| BORRADOR
(Documento de Traballo) Proposición
de Lei contra a Violencia de Xénero e a Pobreza.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
TÍTULO
I Disposicións
xerais Artigo
1.- Definición de violencia de xénero Artigo
2.- Obxecto da Lei TÍTULO
II MEDIDAS DE
PREVENCIÓN Capítulo
I Modificacións
no sistema educativo galego Artigo
3 .- Creación das Equipas de Educación para a Igualdade Artigo
4 .- Inclusión no DCB da materia Educación Sexual e Afectiva
e contidos específicos de Educación para a Igualdade. Artigo
5.- Programas de Formación Docente Artigo
6 .- Sobre os centros concertados. Capítulo
II Medidas contra
a pobreza Artigo
7.- Título
I. Do salario social da Galiza Título
II. Das axudas para situacións de emerxencia social Título
III. Programas de desenvolvemento integral comunitario. Artigo
8.- Fondo de garantía do pagamento de alimentos. Capítulo
III Da publicidade
e os medios de comunicación na Galiza. Artigo
9.- Comisión da publicidade na Galiza Artigo
10.- Participación na Compañía de Radio-Televisión
de Galiza Capítulo
IV Da transversalidade
nas distintas administracións Artigo
11.- Obrigatoriedade dos estudos de xénero Artigo
12.- Utilización dunha linguaxe non sexista Artigo
13.- Plano de renovación dos valores de igualdade no tecido asociativo. TÍTULO
III MEDIDAS
DE PALIACIÓN DOS EFECTOS DA VIOLENCIA DE XÉNERO Artigo
14.- Entidades con competencia en servizos sociais. Artigo
15.- Servizos de atención ás vítimas e centros de atención
especializada. Artigo
16.- Intervención do Servizo Galego de Saúde Artigo
17.- Coordinación co poder xudicial TÍTULO
IV ÓRGANOS
ADMINISTRATIVOS Artigo
18.- Reforma do SGI Artigo
19.- Creación da Consellaría da Muller Artigo
20.- Comisión Autonómica da Muller DISPOSICIÓNS
ADICIONAIS Primeira.-
Mulleres con discapacidades Segunda.-
Mulleres presas Terceira.-
Avaliación DISPOSICIÓNS
FINAIS Primeira.-
Entrada en vigor Segunda.-
Derrogación EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
A violencia de xénero na Galiza, nas súas
múltiples expresións, provoca cada ano miles de vítimas,
como así o reflicte o número de denuncias que se presentaron, e,
nalgúns casos, con resultado de morte. Até o momento non existe
ningún estudo o suficientemente rigoroso que nos permita unha visión
completa desta realidade, mais si podemos afirmar que se reproduce no tempo, ten
causas que deveñen da discriminación e da opresión das mulleres
na sociedade patriarcal e existen medidas preventivas, de atención as vítimas
e cambios nas estruturas sociais que permiten diminuír e paliar os efectos
desta violencia no camiño da súa completa erradicación. Á
situación de violencia que viven moitas cidadás no noso país,
temos que sumar en moitos casos unha situación de pobreza, moitas veces
provocada pola situación de malos tratos ou de ruptura das relacións
de convivencia. Asistimos así no noso país un aumento da feminización
da pobreza e tamén unha maior vulnerabilidade das mulleres e das súas
crianzas, en situación de pobreza, ante a violencia de xénero.
Esta
lei propón, se temos en conta as competencias das institucións autonómicas
da Galiza, unha serie de medidas preventivas en distintos ámbitos onde
se perpetúa ou xustifica a violencia de xénero. No ámbito
educativo proponse unha nova figura no organigrama escolar, con plenas competencias
para desenvolver os obxectivos da Educación para a Igualdade. A formación
do persoal docente é básica para conseguir estes obxectivos. A publicidade
e os medios de comunicación teñen unha importancia relevante na
nosa sociedade. Esta lei pretende incluír na Comisión da publicidade
na Galiza e na Compañía de Radio-Televisión de Galiza, aqueles
axentes sociais destacados na loita contra o sexismo. A loita contra a pobreza
preséntase como unha medida preventiva na loita contra a violencia na nosa
sociedade, ademais de preservar as mulleres que sofren máis intensamente
os efectos desta violencia, da dupla vitimización. Ao facermos universais
as medidas contra a pobreza realizamos unha maior cobertura na prevención
de situacións de violencia dentro das unidades de convivencia e facemos,
así mesmo, menos vulnerábeis as mulleres pobres para sufrir este
tipo de violencia dentro do mercado laboral. A implantación do salario
social e o Fondo de garantía no pagamento de alimentos, perseguen estes
obxectivos. As administracións non están exentas de responsabilidade
ante a perpetuación da violencia de xénero. Esta lei propón
algunhas medidas ao respecto, como son, a obrigatoriedade dos Estudos de xénero
diante das medidas que tomen e a utilización dunha linguaxe non sexista.
Ademais corresponde tamén ás administracións un compromiso
para promoveren eses mesmos cambios de actitude na sociedade; para iso proponse
o desenvolvemento dun Plano de renovación dos valores de igualdade no tecido
asociativo. Os cambios que propón esta lei en materia de atención
as vítimas de violencia na Galiza parten do suposto que unha realidade
que afecta de xeito tan preocupante a moitas das nosas cidadás e ás
súas familias, non pode quedar en mans de entidades con fins lucrativos.
Os recursos de que se dotar a nosa comunidade deben ser servizos públicos,
co suficiente orzamento e coas equipas dotadas convenientemente para desenvolveren
programas de atención integral. A coordinación co Servizo Galego
de Saúde e co poder xudicial debe estar asegurada. A sociedade galega
debe dotarse, ou mellorar no caso dos existentes, daqueles organismos que especificamente
traballaren para planear e asegurar as políticas de igualdade. Esta lei
propón a obrigatoriedade para os gobernos galegos da creación da
Consellaría da Muller e a reforma do Servizo Galego de Igualdade. Estas
políticas de igualdade deben realizarse partindo da contribución
e da participación da cidadanía a través dos canles estabelecidos
no ordenamento autonómico, mais esta lei propón abrir un camiño
cara á democracia participativa en que se inclúa unha reforma da
Comisión Autonómica da Muller, para convertela, a través
da representación dos consellos municipais da muller, nun organismo representativo
do movemento de mulleres na Galiza e un interlocutor dinámico na participación
da elaboración e da execución das políticas de igualdade. As
mulleres con discapacidades e as mulleres en réxime carcerario encontran
no noso país verdadeiras barreiras físicas e sociais para a súa
integración e o seu pleno desenvolvemento como cidadás. Estas mulleres
padecen como todas as demais a violencia de xénero. As disposicións
adicionais instan ás institucións a aseguraren os beneficios desta
lei TÍTULO I
DISPOSICIÓNS
XERAIS Artigo 1.- Definición de
violencia de xénero.
Constitúe violencia de xénero
todo acto de violencia que se basea na pertenza da persoa agredida ao sexo feminino,
que teña ou poida ter como resultado un dano ou un sufrimento físico,
sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas destes
actos, a coacción, a privación arbitraria da liberdade, ou as discriminacións
que produzan eses danos ou eses sufrimentos, tanto se se produciren na vida pública
como na privada. O obxectivo último da violencia de xénero é
o sometemento da muller. Artigo 2.- Obxecto
da Lei
A presente Proposición de lei ten como obxecto atallar
a violencia de xénero na Galiza. Dentro do marco competencial que permite
a Autonomía da Galiza intenta modificar aquelas estruturas e aquelas leis
e que a perpetúan ou resultan insuficientes para a combater, e influír
nos comportamentos sociais que a xustifican e a reproducen. Así mesmo,
a presente lei ten tamén como obxectivo a creación e o desenvolvemento
dun conxunto coordinado de medidas que se orientan a loita contra a pobreza. TÍTULO
II MEDIDAS
DE PREVENCIÓN
Capítulo primeiro
Modificacións
no sistema educativo galego Artigo
3.- Creación das equipas de Educación para a Igualdade
A
Administración Educativa Galega, no prazo de dous anos desde a publicación
desta lei, impulsará a creación de equipas de coeducación
en todos os centros educativos coa función de sensibilizaren a comunidade
educativa sobre a discriminación e a violencia de xénero e estabeleceren
programas de intervención que modificaren esa situación. Polo que
se modifica o Decreto 374/1996 referido ao funcionamento orgánico das escolas
de educación infantil e dos colexios de educación primaria no título
III, artigo 53º que quedaría redactado do seguinte xeito:
Equipa de Educación para a Igualdade:
Artigo 1.
