AS MULLERES TEMOS DEREITO A DECIDIR SOBRE O NOSO CORPO E AS NOSAS VIDAS
SOLIDARIEDADE COAS MULLERES PORTUGUESAS
SÍ, NO REFERENDUM POLO DEREITO AO ABORTO EN PORTUGAL

O vindeiro mes de febreiro Portugal sométese a un referendo co fin de despenalizar o aborto. As redes feministas do país veciño pídennos colaboraçom para facer mais resaltável este feito, vital no libre dispor das mulleres nos seus corpos.

Como medida de apoio desde a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza decidimos

CONVOCAR UNHA CONCENTRACIÓN
DIANTE DO CONSULADO PORTUGUÉS DE VIGO,
(rúa Marqués de Valladares, 23)
O XOVES, 1 DE FEBREIRO, ÀS 8 DA TARDE

Animámosvos a participar desta iniciativa así como a reenviar este correo aos vosos contactos.
Un saúdo Feminista desde a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza




SOLIDARIEDADE COAS MULLERES PORTUGUESAS
11 DE FEBREIRO, REFERENDUM POLO ABORTO EN PORTUGAL

O 18 de Xaneiro cúmprense 5 anos da lectura da sentencia de Maia pola que se condenaba a 17 mulleres por delito de aborto en Portugal. A este xulgamento sómanse os de Aveiro, Lisboa, Setúbal e unha apretadisima vitoria do NON no referendum polo aborto realizado em 1998, no que a abstençom subiu até case o 70%.

Na Marcha Mundial das Mulleres na Galiza consideramos o aborto como un direito fundamental das mulleres que permite a soberania sobre o propio corpo, garantindo a escolla dunha maternidade desexada e responsábel.

Son 6 ainda os países europeios que negan este dereito: Chipre, Irlanda, Polonia, Malta, Portugal e o principado de Andorra. Non se pode negar a influencia da hierarquia católica quando estes estados legislan contra os dereitos das mulleres.

O referendum portugués do próximo dia 11 de Febreiro convértese pois nun referente para todas as mulleres da Europa que poden ver como se avanza ou se retrocede nos seus direitos nunha comunidade geográfica, cultural e económica que di defender a igualdade e os direitos das mulleres.

Mostramos a nosa solidariedade con todas as organizacións portuguesas que fan apoio ao SIN neste referendum, e con toda a cidadanía portuguesa que traballa por unha sociedade onde os valores da Igualdade, a Justiza, a Liberdade, a Solidariedade e a Paz, inspirem a construción da sociedade portuguesa, europeia e mundial.


CONCENTRACIÓN
DIANTE DO CONSULADO PORTUGUÉS DE VIGO,
(rúa Marqués de Valladares, 23)
O XOVES, 1 DE FEBREIRO, ÀS 8 DA TARDE

Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza


[+ info]

Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

Para contactar:

[+ Info]


[Voltar]