Na
defensa dos dereitos laborais e outros medios de subsistencia das mulleres.
-Aplicación
dunha política real que revise os distintos sectores laborais, convénios,
negociacións marco... que faga realidade "igual salário para
un traballo de igual valor".
-Causalización
da contratación temporal reducindo-a ás necesidades de produción
conxuntural. Persecución, por parte da Inspección de Traballo, das
empresas que utilizan a economia submerxida ou abusen da contratación temporal.
Para evitar este abuso aumentar o custe dos seguros sociais deste tipo de contratos.
-Eliminación
nos convénios de todos aqueles incentivos que promovan o abandono do posto
de traballo por mor do casamemto. Asi mesmo de calquer outra cláusula discriminatória
referida a vestuário, división do traballo por sexos, permisos e
linguaxe.
-Integración
das traballadoras do servizo doméstico no Réxime Xeral da Seguridade
Social. Mentres esa integración non se efective, aplicación ás
empregadas no servizo doméstico dos mesmos benefícios laborais e
sociais, ademais das prestacións e subsídios de desemprego, que
as persoas filiadas ao Réxime Xeral.
-Permiso
laboral e salário íntegro ao longo do primeiro ano de vida da crianza.
-Libre
aceso á titularidade da explotación agrária das mulleres
labregas. Revisión das limitacións á produción impostas
pola Unión Europea.
-Adaptación
da legislación laboral ás distintas realidades do marisqueo na Galiza
e aos distintos colectivos de mariscadoras.
-Aplicación
da xornada laboral de 35 horas semanais sen redución de salário.
Eliminación das horas extra salvo en casos de forza maior que serán
retribuídas en tempo libre.
-Ampliación
do servizo de comedores escolares a todos os centros públicos de ensino.
Criación dunha rede de xardins de infáncia que se adapte ao horário
laboral.
-Garantia
dos direitos recollidos no réxime xeral da Seguridade Social para os traballos
realizados polas mulleres presas. Aplicación dentro dos cárceres
do direito fundamental ao traballo.
-Garantir
o direito ao traballo remunerado, normalizado e o mais integrado posíbel
ás mulleres con discapacidades. Control por parte das Inspeccións
de Traballo para que non se utilicen as desgravacións por minusvalias nas
contratacións para perpetuar a sua marxinación no mundo laboral.