A
Equipa constitúese co obxectivo de formar: -Na igualdade entre
mulleres e homes. -No respecto aos dereitos e ás liberdades
fundamentais como seres humanos. -Na prevención da violencia
de xénero, considerada esta como unha violación deses dereitos fundamentais,
mediante a resolución pacífica dos conflitos.
Artigo 2.
A Equipa estará constituída pola persoa coordinadora
proposta polo claustro, pola xefatura de estudos, unha persoa docente representante
de cada ciclo por proposta das súas integrantes e a orientadora do departamento
de orientación de que depender o centro así como a profesional que
fixer funcións de orientación no centro cando non estiver constituído
o departamento no propio centro. Poderán incorporarse ao traballo da Equipa
para temas concretos outras persoas da comunidade educativa.
Artigo 3.
Unha vez que se constitúa a equipa, a coordinadora
desempeñará as súas funcións por dous anos,
renovábeis, se for o caso, ou cesará por renuncia motivada e aceptada
polo claustro ou por revogación polo claustro mediante informe razoado.
A coordinación será desempeñada, preferentemente,
por unha profesora con perfil feminista. Artigo 4.
A
coordinadora formará parte do Departamento de Orientación, da Comisión
de Coordinación Pedagóxica e do Consello Escolar.
Artigo 5
É competencia da Equipa de Educación para
a Igualdade: - Presentar, a través do claustro, propostas
á equipa directiva para obxectivos coeducativos que se incluirán
no Proxecto educativo de centro. - Propor ás equipas docentes
obxectivos coeducativos que se incluirán no Proxecto curricular
de centro. - Elaborar un Programa de actuacións coeducativas.. -
Propor o Programa coeducativo na Comisión de coordinación pedagóxica
e no Departamento de Orientación para a súa inclusión no
Plano anual de centro a través das programacións de ciclo e do Plano
de acción titorial. - Presentar un programa ao claustro para
aprobación ou para modificacións. - O Programa de actuacións
coeducativas irá incluído no Plano de acción titorial. -
Presentar o programa no Consello Escolar para a súa aprobación e
destinar un orzamento de investimento para a súa aplicación.
Artigo 6
Son competencias da coordinadora da Equipa de Educación
para a Igualdade: - Participar na CCP , no DO e no Consello Escolar. -
Responsabilizarse da redacción do Programa de actuación coeducativa
e presentalo a través da CCP e o DO no Claustro. -
Presentar o programa no Consello Escolar. - Convocar e dinamizar
as reunións da equipa. -Redactar as actas das reunións,
así como a redacción da memoria final do curso en que se
fará unha avaliación do programa. - Proporcionarlle
a toda a comunidade educativa a información sobre as actividades
da equipa e todas aquelas que se relacionancon a igualdade de xénero e
contra a violencia de xénero. Artigo
4.- Inclusión no DCB da materia Educación Sexual e Afectiva
e contidos específicos de Educación para a Igualdade.
A
Administración Educativa Galega realizará as modificacións
do DCB. modificación do Decreto 254/1992. venres, 14 de agosto do 1992
para incluír nel contidos específicos na área de Coñecemento
do Medio Natural, Social e Cultural en EP e de Coñecemento do Medio na
Educación Infantil . Modificación do mesmo DCB para incluír
unha área especifica de Educación Sexual e Afectiva
en ESO, nos bacharelatos e nos ciclos formativos. Artigo
5.- Programas de Formación Docente.
1- A Xunta de Galiza,
a través da Consellaría da Muller e a Consellaría de Educación
tomará todas as medidas necesarias para garantir que os estudos de xénero,
que inclúan a formación para a igualdade, sexan materia obrigatoria
dentro dos programas de estudos de Ciencias da Educación, Psicoloxía,
Pedagoxía, Logopedia, Educación Social, Traballo Social e nos cursos
de capacitación docente CAP. 2- A Administración Educativa
Galega no prazo de tres anos desde a publicación desta lei, levará
adiante un programa de formación de todo o conxunto do profesorado en activo,
para a adquisición de coñecementos, de habilidades e de valores
que se relacionen coa Educación para a Igualdade. Artigo
6 .- Sobre os centros concertados.
A Xunta de Galiza romperá
os acordos de concertación con todos aqueles centros de ensino de carácter
privado que realizaren, nalgún dos aspectos que foren desenvolvidos pola
comunidade educativa, discriminación por xénero.
Capítulo segundo
Medidas
contra a pobreza Artigo 7. Salario social,
axudas en situación de emerxencia social e programas integrais de desenvolvemento
comunitario.
Os artigos 1, 2, 3, 5,7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16,
título da sección,17, 18, 19, 20, 21, 24, 25, 29, 30, 31, 32 e s.
da Lei 9/91, modificada pola Lei 1/99 de medidas básicas para a inserción
social, que, por medio da presente lei, pasará a denominarse Lei do salario
social da Galiza, quedarán redactados do seguinte xeito: Artigo1.
A presente lei ten por obxecto a creación e o desenvolvemento dun
conxunto coordinado de medidas orientadas á loita contra a pobreza e a
violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galiza e á
reinserción social e/ou laboral das persoas afectadas polas diferentes
formas de exclusión e marxinación social.
Artigo 2.
O plano de loita contra a pobreza incorpora ao sistema de servizos sociais
da comunidade autónoma de Galiza os seguintes programas: 1. Salario
social de Galiza. 2. Axudas para situacións de emerxencia social. Artigo
3. O Salario social de Galiza e as axudas para situacións de emerxencia
social configúranse como dereitos recoñecíbeis a toda persoa
que reunir os requisitos e as condicións que esixe a presente lei e segundo
os preceptos que nela se conteñen. Artigo 4. O desenvolvemento
e a aplicación da presente lei corresponderán aos órganos
competentes da administración autonómica en colaboración
cos concellos, con arranxo ao disposto nos artigos seguintes.
Artigo 5. Corresponde á consellaría competente en materia
de servizos sociais e á Consellaría da Muller, o exercicio das seguintes
funcións: 1. Elaboración das normas de desenvolvemento
da presente lei. 2. Control e avaliación xeral da aplicación
das medidas contempladas na presente lei, sen prexuízo do establecido no
capítulo VIII do título I. 3. A concesión, a modificación,
a suspensión, a extinción, a denegación e o pagamento do
Salario social de Galiza e das axudas para situacións de emerxencia social.
4. A proposta dos programas que se incluirán no anteproxecto dos orzamentos
xerais da Comunidade Autónoma de Galiza. 5. A potenciación
da rede de servizos sociais de atención primaria precisos para a eficaz
aplicación das medidas reguladas na presente lei, sen prexuízo do
que se establece no artigo seguinte. 6. A elaboración dos estudos
de pobreza, das súas causas e da súa localización social
e territorial, así como das súas causas e consecuencias facendo
especial incidencia na feminización da pobreza e a vulnerabilidade que
xera a respecto da violencia de xénero, que permitan a realización
dun mapa de pobreza na Galiza e a súa actualización. 7.
A proposta de convenios con outras comunidades autónomas que permitan o
mantemento de dereitos adquiridos ou en curso de adquisición por persoas
beneficiarias veciñas das respectivas comunidades autónomas en virtude
do principio de reciprocidade.
Artigo 6. Corresponde aos
concellos da Comunidade Autónoma de Galiza o exercicio das seguintes funcións:
1. En cooperación coa Xunta de Galiza, as deputacións
provinciais e os órganos competentes da administración xeral do
Estado, implantar e desenvolver os servizos sociais de atención primaria
precisos para a aplicación do disposto na presente lei, de acordo coa lexislación
vixente na materia. 2. Cooperar coa Xunta de Galiza na aplicación
da presente lei nos termos que nela se establecen. 3. Mellorar,
con cargo aos orzamentos, as axudas para situacións de emerxencia social,
de acordo coas condicións que se establecen no título segundo, sen
prexuízo de que poidan celebrar convenios coa Xunta de Galiza co fin de
asumir a súa xestión única, tras a transferencia dos créditos
que lles corresponderen. Título I. DO SALARIO
SOCIAL DE GALIZA.
Capítulo I. DISPOSICIÓNS
XERAIS. Artigo 7.
