SOLIDARIEDADE COAS MULLERES PORTUGUESAS 11
DE FEBREIRO, REFERENDUM POLO ABORTO En PORTUGAL
O
18 de Xaneiro cumpren-se 5 anos da lectura da sentenza de Maia pola que se condenaba
a 17 mulleres por delito de aborto en Portugal. A este xulgamento soman-se os
de Aveiro, Lisboa, Setubal e unha apretadisima vitoria do NON no referendum polo
aborto realizado en 1998, no que a abstención subiu ata un 70%.
Na
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza consideramos o aborto como un direito fundamental
das mulleres que permite a soberania sobre o propio corpo, garantindo a escolha
dumha maternidade desexada e responsábel.
Son 6 ainda os países
europeios que negan este direito: Chipre, Irlanda, Polonia, Malta, Portugal e
o principado de Andorra. Non se pode negar a influencia da hierarquia católica
quando estes estados legislan contra os direitos das mulleres.
O referendum
portugues do próximo dia 11 de Febreiro converte-se pois nun referente
para todas as mulleres da Europa que poden ver como se avanza ou se retrocede
nos seus direitos nunha comunicade xeográfica, cultural e económica
que di defender a igualdade e os direitos das mulleres.
Monstramos a nosa
solidariedade con todas as organizacións portuguesas que fan apoio ao SIN
neste referendum, e con toda a cidadanía portuguesa que traballa por unha
sociedade onde os valores da Igualdade, a Xustiza, a Liberdade, a Solidariedade
e a Paz, inspiren a construción da sociedade portuguesa, europeia e mundial.
Galiza,
15 de Xaneiro de 2006 Coordenadora Nacional da
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza Avda de Lugo, 143 baixo. Compostela.
[+ info] |