Introducción.
Por unha Europa solidária, democrática e aberta.
Contra a pobreza, a precariedade, pola igualdade social, económica e profesional.
Polo dereito a dispoñer do noso corpo e a elexir o noso modo de vida, a nosa sexsualidade e a nosa orientación sexual.
Para erradicar a violéncia contra as mulleres baixo todas as súas formas.





















Introducción

Coa organización da Marcha Mundial das Mulleres, o ano 2000 foi en todo o planeta un ano de iniciativas e de manifestacións das mulleres.

En Montreal foi elaborada unha plataforma mundial de reivindicacións contra as violéncias e a pobreza que golpean ás mulleres.

Na Europa seguimos a manifestarnos para afirmar as nosas esixéncias de igualdade, de xustiza e de solidariedade, e o noso rechazo ás violéncias, á exclusión e á discriminación.

Nós, mulleres de Europa, marchamos para construir un mundo de igualdade entre as mulleres e os homes, un mundo sen dominación masculina, co que iso significa de marxinación e violéncia cara nós.

Nós, mulleres de Europa, marchamos para denunciar e loitar contra as consecuéncias dramáticas que leva consigo a lei do máximo beneficio, nós marchamos para construir un mundo baseado no reparto da riqueza colectiva, a igualdade, a xustiza e a solidariedade.

Nós, mulleres de Europa, marchamos para reafirmar o noso compromiso pola paz, o desenvolvimento e a democracia.

Nós, mulleres de Europa, marchamos en solidariedade con as reivindicacións das mulleres dos países máis pobres.

Esta marcha será un paso adiante no desenvolvimento de redes de mulleres que constituiremos un contrapoder que se fará escoitar nas instáncias europeas e nos governos de cada país.

Esta é a profunda e lóxica transformación para a que nós facemos un chamado, xa non agardamos pola pretendida "igualdade de oportunidades" que se nos prometeu.

Por unha Europa solidária, democrática e aberta.

As mulleres estamos no centro dos fenómenos ligados á mundialización económica:

Flexibilización, precariedade no emprego, sobrexplotación, mobilidade, crecimento das desigualdades, perda de dereitos adquiridos... Na Europa como no resto do mundo, somos nós as que asumimos os custes máis grandes da mundialización porque conformamos a naioría na man do obra flexíbel e barata, recambiábel no nome da competitividade. Somos nós as máis golpeadas polas crises económicas e as restruturacións. Na Europa central e oriental, a transición para unha economía liberal, mergullou 75 millóns de persoas, mulleres na súa naioría, na precariedade. Os dereitos sociais, subordinados aos imperativos do mercado, non están asegurados, os servizos públicos son desmantelados e o investimento público diminue. Esta situación crea as condicións para a eclosión de conflitos civís e étnicos onde as mulleres somos sempre as primeiras vítimas.

NÓS QUEREMOS

Unha Europa solidária que consagre os seus esforzos en reducir a crescente desigualdade entre países fartos e países con dificuldades, así como entre homes e mulleres.

-Esixiremos a anulación da dévida dos países do terceiro mundo e o fin dos programas de axuste estrutural.

-Aderimo-nos aos chamamentos internacionais que esixen un control cidadán da Organización Mundial do Comércio; unha moratória sobre todas as decisións que estendan os poderes da OMC e que provocarían unha desregulamentación acentuada en numerosos campos; unha taxa sobre as transacións financeiras (Taxa Tobim) e todas as medidas necesárias para limitar o poder das empresas multinacionais e dos poseedores do capital.

-Pediremos a eliminación dos paraísos fiscais e o fin do segredo bancário.

-Queremos que cada país europeo inicie políticas de cooperación para o desenvolvimento,sensíbeis á igualdade entre homes e mulleres.

Estas políticas deben:

-Apoiar iniciativas de loita contra a pobreza e a subordinación das mulleres.

-Favorecer a autonomía das mulleres, aumentos no noso acceso aos recursos e a disminución da nosa carga de traballo.

Unha Europa da Democracia que respete e prolongue a cidadanía.

En todas partes, e tamén nas democracias ocidentais, as mulleres somos sempre cidadás de segunda clase. Os dereitos adquiridos son constantemente "postos en causa" e os governos que se indignan polas condicións das mulleres do Sul, continúan a soster os rexímenes, a miúdo ditatoriais, polos que elas son sometidas.

