña, Compostela, Costa da Morte, Ferrol Terra e Pontevedra] e unha manifestación en Vigo. Editaron-se miles follas informativas que se repartiron por todos os recunchos da Nosa Terra, cun Manifesto redactado en consenso desde a Coordenadora Nacional Galega, no que, ademais de analizar a situación actual e as necesidades desta loita, nomeamos, un por un, todos aqueles sectores que comparten a responsabilidade para rematar coa secuela da violencia machista: organizacións políticas, medios de comunicación, sindicatos, comunidade educativa, movementos asociativos, persoas crentes, homes e mulleres A través do campaña PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA, CADA QUEN DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE, convidamos a todos os colectivos e sectores sociais a loitar para rematar con este tipo de violencia. Cremos que todas as persoas que queren unha sociedade máis xusta e democrática deben asumir a súa responsabilidade nesta tarefa. Por isto, sumámonos, unha vez máis, as iniciativas europeas da Marcha Mundial das Mulleres e sacamos á rúa uns brazaletes como símbolo de duelo por cada unha das vítimas, coa finalidade de conseguir que o maior número de persoas fagamos un xesto para visibilizar o noso rexeitamento á violencia machista. Para os brazaletes, que se repartiron en todas as mobilizacións, empregamos as cores de loito: negro, branco e violeta e dúas frases que reflicten con rotundidade a nosa posición ante este tipo de violencia:
O brazalete, vai acompañado dunhas pequenas instrucción de interese, pois podemos utiliza-lo:
Na maioría das mobilizacións apresentaou-se a Campaña "PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA, CADA QUEN DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE": Cunha representación artística a través da lectura do manifesto nacional galego, combinando música e plástica, para realizar un simbolismo sobre o que a Marcha Mundial das Mulleres quere expresar neste 25 de novembro: a necesidade da unidade de todos os sectores que aspiran a transformar esta sociedade para converti-la nunha sociedade inspirada nos valores de igualdade. Perante os quince dias anteriores mulleres da Marcha Galega, participaron en diferentes xornadas, encontros, roldas de prensa, entrevistas radiofónicas e outras actividades por diferentes vilas e cidades da Galiza, mesmo a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, recibeu o Premio "Eu Tamén navegar", que concede a Xunta de Galiza [Goberno da Comunidade Autónoma], que é un recoñecemento polo noso traballo desenvolvido a prol dos dereitos das mulleres. Enlaces das Actividades da Marcha deste 25N2007
Enlaces cos manifestos e Declaracións:
PODEMOS
ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA. 25N2007 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Son moitos os cambios nos últimos anos: novas leis, programas específicos nas administracións, visibilización nos meios de comunicación, distinta valoración na opinión pública, novos valores nas relacións persoais... aínda así, o número de mulleres asasinadas, as denuncias de mulleres agredidas e as condenas por agresións, seguen aumentando. E o que é aínda máis preocupante, a violencia machista perpetúase na xente máis nova. Somos conscientes de que muitas
estruturas económicas (Banco Mundial, Fondo
Monetario Internacional, multinacionais...) , estruturas
políticas (G-8, gobernos, exércitos...),
e estruturas relixiosas (Vaticano,
conferencia episcopal española, aiatolas, imáns, consellos relixiosos...)
están mantendo e perpetuando unha organización
patriarcal da sociedade onde se encontra enraizada a violencia machista.
Unha realidade implantada en todo o planeta, e que mostra
a súa face máis descarnada en situacións de guerra, tráfico
de persoas e explotación sexual. *As organizacións políticas e as persoas que teñen responsabilidades e presenza nas administracións e nos poderes públicos, que deben tomar consciencia de que este non é un problema só daqueles departamentos, secretarías, concellalias... específicas, senón que é algo que atinxe de xeito global a todos os estamentos e implica reformulacións organizativas e de "boas práticas", destinando máis recursos para a aplicación das leis, creación e mantemento de servizos de atención e recuperación das vítimas, aplicando consecuentemente políticas de prevención e compromenténdose, máis aló do papel, nas políticas de igualdade. Enfrontándose aos grupos políticos que dean o seu apoio a alternativas ou práticas sociais, económicas, relixiosas e culturais que niguén a igualdade de dereitos para todas as persoas e favorezan relacións de marxinación e opresión. *As persoas que traballan nos medios de comunicación, tanto públicos como privados, que teñen a responsabilidade de elaborar e divulgar unha información obxectiva e libre de estereotipos sexistas, tanto en relación coas vítimas de violencia como a visibilización das mulleres en todos os ámbitos