1. O Salario social de Galiza
configúrase como unha prestación social que se destina a garantir
recursos económicos de subsistencia a quen carecer deles, así como
a acadar a súa autonomía e a súa integración normalizada. 2.
O Salario social de Galiza, como a prestación económica, terá
carácter alimenticio, persoal e non transmisíbel, e no poderá
ser obxecto de embargo ou retención. Así mesmo, terá carácter
subsidiario e complementario de calquera outro ingreso ou outra prestación
de acordo co que se establece nos artigos 12 e 14 da presente lei.
Artigo 8.
1. As persoas perceptoras de pensións ou de axudas
de carácter público, contributivas ou non contributivas, só
terán dereito, sempre que cumpriren todos os requisitos que se establecen
na presente lei, ao acceso a esta prestación con carácter complementario
da que perciban. 2. Non obstante, terán tamén dereito
ao subsidio básico e ao complemento variábel aquelas persoas que,
por teren cargas familiares, tiveren dereito a prestacións de protección
á familia, de acordo coa lexislación en vigor nos termos que se
establecen no 3. Igualmente poderán acceder á prestación,
e poderán obter as prestacións que se sinalan no número 1
do presente artigo, quen non exercitar as accións pertinentes para o seu
recoñecemento. Capítulo II. DAS PERSOAS
BENEFICIARIAS.
Artigo 9 1. Poderán ser beneficiarias
do Salario social de Galiza, nas condicións previstas que se prevén
na presente lei, aquelas persoas que reuniren os seguintes requisitos:
A. Ter residencia efectiva en calquera dos municipios da Comunidade
Autónoma Galega, no momento da formulación da solicitude. O
cumprimento do requisito de residencia efectiva poderá acreditarse do seguinte
xeito: * Por certificación dunha entidade sen ánimo
de lucro con personalidade xurídica e de coñecido carácter
social. * Por declaración xurada dunha persoa que residir
e se atopar empadroada no municipio da Comunidade Autónoma Galega onde
se realizar a solicitude da prestación, sen que, en ningún caso,
poida denegarse o salario social a cidadás ou cidadáns doutros estados
polo feito de non poderen optar a un permiso de residencia. B.
Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada economicamente
á persoa solicitante. C. Que foren maiores de idade..
D. Dispor duns recursos inferiores á contía da prestación
económica do Salario social de Galiza que lles correspondese considerando
a súa situación económica e familiar de acordo cos artigos
12 e 14 da presente lei. E. Que non existiren persoas legalmente obrigadas
e con posibilidade real de prestárenlles alimentos de acordo coa lexislación
civil. Eximirase deste requisito aquelas persoas solicitantes de que se prevea
que a obrigación de alimento non poida facerse efectiva por malos tratos,
por relacións familiares deterioradas ou inexistentes, de que exista constancia
no expediente. Non obstante, considerase que non teñen a obriga
de prestar alimentos as persoas con parentesco coas solicitantes que, en atención
ás circunstancias socioeconómicas que concorreren, non poden facer
fronte ou atender ás necesidades básicas da unidade familiar solicitante
sen desatenderen as propias necesidades ou as dos familiares ao seu cargo. As
circunstancias constarán claramente no informe social que corresponder. 2.
Para os efectos do disposto no presente artigo, enténdese por residencia
efectiva aquela en que habitar a persoa solicitante no momento de facer a solicitude
da prestación. Artigo 10. 1. Concederanse tantas
prestacións de salario social de Galiza por unidade de convivencia independentes
como foren necesarias atendendo aos factores económicos e sociais previstos
na presente lei.
2. Para os efectos que se prevén na presente
lei, considerarase unidade de convivencia independente as persoas que viviren
soas, e, no seu caso, ao conxunto de persoas que conviviren no mesmo marco físico
e se atoparen vinculadas coa persoa solicitante por matrimonio ou calquera outra
forma de relación afectiva estábel, con independencia da opción
sexual, por adopción ou acollemento ou por parentesco de consanguinidade
ou afinidade até o cuarto e segundo grado respectivamente. 3.
Non obstante o anterior, cando nunha unidade de convivencia existiren persoas
con menores ao seu cargo, considerarase que constitúen unha unidade de
convivencia independente. 4. A unidade de convivencia independente
beneficiaria non perderá esta condición cando por causa de forza
maior, accidente ou desafiuzamento se vir na obriga de residir con outra. 5.
Regulamentariamente determinaranse os supostos do marco físico de residencia
colectiva que puideren ser considerados unidade de convivencia independente para
os efectos deste artigo. Capítulo III. DAS PRESTACIÓNS.
SECCIÓN
I. PRESTACIÓNS ECONÓMICAS. Artigo 11.
A
prestación económica Salario social de Galiza estará integrada
por un subsidio básico e un complemento variábel en función
das persoas que compuxeren a unidade de convivencia independente e a súa
situación económica e social. Artigo 12.
1.
A contía do subsidio básico será equivalente ao importe mensual
do salario mínimo interprofesional, fixada na lexislación específica
que resultar de aplicación. 2. A contía do complemento
variable, en función do número de membros da unidade de convivencia
independente, quedará fixada anualmente nos orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma para cada exercicio. 3. O importe que percibirá
cada persoa beneficiaria estará constituído pola diferenza entre
a contía mensual do Salario social de Galiza, que con arranxo ao presente
artigo lle corresponder, e á dos recursos económicos de que dispoña,
computados de acordo co artigo 14, e non poderá en ningún caso superar
o duplo da contía do salario mínimo interprofesional.
Artigo 13.
(Suprímense os puntos 1. 2. e 3 referentes ao complemento
de inserción) Artigo 14.
Para os efectos
que se prevén na presente lei, entenderanse como recursos económicos
o conxunto de ingresos de que dispoña a unidade de convivencia independente,
que se computarán do seguinte xeito: 1. O total de
ingresos correntes regulares que percibir, no mes anterior à formulación
da solicitude, a persoa solicitante ou persoas que constituíren a unidade
de convivencia en concepto de retribucións, de rendas, de pensións,
de prestacións, de axudas, de subsidios ou por calquera outro.
2. Os ingresos irregulares, tanto na súa contía como na súa
periodicidade, pola media dos que obtivese durante os seis meses anteriores á
formulación da solicitude. En todo caso non se considerarán
como ingresos aquelas contribucións esporádicas que unicamente resulten
un complemento de supervivencia. 3. As cantidades percibidas
en concepto de pagamento único, así como os depósitos bancarios,
contas correntes, de aforro, dereitos de crédito ou similares, na forma
que se establece no punto 2 4. Igualmente, terán a consideración
de recursos económicos os bens móbeis ou inmóbeis sobre os
que se posúa un dereito de propiedade, de posesión, de usufruto
ou calquera outro que, polas súas características, a súa
valoración, a posibilidade de exploración ou de venda, indiquen
a existencia de medios suficientes para a subsistencia dos membros da unidade
de convivencia, excepción feita da vivenda destinada a uso da mesma, sempre
que a súa valoración catastral non supere en dez anualidades o salario
mínimo interprofesional vixente. 5. Regulamentariamente
estabeleceranse os ingresos de carácter finalista, que serán excluídos
do cómputo para os efectos do que se prevé no presente artigo.
6. Eximirase deste requisito aquelas persoas solicitantes que ostenten
a titularidade de determinados bens e dereitos que non se poidan facer efectivos
por ser froito de relacións familiares ou conxugais deterioradas ou inexistentes,
ou medie denuncia por maos tratos, das que exista constancia no expediente.
Artigo 15. A persoa beneficiaria terá dereito a percibir a prestación
económica do Salario social de Galiza desde o día primeiro do mes
seguinte a aquel en que se ditar a resolución.
A resolución
que conceder ou que denegar a solicitude haberá de ditarse no prazo máximo
de tres meses que se contarán a partir do día de rexistro da petición
inicial. Se transcorreren tres meses sen se ditar a resolución, concederase
a prestación provisionalmente, en tanto non se resolver definitivamente
a solicitude, sempre que a demora non se deba a causa imputábel á
solicitante e á solicitude se xuntasen os documentos a que fai referencia
o punto 1 do artigo 24 da presente lei. Artigo 16.
O
pagamento das prestacións económicas realizarase á persoa
solicitante por mensualidades vencidas na forma que regulamentariamente se establecer.
SECCIÓN II Promoción do emprego.
Artigo 17.
1.