-Esiximos igual representación de mulleres e homes na vida política, económica, social e cultural.

-Esiximos que os nosos governos retiren todos os apoios aos rexímenes ditatoriais que oprimen ás mulleres.

-Esiximos o respeito da laicidade e combatimos os integrismos e o poder das relixións sobre as nosas vidas; esiximos que os códigos de estatus persoal discriminatórios e de inspiración relixiosa non sexan recoñecidos en Europa e que sexan modificados os acordos bilaterais con os países de orixen que autoricen eses estatus discriminatórios.

-Queremos o acceso á cidadanía para as persoas estranxeiras, o dereito de voto e de ser eleitas, mesmo chan, mesmos dereitos!!!


Unha Europa cun desenvolvimento sustentado.

En todas partes a lei da competéncia entre estados e entre produtores fai estragos. É a falta de respeito ao medio ambiente pola sobrexplotación dos recursos naturais e a polución.

-Esixiremos unha alimentación san e suficiente para todo o mundo, unha información sobre os organismos xeneticamente modificados.

-Esixiremos que sexan postas en marcha , sen demora, todas as recomendacións das conferéncias mundiais sobre medio ambiente.

-Esixiremos que a Europa se comprometa cunha política de reequilibrio das riquezas, de loita contra o desenvolvimento desigual e contra a fame.

Unha Europa da paz.

Existe e mantense a carreira de armamentos. Os dereitos dos povos e das persoas son esquecidos.


-Esiximos unha baixada drástica dos gastos militares, a intervención da venda de armas, que enriquece aos países ricos e empobrece aos países pobres, así como a explotación ruinosa e perigosa das tecnologías ligadas ao nuclear. Queremos un estudo sobre os efeitos devastadores da guerra sobre o medio ambiente.

-Queremos que Europa inicie unha política exterior activa para previr e facer cesar os conflitos e as agresións armadas.

-Queremos o respeito ao dereito á autodeterminación dos povos.

Unha Europa aberta.

Que na vez de se converter en fortaleza, como lle teñen ordenado os acordos de Schengen, ceda todo o seu espazo as persoas imigrantes, abolindo as discriminacións a respeito delas, principalmente cara as mulleres.

Polos dereitos das mulleres imigrantes e estranxeiras esixiremos particularmente:

-A regularización das persoas sen papeis, o dereito á residéncia garantidos para todas e todos, autonomía para as mulleres imigrantes, independentenente da súa situación conxugal ou de família, e a libre circulación das persoas.

-O cese dos arrestos e das expulsións, o feche dos centros de retención.

-O respeito dos dereitos de asilo e o recoñecimento do estatuto de refuxiada para as mulleres vítimas de discriminacións e persecucións sexistas e/ou violéncia sexual, e para as vítimas de persecución e discriminación polo seu lesbianismo.

-Permiso de residéncia independentemente da condición de esposa, de nai, de filla, de irmá ou de muller de polígamo.

-Posibilidade de divórcio ou de separación sen pérdida do dereito á residéncia.

Unha Europa ampla.

Que comprenda o conxunto de países do Leste ao Oeste, do Norte ao Sul. Somos as mulleres de todos eses países as que marcharemos xuntas.

Contra a pobreza, a precariedade, pola igualdade social, económica e profesional.

As mulleres e as nenas facemos 2/3 do traballo mundial, a maior parte dese traballo non é remunerado, nen recoñecido, nen valorizado. Polo tanto, se as mulleres paramos de traballar, todo se para. Somos nós en todas partes e sempre, as encargadas de asumir o traballo doméstico.

As mulleres somos as máis golpeadas polo desemprego e a precariedade. Accedemos raramente aos empregos mellor valorados e temos salários inferiores aos dos homes.

NÓS QUEREMOS

Unha Europa social.

Onde o listado dos dereitos, dos salários e da calidade de vida se faga polo alto.

-Queremos o pleno emprego con dereitos, igualdade, dereito a vivir dignamente e rechazamos as discriminacións.

-Esixiremos polo dereito ao emprego, por rematar con o paro:

.a instauración en toda Europa dun salário mínimo garantido e suficiente.

.unha redución máxima do tempo de traballo, sen redución dos salários, sen flexibilidades, cos contratos correspondentes.