sociais. Asumindo a responsabilidade que lles corresponde na creación dunha opinión pública inspirada nos valores da igualdade. *Os sindicatos, que teñen a responsabilidade de loitar contra a segregación e a discriminación no mundo laboral e de asumir a defensa da seguridade e a saúde de todas as traballadoras e traballadores. Deben aplicar unha perspectiva de xénero na sua acción sindical, utilizando todas as ferramentas na loita contra a discriminación, e o acoso, e na mellora das condicións laborais, especialmente dos sectores máis precarizados e vulnerábeis, tanto no ámbito rural como no urbano. Correspóndelles, como un dos máis importantes axentes sociais, un papel fundamental na sensibilización social a prol da igualdade, a corresponsabilidade e de rexeitamento do machismo e a misoxinia. *A comunidade educativa, que ten a responsabilidade de detectar e atallar, no seu ámbito, actitudes machistas e situacións de violencia, formando en valores de igualdade, solidariedade, xustiza, liberdade e paz. Xerando dinámicas própias de renovación pedagóxica que garanticen unha educación en igualdade. *O movimento veciñal, cultural, ecoloxista... que conforman un tecido social moi activo no noso país e de compromiso transformador, que teñen a responsabilidade de transmitir e aplicar os modelos de igualdade na hora de elaborar as súas alternativas, a súa práctica e o seu modelo organizativo, monstrando a súa solidariedade e irmandade co feminismo. * As persoas crentes, que tenhem a responsabilidade de rexeitar o machismo e a misoxinia que emana, tanto das estruturas relixiosas, da doutrina, ou dos textos sagrados, buscando un novo modelo de espiritualidade que non perpetue a exclusión e opresión das mulleres. * Os homens, que teñen a responsabilidade de amosar o seu rexeitamento, no día a día, ás actitudes machistas, desenvolvendo novos modelos de masculinidade, implicándose na sensibilización e concienciación social pola necesidade dun novo modelo de relacións afectivas e sexuais baseadas no respecto, a igualdade e a liberdade. Asumindo a corresponsabilidade no coidado (crianzas, persoas enfermas e de idade, traballo doméstico...), tan imprescindíbel para as persoas. As mulleres, que temos a responsabilidade de non perpetuar un sistema que nos marxina, de rexeitar unhas relacións baseadas na sumisión e na desigualdade, que debemos implicarnos no proceso de empoderamento individual e colectivo, criando alianzas e cumplicidades que nos axuden a avanzar. DOMINGO,
25 DE NOVEMBRO, ACUDE ÁS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS Xornadas en Pontevedra, o 20 de Outubro de 2007: A prostitución a debate Pontevedra,
20 de Outubro: A prostitución a debate A PROSTITUCIÓN A DEBATE A Marcha Mundial das Mulleres organiza o próximo día 20 de outubro,unha xornada aberta de debate sobre a prostitución. No arquivo encontraredes o programa e o cartaz. Agardamos a vosa asistencia. A inscripción realizara-se mediante pago de 20€ no nº da conta da Marcha Mundial das Mulleres: CAIXA GALICIA: 2091-0377-71-3040005610 No recibo deberá constar o nome e a localidade. Eses 20€ comprenden os cafés de media mañá e tarde, e o xantar do medio-día. Póde-se contactar por teléfono coas coordenadoras de Vigo(657825556 ), Ferrol (652201003), Ponte Vedra (669794462) e A Coruña (649372511). -- Cartaz
em formato -jpg- II Bandeira de Traiñeiriñas Marcha Mundial das Mulleres. Domingo 6 de maio ás 12:30 hrs en Meira- Moaña.
5
de Maio de 2007 Organizadas pola Marcha Mundial das Mulleres. 8
de Marzo de 2007 CONVOCATORIAS: - Cee, ás 20:00 hrs, na Praza 8 de Marzo. -
Compostela, ás 20:00 hrs, na Praza 8 de Marzo Isabel
Vilalba, enviada pola Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres
ao Fórum de Soberania Alimentaria
A Marcha Mundial das Mulleres organiza xunto con Vía Campesina, o Foro Mundial de Traballadores da Pesca, ROPPA Réseau des Organisations Paysannes et de Producteurs de lAfrique de lOuest, Foro Mundial de Povos Pescadores (WFFP), IPC - Comité de Planificación Internacional para la soberanía alimentaria, Rede para a Soberanía Alimentaria, e Amigos de la Tierra, un Foro Mundial sobre Soberania Alimentaria. O país elexido para celebrar este encontro é Mali, por ser un país eminentemente agrícola, nun continente, o Africano, que tamén destaca pola produción de alimentos. A Coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza conta cunha representante nesta reunión internacional, Isabel Vilalba, que ademais representa á Coordenadora europeia da Marcha. [+
info] AS
MULLERES TEMOS DEREITO A DECIDIR SOBRE O NOSO CORPO E AS NOSAS VIDAS O vindeiro
mes de febreiro Portugal sométese a un referendo co fin de despenalizar
o aborto. As redes feministas do país veciño pídennos colaboraçom
para facer mais resaltável este feito, vital no libre dispor das mulleres
nos seus corpos. CONVOCAR
UNHA CONCENTRACIÓN Animámosvos
a participar desta iniciativa así como a reenviar este correo aos vosos
contactos.