Co fin de impulsar medidas de apoio ao emprego a Xunta de Galiza, regulamentariamente,
estabelecerá os termos e as condicións polos que se rexerán
as axudas e as subvencións ás entidades públicas ou privadas
que criaren postos de traballo e empregos para actuacións de interese social
ou cultural 2. En todo caso, o regulamento haberá de contemplar
os seguintes extremos: 2.1. A remuneración salarial e demais
condicións de traballo axustaranse á lexislación laboral
vixente e constituiranse as entidades subvencionadas en empresarias (empresas
de economía social) respecto ás persoas traballadoras contratadas
de conformidade destas medidas. 2.2. Os contratos haberán de ser
de xornada completa ou de media xornada, terán unha duración mínima
de seis meses e non haberán de supor unha redución do plantel habitual
na entidade contratante. 2.3. As persoas beneficiarias contratadas conforme
a esta medida causarán baixa como perceptoras da prestación económica
do salario social de Galiza durante o tempo da contratación e, sempre e
cando se superaren os criterios económicos que se contemplan na presente
lei. 3. Cando as entidades subvencionadas sexan corporacións
locais haberán de cumprir os seguintes requisitos: 3.1. Ter
implantados servizos sociais comunitarios ou ter subscrito concerto para a súa
implantación. 3.2. Cumprir as disposicións vixentes en
materia laboral, de Seguranza Social e de seguranza e de hixiene no traballo.
3.3. Aportar unha persoa responsábel da dirección das tarefas,
así como dos recursos materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades. 4.
Cando as actividades que se subvencionen foren de iniciativa social haberán
de cumprir os seguintes requisitos: 4.1. Estaren inscritas no Rexistro
de asociacións e outras entidades de iniciativa social da Xunta de Galiza.
4.2. Cumprir as disposicións vixentes en materia laboral, de Seguranza
Social e de seguranza e de hixiene no traballo. 4.3. Aportar unha persoa
responsábel da dirección das tarefas, así como dos recursos
materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades.
Artigo 18.
Sen prexuízo do que se establece nos artigos anteriores,
a Xunta de Galiza, a través da consellaría competente en materia
de servizos sociais ou, no seu caso, da Consellaría da Muller, para a execución
dos proxectos de promoción do emprego descritos nesta sección, poderá
asinar convenios de colaboración con asociacións ou con entidades
de iniciativa social. SECCIÓN III. DURACIÓN DAS
PRESTACIÓNS.
Artigo 19.
1. O Salario social
de Galiza será concedido á persoa beneficiaria en tanto subsistiren
as causas que motivaron a súa concesión. 2. A revisión
das condicións da súa concesión e a avaliación dos
resultados que se acaden efectuaranse cada doce meses. A resolución decidirá
sobre a renovación, a modificación ou a extinción, sen prexuízo
do que se establece nos artigos 23 e 32 da presente lei. 3. A prestación
entenderase prorrogada en defecto de resolución expresa.
Capítulo IV. DAS OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS.
Artigo 20. As persoas beneficiarias da prestación do Salario social
de Galiza quedan obrigadas a:
1. Destinaren o importe da
prestación para o fin para o que se concede. 2. Escolarizaren
os e as menores a seu cargo que estean en idade escolar obrigatoria e garantiren
a súa asistencia ao centro de ensino que corresponda. A súa
asistencia acreditarase debidamente. 3. Non exerceren a mendicidade
nin a prostitución, nin inducir ou compeler á práctica de
calquera delas a ningún membro da unidade de convivencia. 4. Comunicaren
as variacións que sobreveñan que, de conformidade coa presente lei,
puidesen dar lugar á modificación, á suspensión ou
á extinción da prestación. 5. Exercitar cando
o órgano competente para a resolución o estimar conveniente, á
vista dos informes operantes no expediente e no prazo que se establecer na correspondente
resolución, calquera dereito económico que puider corresponderlles
segundo a lexislación vixente. Capítulo V.
DA TRAMITACIÓN.
Artigo 21.
1. O recoñecemento
da prestación do Salario social de Galiza realizarase tras a solicitude
da persoa interesada, mediante a presentación no seu concello dos modelos
normalizados polas consellarías competentes, ao que haberá acompañar
os documentos necesarios para xustificar o cumprimento dos requisitos que se establecen
no artigo 9. Ao mesmo tempo e xunto coa solicitude da prestación
so Salario Social de Galiza, a persoa interesada deberá facer constar a
súa autorización para que o órgano de resolución poida
verificar a certeza dos dados que alegar en calquera organismo público 2.
As entidades locais, a través das equipas técnicas dos servizos
sociais de atención primaria municipais correspondentes, elaborarán
un informe social en que se valorar a procedencia, ou non, da aplicación
da prestación do salario social de Galiza, e que atenda á situación
económica e social da persoa solicitante. 3. O informe sinalado
no punto anterior incluirá unha valoración sobre as posibilidades
de inserción social e/ou laboral e indicará, neste último
suposto, que centros ou que institucións adecuados existen no contorno
da persoa beneficiaria. Así mesmo, destacará cantos dados se estimaren
pertinentes para pór de manifesto a existencia dunha unidade de convivencia
independente; o número de persoas que conviven, xunto coa información
sobre minusvalías que puideren afectar a algún dos seus membros,
e a descrición do fogar e posíbel existencia de persoas ou familiares
con obriga legal e posibilidade real de prestación de alimentos e as circunstancias
relevantes que poidan afectar a esa relación familiar (denuncias por malos
tratos, separacións de feito, inexistencia de relación familiar
etc). 4. A proposta do proxecto de promoción do emprego que
se prevé no artigo 20 da presente lei, haberá de contar co consentimento
da persoa interesada ou, en caso contrario, coas razóns que ela invoque
para o seu rexeitamento. 5. O concello de residencia, no prazo dun
mes desde a recepción da solicitude, remitirá os informes, a proposta
de resolución e a restante documentación necesaria para poder continuar
a tramitación do expediente á delegación provincial da consellaría
competente en materia de servizos sociais, para a súa cualificación
e posterior resolución. Se non se remitir no prazo que se sinala, dado
o carácter determinante para a resolución do procedemento, sen prexuízo
da responsabilidade en que incorre o responsábel da demora, quedará
interrompido o prazo para resolver o expediente, de conformidade co que se prevé
no artigo 83.3 da Lei de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común. 6.
Excepcionalmente, naqueles casos en que a situación da persoa beneficiaria
o fixer imprescindíbel, poderá realizar a solicitude ao seu nome
o propio concello. Artigo 22.
Tanto a nivel autonómico
como en cada delegación provincial da consellaría competente en
materia de servizos sociais e de Muller, constituiranse con carácter permanente
unidades técnico-administrativas de apoio ao órgano de resolución
coa composición e coas funcións que regulamentariamente se determinaren.
Artigo 23
Os órganos competentes para a resolución
poderán comprobar, a través dos organismos públicos e privados
correspondentes, a veracidade dos datos que operen no expediente. Artigo
24. Garántese a confidencialidade dos dados que se obteñan
na tramitación dos expedientes, de conformidade coa lexislación
vixente. CAPÍTULO VI. DA CONCESIÓN PROVISIONAL,
A MODIFICACIÓN, A SUSPENSIÓN E A EXTINCIÓN.
Artigo 25.
1. Cando o órgano competente impoña á
persoa beneficiaria ou a calquera dos membros da unidade de convivencia independente
a obriga que se sinala no artigo 23.6 da presente lei, haberá de informarlles
sobre os dereitos que lles asistan e os trámites necesarios para a interposición
da correspondente demanda ou execución de sentenza. 2. No
suposto de que a demanda prosperar, polo órgano competente ditarase a oportuna
resolución que modifique ou que extinga, no seu caso, o dereito á
renda. Ao mesmo tempo a persoa beneficiaria, a partir da execución da sentenza,
virá obrigada a devolver unha contía igual a que obtivese até
o límite da prestación económica da renda do Salario social
de Galiza que viñese percibindo. Non obstante, poderá acordarse
o pagamento aprazado ou incluso a condonación desta obriga, en función
das circunstancias económicas que concorreren na persoa beneficiaria.
Artigo 26.
A modificación sobrevida do número de membros
da unidade de convivencia ou dos recursos económicos que serviron de base
para o cálculo da prestación económica do Salario social
de Galiza dará lugar á minoración ou ao aumento que proceda
a partir do mes seguinte a aquel en que tiver lugar. A comunicación destas
circunstancias farase a través dos servizos sociais de atención
primaria correspondentes. Artigo 27.