.medidas que poñan fin ao traballo submerxido e a todas as formas de escravismo moderno.

-Esixiremos pola igualdade profesional das mulleres e homes:

.a igualdade de salários entre homes e mulleres.

.a supresión do traballo a tempo parcial imposto.

.a proibición das discriminacións sexistas, racistas ou baseadas no handicap do emprego e polo acceso á formación; o dereito a unha formación inicial e continuada.

.a proibición do traballo submerxido para todas e todos, agás nos sectores con necesidades imperativas e, nese caso con compensacións.

.dereito a permiso de maternidade totalmente remunerada.

-Esixiremos dereitos sociais que permitan vivir dignamente:

.aumento das asignacións por desemprego e outras axudas sociais.

.preservación e xeralización dos sistemas públicos de protección social.

.igualdade de acceso á sanidade, á vivenda; acceso prioritário ás vivendas sociais para as persoas sen papeis e para as mulleres soas con ou sen crianzas.

.educación gratuita e de calidade para todas e todos.

.creación de servizos sociais, en particular de servizos de atención onde podan asistir todas as crianzas e servizos de atención onde podan acudir ás persoas dependentes.

.para as persoas en paro forzoso: gratuidade do transporte, da electricidade, acceso á cultura e aos medios de comunicación.

.para todas as persoas con handicaps psíquicos e mentais, acceso a todos os medios necesários para vivir dignamente.

A instauración dun salário individual mínimo mais suficiente para vivir unha vida decente, debe ser garantido a todas as persoas ao longo de toda a súa vida. Unha redución dos gastos militares permitiría reorientar sumas considerábeis para a satisfación das necesidades sociais.

-Esixiremos contra as discriminacións:

.o remate das represións antisindicais.

.sancións contra o acoso sexual, baixo todas a súas formas , no traballo.

.abolición das discriminacións en todos os campos económicos e sociais das mulleres estranxeiras, ou ás mulleres saídas da imigración, un dereito á residéncia que lle permita ás estranxeiras o acceso ao traballo legal e a autonomía xurídica, económica e social.

-Esixiremos medidas en forma de campañas, políticas familiares, dereitos de parentesco, con o fin de obter a igualdade no reparto das tarefas domésticas entre homes e mulleres.

Polo dereito a dispoñer do noso corpo e a elexir o noso modo de vida, a nosa sexsualidade e a nosa orientación sexual.

Os estados deben recoñecernos o dereito que temos as mulleres a dispor do noso corpo e da nosa vida e deben garantir o acceso á anticoncepción, ao aborto, á esterilizaçom elexida e á libre elección da sexualidade.

-Esixiremos polo dereito á contracepción, ao aborto e á esterilización elexida:

.que os medios contraceptivos que precisen de prescrición médica, sexan costeados polos organismos correspondentes nos diferentes países, os outros deben ser expedidos a prezos módicos.

.que as mulleres podan beneficiarse do aborto nas mellores condicións posibeis, até 12 semanas de embarazo. A posibilidade de abortar mediante medicación debe estar ofertada en toda Europa.

.o aborto debe ser costeado polos organismos correspondentes de cada país.

.que todas as mulleres dispoñan destes dereitos, incluídas as menores (sen autorización paterna) e as estranxeiras ( sen condicións de tempo e de título de residéncia)

.que todas as mulleres podan beneficiarse dos mesmos dereitos canto ao acceso ao parentesco sexa cal fora o seu xeito de vida ou a súa elección sexual.

-Esixiremos polo dereito a elexir o modo de vida, a sexualidade, a orientación sexual, contra a violéncia cara as lesbianas:

.que sexa aplicada abertamente unha política de recoñecimento social das lesbianas, e que se paralise a imposición da norma heterosexual dominante.

.que a violéncia contra as lesbianas sexa recoñecida como unha violación dos dereitos fundamentais da persoa.

.que as lesbianas disfruten dos mesmos dereitos que as mulleres heterosexuais e non sufran nengunha discriminación lesbofóbica (aplicación do artigo 134 do Tratado de Amsterdam).

Para erradicar a violéncia contra as mulleres baixo todas as súas formas.

