24 de Maio, Dia Internacional das Mulleres Antimilitaristas

AS MULLERES DECIMOS NON ÁS GUERRAS

Desde o pasado 8 de marzo, mulleres de EEUU pertencentes á organización Codepink, e mulleres de Iraque, lanzaron un chamado internacional para unir-se contra a guerra. A Marcha Mundial das Mulleres apoia esta iniciativa e subliña a urxéncia destas accións dado que no planeta non só non desaparecen os modelos militares na resolución dos conflictos, senon que soan novos tambores de guerra tal e como se está a desenvolver a crise de Irán.

A seguir reproducimos o texto íntegro difundido pola organización CODEPINK:

O chamado das mulleres pola paz:
Unha demanda urxente


Nós, as mulleres de Estados Unidos, Iraque e as mulleres de todo o mundo, dicimos BASTA á guerra sen sentido en Iraque, e aos ataques crueis contra outros pobos no mundo. Enterramos demasiados dos nosos seres queridos. Vimos demasiadas vidas mutiladas polas feridas físicas e psicolóxicas. Miramos con horror como os nosos recursos preciosos son utilizados para a guerra mentres que as necesidades básicas das nosas famílias, como a comida, o aloxamento, a educación, e o acceso ao coidado médico, non están disponibeis para elas.

Non temos máis paciéncia para vivir con medo constante fronte á ameaza da violéncia, e ver o crecente cancro do ódio e a intoleráncia que están aumentando e infiltrando as nosas casas e comunidades.

Este non é o mundo que queremos nin para nós nin para as nosas fillas e fillos. Co lume no estómago e o amor no corazón, nós, as mulleres, estámonos erguendo sen fronteiras para unirnos e demandar un fin ao derramamento de sangue e á destrucción.

Vimos como a ocupación estranxeira de Iraque orixinou un movimento armado en contra dela, perpetuando un ciclo de violéncia sen fin. Estamos convencidas de que este é o mellor momento para facer a transición dun modelo militar a un modelo de resolución pacífico do conflito, que inclúa os factores seguintes:

  •  A retirada de todas as tropas e combatentes estranxeiros de Iraque;

  •  Negociacións para a reincorporación d@s iraquíes desprazad@s en todos os aspectos da sociedade de Iraque;

  •  A plena representación das mulleres no proceso de paz e un compromiso coa igualdade completa da muller en Iraque logo da guerra;

  •  Un compromiso para descartar a construción de calquer base militar estranxeira en Iraque;

  •  O control do petróleo e de todos os demais recursos por mans iraquíes;

  •  A anulación das leis de privatización e de desregulación, impostas baixo a ocupación, permitindo @s iraquíes orientar a traxectoria económica da posguerra;

  •  Un esforzo masivo de reconstrución que priorice aos contratistas iraquíes, con financiamiento dos países responsables da invasión e a ocupación de Iraque.

  •  Considerar a creación dunha forza internacional provisional de paz, que sexa verdaderamente multilateral e que non estea integrada por ningún dos países que participaron na ocupación.

  • Para avanzar neste proceso de paz, estamos creando un movemento masivo de mulleres, que abarca múltiples xeracións, razas, etnias, relixións, fronteiras e tendencias políticas.

    Xuntas, imos presionar aos nosos gobernos, as Nacións Unidas, a Liga Árabe, os Premios Nóbel da Paz, os líderes relixiosos e outr@s na comunidade internacional, para que interveñan para axudar a negociar unha solución política.

    E nesta época de fundamentalismos divisionistas, chamamos a@s líderes do mundo para unirse connosco para que avancen os valores fundamentais do amor á familia humana e á protección ao noso planeta precioso.

    Galiza 24 de Maio de 2006

    WOMEN SAY NO TO WAR!
    LES FEMMES DISENT NOM A LA GUERRE!
    LAS MUJERES DICEN NO A LA GUERRA!
    AS MULLERES DIN NON Á GUERRA!

    CODEPINK www.womensaynotowar.org
    MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES www.feminismo.info

    CONVOCATORIAS NO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES ANTIMILITARISTAS
    24 de maio 2006
    Vigo: Distribución do comunicado da organización CODEPINK "As mulleres dizemos nonàs guerras", acto na Casa das Mulleres de Vigo ás 20:15hs
    Corunha: Rolda de prensa e distribución do comunicado de CODEPINK.
    Ferrol: elaboración dunha alfombra floral no Canton desde as 17hs até as 20:30, distribución do comunicado de CODEPINK
    Compostela: Construcción dun muro de expressión e tendal antimilitarista ás 20:30hs na Praça do Toural. Distribución do comunicado de CODEPINK
    Pontevedra: colocación dunha faixa na Praza do 8 de Marzo. O día 25 concentración na mesma praza ás 20:30hs e distribución do comunicado de CODEPINK.

    [+ info]

    Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

    Para contactar:
    [+ Info]


    [Voltar]