1. Cando os
recursos económicos, que se computen de acordo co artigo 14, superaren,
en cómputo mensual, por un período inferior a seis meses, a prestación
económica da renda do salario social de Galiza correspondente en cada caso,
suspenderase o seu abono e reiniciarase a instancia da persoa beneficiaria cando
decaian as circunstancias que o motivaron. 2. Igualmente, será
causa de suspensión a imposibilidade sobrevida, por parte da persoa beneficiaria,
de cumprir as obrigas que asumise ou que sexa declarada legalmente incapacitada.
Neste suposto, en función das circunstancias que concorreren, poderá
acordarse o abono da prestación a outro membro da unidade de convivencia,
modificando, se proceder, a súa contía mentres subsistiren as causas
citadas. Artigo 28. 1. As prestacións do Salario
social de Galiza extinguiranse por: 1.1. A perda dalgún
dos requisitos esixidos para o seu recoñecemento, sen prexuízo do
que se establece no punto 1 do artigo anterior. 1.2. O falecemento
da persoa beneficiaria, suposto en que será de aplicación o disposto
no punto 2 do artigo 31, mentres tramitar nova solicitude outro membro da unidade
de convivencia independente. 1.3. O incumprimento das obrigas
que se prevén no artigo 23 da presente lei por causas imputables á
persoa beneficiaria. 1.4. O mantemento das causas que deron lugar
á suspensión cautelar que se contemplan no artigo 31 por tempo superior
a seis meses. 1.5. A ocultación, o falseamento de dados
ou calquera outra actuación fraudulenta dirixida a obter ou a conservar
a prestación económica, sen prexuízo do que se dispón
no artigo 392 do Código Penal. 1.6. O traslado da súa
residencia efectiva a un municipio que non estea comprendido no territorio da
Comunidade Autónoma de Galiza, salvo que se produza a circunstancia sinalada
no artigo 5.g) da presente lei. 2. Nos supostos en que a extinción
do dereito se producise en virtude do incumprimento das obrigas que se establecen
nos apartados 1, 2 e 3 do artigo 23 ou en virtude do que se establece na letra
e) do apartado 1 anterior, por causa imputábel á persoa beneficiaria,
non poderá recoñecérselle un novo dereito á prestación
do Salario social de Galiza até que transcorran dous anos desde a data
en que se ditase a resolución da extinción do dereito. 3.
A extinción terá efectos económicos desde o día primeiro
do mes seguinte a aquel en que se producisen os motivos que a provocasen. As cantidades
que, no seu caso, percibisen indebidamente as persoas beneficiarias haberán
de ser reintegradas ou, no seu caso, poderán ser compensadas con cargo
a futuros dereitos á prestación de Salario social que puidesen serlles
recoñecidos. 4.Porén, poderá recoñecerse
un novo dereito á prestación do Salario social de Galiza se durante
o transcurso do período de dous anos a que se refire o apartado 2 anterior
concorresen circunstancias que agraven a situación de exclusión
social da persoa interesada e/ou a situación de desestruturación
social e/ou familiar da unidade de convivencia en que esta se integra, debidamente
acreditadas polos servizos sociais de atención primaria do seu municipio
de residencia. Capítulo VII. DA IMPUGNACIÓN.
Artigo 29.
Contra as resolucións ditadas polos delegados ou
delegadas provinciais poderá interporse, no prazo dun mes, un recurso ordinario
ante as persoas titulares das consellarías competentes en materia de servizos
sociais ou de Muller, segundo proceder. Artigo 30.
1.
O recurso poderá interporse ante o órgano que ditase a resolución
ou ante o órgano competente para o resolver, de acordo co que se prevé
no artigo 116 da Lei de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común. 2.
Se o recurso se presentar ante o órgano que ditou a resolución,
este deberá remitilo ao competente, xunto co expediente e o seu informe,
no prazo de dez días. 3. Se a resolución for estimatoria
do recurso, os seus efectos económicos retrotraeranse á data de
resolución inicial denegatoria, nos termos que son fixados polo artigo
15 da presente lei. 4. A resolución do recurso ordinario porá
fin á vía administrativa. Capítulo VIII.
DOS ÓRGANOS DE CONTROL E DE SEGUIMENTO.
Artigo 31.
Como
órganos superiores de controlo e seguimento da aplicación da prestación
do Salario social de Galiza constitúese unha mesa en cada provincia e outra
a nivel autonómico. Artigo 32.
1. En cada
unha das provincias da Comunidade Autónoma, presidida polos delegados ou
delegadas provinciais das consellarías competentes en materia de servizos
sociais e de Muller, constituirase unha mesa que estará integrada por:
*Sete representantes da Administración Autonómica.
*Sete representantes das centrais sindicais máis representativas
a nivel autonómico. *Sete representantes das organizacións
empresariais no mesmo ámbito. *Dous representantes dos
concellos da Comunidade Autónoma. *Dúas representantes
da Comisión Autonómica da Muller. Regulamentariamente
determinarase o xeito de designación dos representantes dos concellos e
a periodicidade das reunións, e aportarán a Administración
os dados globais que se derivaren da aplicación do programa. 2.
Serán funcións das mesas o control e o seguimento estatístico,
tanto dos procesos de concesión da prestación do Salario social
de Galiza como da correcta aplicación das medidas de fomento de emprego
que se consideran na presente lei. 3. Ás reunións das
mesas poderán asistir, tras a petición de calquera das partes, representantes
das asociacións e doutras entidades de iniciativa social que colaboraren
co programa, que participarán nas mesmas con voz mais sen voto. As
actas das sesións que celebraren estas mesas serán remitidas à
Mesa autonómica a que se refire o artigo seguinte. Artigo
33.
1. A nivel autonómico constituirase unha mesa que estará
presidida polas persoas titulares das consellarías competentes en materia
de servizos sociais e Muller ou polas persoas en que delegaren, con igual representación
e igual sistema de designación que as mesas provinciais, que se reunirá
con periodicidade trimestral. 2. Serán funcións desta
mesa o control e a avaliación global dos resultados da execución
do programa, así como a formulación de observacións e de
propostas de modificación que axudaren a o mellorar. 3. Ás
reunións desta mesa poderán asistir, a petición de calquera
das partes, representantes das asociacións e outras entidades de iniciativa
social colaboradoras no programa, que participarán nelas con voz mais sen
voto, naqueles temas directamente relacionados coas súas actividades. 4.
A Administración Autonómica facilitará a esta mesa a documentación
necesaria, así como as actas das sesións que celebraren as mesas
provinciais de control e de seguimento. 5. Deberá ser oída
a mesa con anterioridade á aprobación da documentación necesaria,
así como das actas das sesións que celebraren as mesas provinciais
de control e de seguimento. 6. A Mesa elaborará as súas
propias normas de funcionamento. Artigo 34.
Os
acordos destas mesas adoptaranse por maioría absoluta dos membros presentes.
Artigo 35.
As mesas terán un secretario ou unha secretaria,
con voz mais sen voto, que será designado/a polo delegado/a provincial
ou pola conselleira/o, segundo proceder, de entre o funcionariado adscrito á
súa consellaría. Título II. DAS AXUDAS
PARA SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL.
Capítulo I.
OBXECTO E NATUREZA. Artigo 36.
1. O obxecto do
presente título é o estabelecemento de axudas económicas
de pagamento único, destinadas a paliar necesidades extraordinarias e urxentes
de persoas afectadas por situacións de emerxencia. 2. As axudas
para situacións de emerxencia social constitúense como o segundo
programa dentro do conxunto coordinado de medidas consideradas no título
preliminar da presente lei. Artigo 37.
Estas axudas
poderán ser complementarias nos casos en que se considerar oportuno, en
virtude da situación socioeconómica e familiar que se reflicta nos
informes pertinentes. Capítulo II. DOS REQUISITOS.
Artigo 38.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas
que se atoparen nas situacións a que fai referencia o artigo 41 e reuniren
os requisitos seguintes: 1. Seren maior de idade. 2. Teren
residencia efectiva en calquera dos municipios da Comunidade Autónoma Galega,
segundo o previsto no artigo 9 da presente lei. 3. Non dispor de ingresos
suficientes para afrontar os gastos que se derivaren da situación de emerxencia. Artigo
39. Para os efectos do que se prevé no presente título
considéranse situacións de emerxencia social* aquelas que orixinaren
gastos extraordinarios para cubriren necesidades específicas de carácter
básico e urxente que non foren cubertas polos diferentes sistemas de protección.