As Violéncias contra as mulleres e as nenas deben ser recoñecidas en todas partes como unha violación dos dereitos fundamentais das persoas. Non poden ser xustificadas por nengunha relixión, prática cultural ou poder político. Estas violéncias aférranse na idea social do sexo e non constitúen un "asunto privado" daquelas que son as súas vítimas. Revela pola contra, un verdadeiro fenómeno social que se enraíza nas sociedades que son permisivas con estas violéncias. Enxendran notábelmente consecuencias psicolóxicas, morais, psíquicas e financeiras que os estados deben ter en conta. Destrúen a dignidade e a integridade das mulleres e das nenas. Son utilizadas nos conflitos armados para humillar e aniquilar ás mulleres, marcar o território, desmoralizar ao adversário e realizar políticas de "purificación étnica". É intolerábel.

Avanzando nas nosas reivindicacións, iremos harmonizando polo alto as diferentes lexislacións dos países europeus até situalos a todos ao mesmo nivel na eficácia da loita contra a violéncia de xénero.

Ainda que despois de duas décadas, a maior parte dos países europeus teñen un arsenal lexislativo cada vez máis cheo, volvemos a reafirmar que non é suficiente con votar leis, ainda que sexan boas, o que fai falla é vixiar a súa aplicación efectiva.

-Esixiremos que organismos independentes incluídas as organizacións de defensa dos dereitos das mulleres e as asociacións de vítimas, sexan creados en cada país para exercer un control na aplicación das leis.

Por unha Europa activa na loita contra a violéncia cara as mulleres e as nenas en todo o mundo.

-Pediremos que os estados que se reclamen defensores dos dereitos humanos condenen todo poder político, relixioso, económico ou cultural que exerza un control sobre a vida das mulleres e das nenas e denuncien os rexímenes que non respeten seus dereitos fundamentais e fagan pressión para que estes estados apliquen as convencións internacionais sobre dereitos humanos.

-Pediremos que os estados recoñezan a xurisdición da Corte Penal Internacional e asinen as disposicións internacionais, sobre todo as que consideran a violación e as agresións sexuais como crimes de guerra. Pediremos que participen activamente na procura e detención dos acusados que deberán ser xulgados polo Tribunal Penal Internacional.

-Pediremos que os estados executen planos de acción, programas, e proxectos eficaces para ponher fin á violéncia de xénero. Estes planos de acción deben incluir sobre todo os seguintes elementos: prevención, sensibilización pública, represión dos agresores, "tratamento" dos agresores, estudos e estatísticas sobre a violéncia de xénero, acollimento e protección das vítimas, loita contra a pornografia, o proxenetismo e as agresións sexuais e a violéncia contra as crianzas, acceso fácil e seguro ao procedimento penal, formación da xudicatura e da policía e de todos as actores sociais e profesionais implicados na loita contra a violéncia de xénero.

-Pediremos que sexan creadas, onde non existen, e reforzadas alí onde existen, estruturas de acollimento, de axuda e aloxamento, centros de crise, de información e de apoio das mulleres e nenas vítimas de violéncia.

-Todos os sistemas educativos deberán reconsiderarse para eliminar o sexismo e os estereotipos dos roles, así como da elección sexual, contrários á igualdade con o fin de promover o respeto mutuo e a dignidade de cada un e cada unha. Todas as persoas dedicadas ao ensino deben recibir unha formación neste ámbito.

Por unha mellora nas medidas de procedimento penal.

Esixiremos:

-Que as vítimas dispoñan de dereitos e de procedimentos xudiciais ao menos iguais aos seus acusados. Deben ter dereito a asisténcia e información ao longo de todo o proceso xudicial.

-Que os poderes públicos poñan en funcionamento dispositivos de protección das vítimas da violéncia, coa creación dos mecanismos de control correspondentes para unha aplicación real.

-Proibición en todos os procedimentos concernentes á violéncia de xénero, sexa cal sexa, de evocar os antecedentes da vítima (sobre todo psiquiátricos, de toxicomanía, prostituiçom, relaçons múltiplas e en xeral todo o relacionado coa vida sexual).

-Que as asociacións de defensa dos dereitos das mulleres podan constituirse en parte civil ao lado das vítimas.

-Proibición nos códigos de procedimento penal dos diferentes países europeus de utilizar a mediación penal nos casos de violéncia contra das mulleres e das nenas.

Estas son infraccións da lei que deben ser tratadas como tal:

Contra a violación.

