1ª BANDEIRA FEMININA DE TRAIÑAS
[Pequena crónica e album fotográfico]

Foron nove os clubes que se disputaron a 1ª BANDEIRA FEMININA DE TRAIÑAS, MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES. Esta alta participación demostra o interese destas xovens remeiras por conseguir o recoñecimento e respeito que se merecen dentro deste deporte que as discrimina.

Desde o Clube de Remo Chapela de Redondela, a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres recebiu un chamado urxente, pois mais umha vez, o campionato de traiñas, nom contaba com categoría feminina. Esta categoría non está recoñecida oficialmente e os xuizes negan-se a arbitrar unha competición que non ten "bandeira", como asínse chama o trofeu neste desporto.

A Marcha Mundial das Mulleres conseguiu o apoio do Servizo Galego de Ingualdade e da Concellalia da Muller de Redondela e convertida en patrocinadora, organizou toda unha festa reivindicativa.

A clasificaçom por clubes foi a seguinte:

1ª Perillo
2ª Chapela
3ª Bueu
4ª Mecos
5ª Vila de Cangas
6ª Cabana
7ª Amegrobe
8ª Vila Xoan
9ª Coruxo

Antes da entrega dos trofeos que levaron todas as participantes, Luz Añom, unha das delegadas que representará áMarcha de Galiza, no VI Encontro Internacional que se celebrará em Perú, dirixiu unhas palabras a todas as persoas que seguiron desde o peirao de Chapela a competición, indicando a necesidade de pasos e iniciativas como o representado pola Primeira bandeira feminina de traíñas, para conseguir que as rapazas e as mulleres deportistas non continuen a ser discriminadas nun ámbito social que continua a estar claramente masculinizado.

As xovens remeiras do clube Perillo, recibéron de mans de Mariluz Maset da Coordenadora de Vigo, unha impresionante bandeira bordada co símbolo da Marcha Mundial. Ainda que todas estaban cansas dos 3000 metros remados na competición, a alegría e o simbolismo do momento uniu a todas as remeiras dos clubes nun abrazo que mostrou toda a força da reivindicación.

Comentaban alguns dos clubes que a segunda bandeira poderia ser o ano que ven en Ferrol... a Marcha dirá.

[Fotografias]

[+ info]

Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

Para contactar:
[+ Info]


[Voltar]