Artigo 40.
1. Considéranse ingresos insuficientes, para os
efectos da aplicación desta medida, aqueles que, que foren obtidos polos
membros da unidade de convivencia independente en concepto de rendas, de retribucións,
de pensións ou por calquera outro título, agás os de carácter
finalista que estean dirixidos á formación regulada, e non foren
superiores ao 125 % do importe del subsidio básico máis o complemento
familiar da prestación do Salario social de Galiza que, segundo o que se
dispón no artigo 12, puntos 1 e 2 da presente lei, lles corresponderían
en cómputo mensual. 2. Non poderá concederse esta axuda
cando as persoas solicitantes ou calquera membro da unidade de convivencia independente
foren propietarios ou usufrutuarios de bens móbeis ou inmóbeis que,
polas súas características, a súa valoración, a súa
posibilidade de venda ou calquera forma de explotación, indicaren, de forma
notoria, a existencia de medios materiais suficientes para atenderen aos gastos
obxecto destas axudas, sempre e cando a titularidade deses bens ou deses dereitos
puider facerse efectiva de xeito inmediato e real, contemplándose a exención
deste requisito para as persoas solicitantes que se atopen nas circunstancias
previstas no art. 14.6 da presente lei. Capítulo III.
DA CONTÍA.
Artigo 41.
1. A contía
das axudas estabelecerase para cada caso concreto en función das circunstancias
e das previsións dos gastos que ocasionaren a situación de emerxencia. 2.
Regulamentariamente estabeleceranse as normas que determinen a contía da
axuda de emerxencia social para cada caso concreto. Capítulo
IV. DA TRAMITACIÓN.
Artigo 42.
1. A
tramitación das axudas será iniciada pola persoa interesada mediante
presentación de solicitude, en instancia normalizada, no seu concello de
residencia, xunto cos documentos acreditativos da veracidade dos dados que se
alegaren. 2. Sen prexuízo do sinalado no apartado anterior,
a persoa interesada haberá de xuntar á solicitude:
2.1. O orzamento dos gastos para os que solicita a axuda. 2.2.
A xustificación doutras subvencións ou doutras axudas que
se concederen polo mesmo concepto, ou declaración xurada de non percibilas. 2.3.
Elaborarase, após visita domiciliaria, un informe polos servizos comunitarios
en que, na medida do posible, se constatar: 2.3.1. A veracidade
das circunstancias que alegar persoa solicitante como orixinadoras da situación
de emerxencia. 2.3.2. A situación de necesidade que determinar
a incapacidade económica. 2.3. 3. A adecuación e
a proporcionalidade entre o que se solicitar e a necesidade que se describir.
Artigo 43.
Corresponde aos concellos, a través dos servizos
sociais de atención primaria, a recepción, a instrución,
a proposta de resolución e o traslado do expediente á delegación
provincial que corresponder, así como o seguimento e o control das axudas
que se concederen. Artigo 44.
Corresponde ás
delegacións provinciais das consellarías competentes en materia
de servizos sociais e de Muller resolver no prazo dun mes sobre a concesión
ou a denegación da axuda, así como sobre a súa contía,
unha vez remitida a totalidade de cantos documentos integraren o oportuno expediente
por parte do concello de procedencia, sen prexuízo do que se establece
no artigo 6.c) da presente lei. Artigo 45.
A Xunta
de Galiza resérvase a facultade de efectuar o pagamento da axuda directamente,
e no nome da persoa beneficiaria, á persoa, á entidade ou á
empresa que realizar a prestación ou os servizos en favor dela, naqueles
casos en que o considerar conveniente o órgano de resolución, co
fin de garantir a súa aplicación finalista. Capítulo
V. DA IMPUGNACIÓN.
Artigo 46.
En
materia de recursos haberá que estar ao disposto nos artigos 33 e seguintes
da presente lei para á prestación do Salario social de Galiza.»
Título III. PROGRAMAS DE DESENVOLVIMENTO INTEGRAL COMUNITARIO.
Capítulo
I. OBXECTO. Artigo 47.
O presente Título
ten por obxecto o estabelecemento das bases dunha actuación integrada e
multisectorial dos diversos departamentos da Xunta de Galiza, que tenda a eliminar
as bolsas de pobreza urbano ou rural que existen no territorio desta comunidade
autónoma, así como criar as condicións necesarias para evitar
a aparición das distintas formas de marxinación social.
Capítulo II. DA COMISIÓN INTERDEPARTAMENTAL DE LOITA CONTRA
A POBREZA E A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Artigo 48.
Créase
a Comisión interdepartamental de loita contra a pobreza e a violencia de
xénero, cuxa composición e cuxas funcións se estabelecen
no presente capítulo. Artigo 49.
Son funcións
da Comisión interdepartamental de loita contra a pobreza e a violencia
de xénero: 1. A elaboración e a elevación
de propostas ao consello da Xunta de Galiza sobre medidas xerais que favorezan
a remoción de cantos obstáculos impediren ou dificultaren a integración
social das persoas máis desfavorecidas, e poderá deseñar,
para tal fin, medidas concretas de discriminación positiva, como as seguintes:
* A preferencia das persoas beneficiarias da prestación do Salario social
de Galiza para o acceso ás axudas públicas dirixidas a satisfacer
necesidades básicas: a vivenda, a alimentación, o transporte e outras.
* A preferencia das persoas beneficiarias da prestación
do Salario social de Galiza para o acceso aos servizos públicos xestionados
pola Xunta de Galiza, dentro dos diferentes subsistemas de benestar social.
* O estabelecemento dunha liña de axudas tendentes a previr
a marxinación das persoas internadas en centros de menores cando cumpriren
a maioría de idade. * A preferencia no acceso ao aproveitamento
de parcelas agrícolas procedentes dun banco de terras que, no seu día,
puider criar a consellaría competente na materia. *
A preferencia no acceso ás vivendas de protección oficial que, no
seu día, puider destinar a consellaría competente. O estudo e a
aprobación previa, no seu caso, de programas integrados, locais ou comarcais,
de erradicación da pobreza e da violencia de xénero, que poidan
propor as diversas instancias do sistema público de servizos sociais ou
as asociacións e outras entidades de iniciativa social, para a súa
elevación ao Consello da Xunta de Galiza. 2. A estimación
dos gastos que xeraren as medidas propostas, así como a súa distribución
entre as distintas consellarías implicadas e a elevación ao Consello
da Xunta de Galiza da proposta de inclusión destes no proxecto de orzamentos
para o exercicio correspondente. 3. A avaliación das medidas
que se adoptaren, o seguimento da súa aplicación e a proposta das
modificacións oportunas tendentes á súa mellora ou ao seu
perfeccionamento. 4. Solicitar dos órganos competentes
da Xunta de Galiza canta información for precisa para o desempeño
das súas funcións. 5. Cantas outras de análoga
natureza lle puider atribuír o Consello da Xunta de Galiza.
Artigo 50.
1. A Comisión interdepartamental de loita contra
a pobreza e a violencia de xénero estará integrada por representantes
de todas as Consellarías da Xunta de Galiza, designados polos seus titulares
de entre os altos cargos do departamento. 2. A súa presidencia
corresponderá ao presidente da Xunta de Galiza, e serán vicepresidentes
os titulares das Consellarías competentes en materia de servizos sociais
e de Muller. Artigo 51.
Para o exercicio das súas
funcións e a consecución dos seus obxectivos, a Comisión
poderá propor á Xunta de Galiza o estabelecemento de convenios de
cooperación e de colaboración con entidades públicas e privadas,
restrinxindo, a colaboración coas entidades privadas, ao previsto no Capítulo
III da Sección II da presente lei. Artigo 52.
1.