Esixiremos:

-Que sexan incluídas na definición de violación, a ameaza, o abuso de autoridade, o abuso de poder, o abuso de confianza e a sorpresa, e non só o uso da forza.

-Inscrición na lei da violación conxugal, e o seu recoñecimento efectivo para a aplicación da lei.

-Que sexan recoñecidas e se aplique a lei nos casos de violacións nas relacións terapéuticas e en xeral en todos os casos de relacións de axuda.

Contra a violéncia doméstica (conxugal)

Esixiremos:

-Que sexan inscritas na lei, e recoñecidas efectivamente para a aplicación prática da lei, a violéncia conxugal. A lexislación debe integrar sobre todo a violéncia psíquica e económica. A violéncia na parella é unha infracción á lei. A responsabilidade do seu autor debe ser recoñecida. A utilización pola xustiza de procedimentos de mediación que queiram anular ou minimizar esta responsabilidade, deben proibirse.

-Que as mulleres imigrantes gocen da autonomía que lles permita librarse dun cónxugue violento sen perder os seus dereitos, sobre todo en matéria de nacionalidade e residéncia.

Contra os malos tratos e violéncia sexual.

Esixiremos:

-Que sexan inscritas na lei e recoñecidas efectivamente para a aplicación prática da lei os malos tratos e a violéncia sexual contra a infáncia.

-Que sexan posibeis as demandas por prexuízos e intereses. A prescrición cando exista, debe correr desde a data da maioría de idade da vítima e non desde a data das violéncias.

-Que a crianza ou persoa tutora no seu lugar, poda designar un advogado ou advogada se fose necesário.

Esixiremos:

-Que o acoso sexual no traballo sexa inscrito na lei e recoñecido efectivamente para a aplicación prática da lei.

-Que a noción de acoso sexual no traballo sexa ampliada, instaurando a posibilidade de incriminar a un amigo, un cliente, un paciente.

-Que a noción de entorno de traballo hostil ás mulleres (sexista e machista) sexa recoñecido xuridicamente e sancionábel.

-Que os empregadores e as empregadoras teñan obriga de instaurar medidas de prevención e de protección, así como de control da súa aplicación polos poderes públicos.

-Que o acoso sexual, sexista, e as inxurias sexan consideradas fóra das horas de traballo.

Contra as mutilacións sexuais.

Esixiremos:

-Que as mutilacións sexuais, que son unha violación dos dereitos das persoas sexan inscritas na lei e sancionadas efectivamente pola aplicación prática da lei.

-Que os Estados executen campanhas de prevención, de sensibilización e de información sobre as mutilacións sexuais e as súas consecuéncias, con os medios financeiros necesários.

Contra os casamentos forzosos.

Esixiremos:

-Que as xovenes ameazadas por un matrimónio forzoso dentro ou fóra de Europa, se beneficien de axuda xurídica, material e moral que lles permita librarse deste perigo.

-Que estes matrimónios podan anularse por petición da vítima.

Contra a violéncia sobre as lesbianas.

Esixiremos:

-Que as discriminacións e inxurias lesbofóbicas e homofóbicas sexan sancionadas e que as asociacións lesbianas podan presentarse como parte civil contra estes actos.

-Que as violéncias exercidas contra as lesbianas por razón do seu lesbianismo sexan incluídas dentro das circunstáncias agravantes das leis, cando estas existan.

Condenamos a pornografía, que é unha violéncia exercida contra as mulleres e as crianzas e pon en prática unha utilización degradante dos corpos con fins comerciais ou non.

Contra o proxenetismo e o tráfico de mulleres e de crianzas.

Esixiremos:

-Que sexa ratificado por todos os países e aplicado efectivamente a Convención para a represión da Trata de Seres Humanos e de Explotación da Prostitución do Próximo, do 2 de Decembro de 1949.

-Que sexa inscrito na lexislación a posibilidade de perseguir aos naturais dun país, que sexan culpábeis de turismo sexual noutro país.

-Que sexa aplicada a Carta Internacional de Turismo e o Código do Turista adoptados o 26 de Setembro de 1985 pola Organización Mundial do Turismo: os organizadores de viaxes para turismo sexual deben tamén estar perseguidos.

-Que sexa ratificado por todos os países e aplicado efectivamente, sobre todo na súa partida sobre prostitución, a Convención para a eliminación de todas as formas de discriminación contra as mulleres e o seu protocolo adicional.