Isabel Vilalba, enviada pola Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres ao Fórum de Soberania Alimentaria
A Marcha Mundial das Mulleres organiza xunto con Vía Campesina, o Foro Mundial de Traballadores da Pesca, ROPPA – Réseau des Organisations Paysannes et de Producteurs de l’Afrique de l’Ouest, Foro Mundial de Povos Pescadores (WFFP), IPC - Comité de Planificación Internacional para la soberanía alimentaria, Rede para a Soberanía Alimentaria, e Amigos de la Tierra, un Foro Mundial sobre Soberania Alimentaria. O país elexido para celebrar este encontro é Mali, por ser un país eminentemente agrícola, nun continente, o Africano, que tamén destaca pola produción de alimentos. A Coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza conta cunha representante nesta reunión internacional, Isabel Vilalba, que ademais representa á Coordenadora europeia da Marcha.

Son obxectivos deste fórum unificar os distintos conceitos de soberania alimentaria e trazar liñas de acción en común para defender o direito dos povos a produzir seus propios alimentos con independência das condicións do mercado.

As organizaçons de Mali quixeron que este fórum levase o nome dunha muller muito coñecida na historia deste país africano. Esta muller chamava-se Nyéléni. Distinguiu-se como labrega e loitadora, numha sociedade que a considerava incapaz por ser muller soa, sen home nen irmaos, chegando a conseguir dúas variantes de sementes de cereal moi utilizadas en Mali.

Nyéléni 2007 - Fórum para a Soberania Alimentaria. 23 - 27 de Febreiro de 2007. Sélingué. Mali

Isabel Vilalba, enviada pola Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres ao Fórum de Soberania Alimentaria, que se celebra em Mali, do 23 ao 27 deste mês de Fevereiro.

Sítio web oficial do Fórum:

http://www.nyeleni2007.org


[+ info]


Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

Para contactar:

[+ Info]


[Voltar]