Créanse a nivel comarcal equipas técnicas de desenvolvemento integral
comunitario, dependentes organicamente das consellarías competentes en
materia de servizos sociais e de muller, que terán por obxecto a posta
en práctica de proxectos comarcais e locais de dinamización socioeconómica,
cun marcado carácter de prevención da pobreza e da violencia de
xénero, en que se fagan efectivas as decisións que se adoptaren
na Comisión interdepartamental de loita contra a pobreza e a violencia
de xénero. 2. Serán funcións básicas
destes equipas, entre outras, as seguintes: * A análise
das causas da marxinación e do subdesenvolvemento socioeconómico
en cada localidade, así como das circunstancias que determinan os perfís
sociais e culturais dos colectivos que sofren a marxinación da súa
comarca. * A elaboración e a execución de proxectos
integrais de actuación, tecnicamente homologados e operativos, de carácter
interdepartamental, interadministrativo e comunitario, orientados á promoción
e á inserción social das persoas marxinadas. * A
coordinación para a posta en práctica deses proxectos da administración
local e autonómica, dos diferentes sistemas públicos de benestar
social e das institucións e entidades de iniciativa social con presenza
activa na comarca, constituíndo, se proceder, unha coordinadora comarcal
de loita contra a pobreza e a violencia de xénero. A elevación á
comisión interdepartamental de loita contra a pobreza e a violencia de
xénero de cantas propostas de actuación sobre medidas operativas
se consideraren necesarias para apoiar os proxectos integrais de actuación.
* Cantas outras se consideraren oportunas e procedentes para a prevención
da marxinación e a violencia de xénero e para a inserción
social das persoas socialmente excluídas, no ámbito comarcal, dentro
dos obxectivos que marca esta lei. 3. A composición, a distribución
e a dotación destas equipas técnicas será determinada regulamentariamente.
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA. A contía do complemento
variable, en función do número de membros que compoñen a
unidade de convivencia, da prestación económica do Salario docial
de Galiza estabelecerase para cada exercicio na correspondente lei de orzamentos
xenerais da Comunidade Autónoma de Galiza.
DISPOSICIÓN
TRANSITORIA PRIMEIRA. 1. Autorízase á Xunta de Galiza,
durante o primeiro exercicio orzamentario de aplicación da presente lei,
para adoptar medidas para acomodar a execución do programa ás limitacións
orzamentarias, e establecer unha relación na concesión segundo os
seguintes criterios e na orde que se indica: * Inaplicación
do réxime de concesión provisional que se prevé no artigo
29.1 da presente lei. * Preferencia das persoas solicitantes que
dispoñan dun fogar independente sobre as que estean acollidas noutro fogar.
* Preferencia das persoas solicitantes con maior número de
cargas familiares sobre as restantes. * Preferencia das mulleres
vítimas de violencia de xénero. DISPOSICIÓN
TRANSITORIA SEGUNDA.
Para o obxecto de determinar coa maior precisión
posíbel o ámbito sociolóxico de aplicación das medidas
de inserción social que se regulan na presente lei, a Xunta de Galiza elaborará,
durante o ano seguinte á súa entrada en vigor, un estudo sobre a
pobreza e a violencia de xénero, segundo o que se establece no artigo 5.f).
Das conclusións deste estudo derivarase a determinación do crédito
orzamentario axustado que poña fin ao réxime transitorio do primeiro
ano. DISPOSICIÓN TRANSITORIA TERCEIRA.
As
modificacións previstas na presente lei a respecto dos diferentes órganos
de control e de seguimento realizaranse nun prazo de tres meses a partir da súa
entrada en vigor. DISPOSICIÓN DERROGATORIA. Quedan
derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría contradixeren
o disposto na presente lei, e en especial os artigos 5, 6, 7, 8, 9, 10 e 11 do
Decreto 131/1989, de 29 de xuño, polo que se regulan os servizos sociais
comunitarios. Artigo 8.- Fondo de
Garantía do Pagamento de Alimentos.
1º.- A Xunta de Galiza
garantirá o pagamento de alimentos recoñecido a favor das fillas
e dos fillos en convenio xudicialmente aprobado ou en resolución xudicial
ditada nos supostos de separación, de divorcio, de nulidade de matrimonio,
de procesos de filiación ou de alimentos. 2º.- O pagamento dos
alimentos realizarase con cargo aos Orzamentos Xerais da Comunidade e constituirase
un Fondo de garantía do pagamento de alimentos que será xestionado
pola Consellaría de Economía e Facenda. 3º.- Serán
beneficiarios e beneficiarias do Fondo os fillos e as fillas que residiren na
Comunidade Autónoma de Galiza sempre que a execución da resolución
xudicial que recoñeza e cuantifique o dereito de alimentos for competencia
dos xulgados e dos tribunais con sede no territorio da comunidade. 4º.-
Terán dereito a percibir esta prestación económica do Fondo
as persoas beneficiarias e as persoas que as teñan ao seu cargo sempre
que constituíren unha unidade familiar. 5º.- O importe da prestación
en ningún caso poderá superar o menor dos seguintes límites:
* o fixado na resolución xudicial * trescentos cincuenta euros
por filla ou fillo a cargo. 6º.- A solicitude desta prestación
deberá ser presentada na Consellería de Economía e Facenda
pola beneficiaria ou polo beneficiario ou pola persoa que a tiver ao seu cargo,
e acompañarase dos documentos que probaren a relación de convivencia,
a sentenza xudicial de dereito de alimentos e o impagamento por parte do obrigado. 7º.-
A Xunta de Galiza subrrogarase de pleno dereito, até o total resarcimento
dos pagamentos satisfeitos á persoa solicitante, nos dereitos que a axudaren
fronte a persoa obrigada ao pagamento de alimentos. A recuperación do importe
dos pagamentos realizados contra a persoa obrigada a os satisfacer, realizarase
mediante o procedemento administrativo de recargo que se prevé no Regulamento
Xeral de Recadación. 8º.- A Xunta de Galiza poderá esixir
o reembolso total ou parcial do importe das prestacións polo procedemento
que se prevé no Regulamento xeral de recadación nos seguintes supostos:
* Cando por resolución xudicial firme se declarar a inexistencia da obrigación
de alimentos. * Cando, con posterioridade á percepción
da axuda, a persoa beneficiaria reciba da persoa obrigada a prestar alimentos
o pagamento total ou parcial das cantidades adebedadas. * Cando a prestación
se obtiver fraudulentamente. En todo caso, o reembolso dos pagamentos recibidos
en calquera destes supostos será requisito imprescindíbel para a
obtención no futuro de novas prestacións e o seu importe afectarase
ao Fondo de garantía do pagamento de alimentos.
Capítulo terceiro
Da
publicidade e dos medios de comunicación na Galiza.
Artigo 9.- O regulamento da Comisión da publicidade na
Galiza reformarase para incluír a representación da Comisión
Autonómica da Muller e do SGI.
Artigo
10.- A Lei 9/1984, do 11 de xullo de creación da Compañía
de Radio-Televisión de Galiza, no seu Capítulo II, sección
2ª, artigo 7 letra l) queda redactada do seguinte xeito:
l) Ditar
normas reguladoras de emisión de publicidade a través das sociedades
da Compañía, tendo en conta o seu control de calidade, o contido
das mensaxes publicitarias, que en ningunha circunstancia poderán utilizar
os estereotipos de xénero ou unha imaxe marxinalizardora das mulleres,
para os seus obxectivos, e o axeitamento do tempo da publicidade á programación
e ás necesidades dos medios. Modifícase tamén
o capítulo II, sección 3ª consello asesor, letra c) que queda
redactada do seguinte xeito:
c) Catro vogais que representarán
respectivamente ao Consello da Cultura Galega, á Universidade, á
Comisión Autonómica da Muller e aos medios de Comunicación
(neste último caso a elección corresponde ao Parlamento).
Capítulo cuarto
Da
transversalidade nas distintas administracións Artigo11.-
A Xunta de Galiza queda obrigada pola presente lei a realizar
estudos de xénero sobre a incidencia das distintas medidas e das leis que
son aplicadas polas institucións galegas. Artigo
12.- A Xunta de Galiza queda obrigada a eliminar de todas as
súas actuacións, tanto en lingua oral como en expresión escrita,
a linguaxe sexista. Esta disposición aplicarase como obrigatoria a todos
aqueles concertos de colaboración que se asignaren coas distintas entidades
públicas ou privadas. Artigo 13.-
A Xunta de Galiza aprobará, a través da Consellería
da Presidencia, un Plano de renovación dos valores de igualdade no
tecido asociativo. Este plano terá como obxectivo promover a remodelación
de todos aqueles estatutos das distintas asociacións de ámbito galego,
que teñen formas discriminatorias para as mulleres.