SOLIDARIEDADE COAS MULLERES PORTUGUESAS 11 DE FEBREIRO, REFERENDUM POLO ABORTO En PORTUGAL O 18 de Xaneiro cumpren-se 5 anos da lectura da sentenza de Maia pola que se condenaba a 17 mulleres por delito de aborto en Portugal. A este xulgamento soman-se os de Aveiro, Lisboa, Setubal e unha apretadisima vitoria do NON no referendum polo aborto realizado en 1998, no que a abstención subiu ata un 70%. Na Marcha Mundial das Mulleres na Galiza consideramos o aborto como un direito fundamental das mulleres que permite a soberania sobre o propio corpo, garantindo a escolha dumha maternidade desexada e responsábel. [Ver comunicado completo] 25-N, CONVOCADAS MOBILIZACIÓNS EN TODA GALIZA BAIXO O LEMA "RESPÉCTAME" Son varias as concentracións, manifestacións e actividades que vai desenvolver a Marcha Mundial das Mulleres ao redor deste 25 de Novembro día internacional de loita para acabar coa violencia contra as mulleres. Neste ano faise un chamado de atención sobre a importancia do valor do RESPECTO como unha ferramenta fundamental para acabar coa violencia de xénero. [Ver comunicado] [Ver convocatorias] [Ver cartaz] ![]() Encontro da Coordenadora Europea VI Encontro Internacional en Perú (próximamente
editaremos información deste encontro) DÚAS DELEGADAS DA COORDENADORA NACIONAL PARTICIPAN NO VI ENCONTRO INTERNACIONAL
Pódese seguir o Encontro Internacional
día a día consultando a páxina internacional da Marcha, onde
encontraremos un pequeno resumo diário e fotos das delegadas. CONVOCATORIAS NO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES ANTIMILITARISTAS 24 de maio 2006 Vigo: Distribución do comunicado da organización CODEPINK "As mulleres dizemos nonàs guerras", acto na Casa das Mulleres de Vigo ás 20:15hs Coruña: Rolda de prensa e distribución do comunicado de CODEPINK. Ferrol: Elaboración dunha alfombra floral no Canton desde as 17hs até as 20:30, distribución do comunicado de CODEPINK Compostela: Construcción dun muro de expressión e tendal antimilitarista ás 20:30hs na Praça do Toural. Distribución do comunicado de CODEPINK Pontevedra: Colocación dunha faixa na Praza do 8 de Marzo. O día 25 concentración na mesma praza ás 20:30hs e distribución do comunicado de CODEPINK. [+ info] 24 de MAIO DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES ANTIMILITARISTAS As mulheres decimos non ás guerras Desde o pasado 8 de marzo, mulleres de EEUU pertencentes á organización Codepink, e mulleres de Iraque, lanzaron un chamado internacional para unir-se contra a guerra. A Marcha Mundial das Mulleres apoia esta iniciativa e subliña a urxéncia destas accións dado que no planeta non só non desaparecen os modelos militares na resolución dos conflictos, senon que soan novos tambores de guerra tal e como se está a desenvolver a crise de Irán. [Texto completo] UN TEMPO PARA A REFLEXIÓN E PLANIFICACIÓN Acabamos de terminar un período de intensas accións a escala nacional e mundial. A Substitución Mundial da Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade foi un éxito e permitiu a miles de grupos de mulleres do planeta enteiro falar de igualdade, liberdade, solidariedade, xustiza e paz. Moitos grupos aproveitaron este impulso para poñer á orde do día as súas reivindicacións para cambiar a vida das mulleres e cambiar o mundo. Puideron ver, nestas páxinas, como enfrontamos o desafío de aumentar a adhesión á Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade e a crear conciencia na opinión pública sobre as problemáticas da mundialización neoliberal, a militarización do noso mundo, a exclusión e a intolerancia. A nosa acción atraeu novas mulleres das bases a sumarse ao movemento das mulleres, multiplicando así o impacto das nosas accións. A Marcha Mundial das Mulleres contra a pobreza e a violencia contra as mulleres, ao poñer a énfase sobre este compromiso de base, e ao reafirmar que son as mulleres, en movemento, as que cambian o mundo, marca o camiño dunha militancia que se alimenta de análises locais e globais e actúa de xeito mundial. Queremos máis accións, máis cambios concretos na vida das mulleres e menos discursos baleiros ou posmodernos, inclusive dentro das filas do feminismo. [Texto completo] 1ª BANDEIRA FEMININA DE TRAIÑAS [Pequena crónica e album fotográfico] Foron nove os clubes que se disputaron a 1ª BANDEIRA FEMININA DE TRAIÑAS, MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES. Esta alta participación demostra o interese destas xovens remeiras por conseguir o recoñecimento e respeito que se merecen dentro deste deporte que as discrimina. [Texto completo] - [Álbum de Fotos] | |||||
![]() |