TÍTULO III
MEDIDAS
DE PALIACIÓN DOS EFECTOS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Artigo 14.- Modificación do título terceiro, artigo
32 da Lei 4/1993 do 14 de abril de servizos sociais, onde se estabelece que entidades
poden ser prestadoras de servizos sociais, que quedaría redactado do seguinte
xeito:
As competencias en materia de servizos sociais corresponderanlle
aos concellos, ás deputacións e á Comunidade Autonómica. Artigo
15.- Derrogación da orde do 1 de Abril de 1997 pola que se regulan
os requisitos específicos que deberán reunir os centros de acollida
para mulleres vítimas de malos tratos. Esta orde substituirase pola
seguinte: Artigo 1. CONCEPTO
A violencia de xénero
é aquela que, con diversas formas, ten como principal obxecto as mulleres
de todas as idades; falamos entón de violencia masculina contra
as mulleres. A violencia de xénero non é un problema das
mulleres senón que é un problema para as mulleres, e
é na realidade e fundamentalmente un problema da cultura masculina/patriarcal
e dos varóns, xa que son as normas desta cultura as que propician e permiten
a violencia. Por todo isto, a prioridade nas accións preventivas-asistenciais
contra a citada violencia debe estar dirixida cara á protección
das mulleres, contribuíndo a criar as condicións necesarias para
promover que as mulleres poidan acadar unha autonomía, con capacidade de
decisión individual e colectiva. As medidas de paliación
dos efectos da violencia centraranse na creación de novos recursos sociais
que atendan á prioridade de protección, de dignificación
e de logro de autonomía das mulleres que viven calquera situación
de violencia de xénero. Artigo 2. OBXECTIVOS
Os
obxectivos que pretenderán os diferentes recursos sociais criados como
medidas de paliación dos efectos da violencia de xénero son:
* Realizar a análise da realidade que permita estabelecer un programa
xeral de actuación que der preferencia a protección das mulleres
que sofren violencia de xénero. * Visibilizar, en todas
as súas formas, a violencia de xénero, non soamente nos casos máis
graves. * Facilitar a prestación de servizos que sexan
precisos para paliar as consecuencias da violencia contra as mulleres.
* Estabelecer estratexias de intervención psicosociais que garantan
a recuperación e a mellora de saúde e da autonomía persoal
das mulleres. * Estabelecer vías de coordinación
e de colaboración co resto de servizos sociais sanitarios e educativos
para a detección de situacións de violencia de xénero, así
como a formación e intercambio de experiencias para o tratamento e detección
das situacións de violencia. * Promover o asociacionismo
entre mulleres e a formación de grupos de mulleres para favorecer así
a participación e a integración social das mulleres nos diferentes
ámbitos da sociedade . * Promover a formación específica
e continua, desde unha perspectiva de xénero, das profesionais dos servizos
de atención especializada para que poidan realizar unha abordaxe psicosocial
dos efectos da violencia de xénero nas mulleres. * Fomentar
a investigación sobre a amplitude real do problema e as situacións
culturais, sociais e persoais que xeran e perpetúan a violencia masculina
contra as mulleres. Artigo 3. OS RECURSOS: PRESTACIÓNS
E SERVIZOS
Entre os recursos sociais distinguiranse entre as prestacións
socias e os servizos de atención especializada para mulleres.
* As prestacións referiranse a todas as medidas de carácter
económico encamiñadas a paliar as situacións de desigualdade
e de precariedade que dificultaren a capacidade de decidir das mulleres que están
a vivir unha situación de violencia de xénero. Tamén inclúe
as axudas económicas dirixidas á posta en marcha de proxectos de
investigación, de intervención directa ou de sensibilización
que promova a eliminación e a erradicación da violencia de xénero
e as súas consecuencias. As prestacións serán
establecidas na planificación xeral que a Consellaría da Muller
elaborará como medidas preventivas-asistenciais contra a violencia masculina
sobre a muller. * Os servizos de atención especializada
son todos os centros que teñen como finalidade aportar axuda e asistencia
persoal directa a mulleres, cara á mobilización e ao apoio na procura
de solucións dos conflitos que se derivan da violencia de xénero,
a través do desenvolvemento dos recursos propios das mulleres. Artigo
4. CRITERIOS BÁSICOS DOS SERVIZOS DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA.
Nestes servizos de atención especializada o traballo realizarase desde
unha perspectiva de xénero baseada na análise dos roles de xénero
tradicionalmente imposto, e que sitúan a violencia como un mecanismo de
control cara á muller. A influencia do rol e da identidade de xénero
é a causa que sitúa a todas mulleres como susceptíbeis de
seren obxecto da violencia masculina, nas súas diversas formas. É
por iso que o modelo de intervención nos servizos de atención especializada
debe ter como principal finalidade, a recuperación e a aprendizaxe dunha
identidade feminina que se basea na valoración da autoridade non xerárquica
das mulleres, como a capacidade de criar e decidir desde a liberdade e a responsabilidade.
Esta valoración da autoridade non xerárquica, iniciarase coa presenza
dunha equipa de profesionais mulleres en cada un dos servizos. Todas as profesionais
contarán con actitudes e con formación especifica e autorreflexiva,
desde unha análise de xénero. Artigo 5. CLASIFICACIÓN
E DESCRIPCIÓN DOS SERVIZOS DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA. Os
servizos de atención especializada para mulleres que viven ou viviron unha
situación de violencia de xénero serán prestados nos seguintes
centros: 1. Centros de Información dos dereitos das
Mulleres (CIM). Son os servizos de atención directa individual, grupal
e comunitaria, que proporcionan información e asesoramento á poboación
feminina sobre os dereitos xurídicos e sociais, así como dos recursos
sociais dispoñíbeis para garantir estes dereitos. Estes
servizos constitúense como un espazo de referencia para as mulleres, que
viven situacións de discriminación ou de violencia de xénero,
e facilitan, por unha banda, unha atención especializada e, por outra,
o acceso aos restantes servizos de apoio para a saída de situacións
de violencia de xénero. 2. Centros de aloxamento ou
de alternativa de convivencia: * Vivendas de emerxencia.
Son os servizos que ofrecen con carácter de urxencia aloxamento temporal
as mulleres e ás súas fillas e aos fillos menores ou incapacitados
que viven unha situación de violencia de xénero. Nestes servizos
garantir a seguranza das mulleres é primordial, debido ao seu carácter
de urxencia; a estancia neste servizo será de tres días, e poderase
prorrogar por circunstancias excepcionais. Durante esta breve estancia farase
unha valoración e unha derivación cara ao recurso ou servizo máis
axeitado para as necesidades e as demandas de cada muller. * Casas
de acollida para mulleres. Son os servizos que ofrecen unha residencia temporal
a mulleres, as súas fillas e os fillos menores ou incapacitados, como alternativa
de convivencia a unha situación de violencia de xénero. A finalidade
principal desta residencia é mellorar a saúde e, por tanto, a calidade
de vida das mulleres que despois de viviren unha situación de violencia
de xénero, precisan recuperar a súa autonomía e a capacidade
de autocoidado. O período de estadía será de 4 meses prorrogábeis
a 6 meses. * Vivendas de segunda estancia. Son os servizos
que ofrecen vivendas temporais, coa finalidade principal de favoreceren e de apoiaren
a autonomía individual das mulleres que permaneceron na casa de acollida,
que esgotaron todos os prazos de estancia na casa, e que por motivos sociais,
económicos, legais ou persoais carecen doutra posibilidade ou doutra alternativa
de saída. O tempo de estancia será de seis meses prorrogábeis
até un máximo dun ano. * Casas de acollida para
mulleres que exercen ou exerceron a prostitución (estes servizos son realmente
necesarios mais devido á súa importante implicación en delitos
graves como é o tráfico de persoas, os servizos teñen que
ter unha importante coordinación real con a Xustiza e a Policía).
Estes servizos atenderán a mulleres que queren deixar de exercer a prostitución
e por distintas causas precisan de axuda para poderen conseguilo. Debido a que
este servizo especifico depende dunha boa coordinación entre o departamento
de xustiza e a policía, a creación e a xestión destes centros
será competencia directa da Consellaría da Muller. A necesidade
de crear un servizo específico para mulleres que exercen a prostitución
vén dada polas circunstancias graves que rodean a industria do sexo. Na
actualidade existe unha importante rede de tráfico de mulleres de todas
as idades e nacionalidades para obrigalas a prostituírense. Estas redes
están moi organizadas e contan cunha grande infraestrutura e cuns recursos
propios que se basean en grandes intereses económicos. Por iso as mulleres
que queren abandonar a prostitución ou simplemente fuxiren das redes que
as explotan, precisan dun centro que garanta a súa seguranza, que vai máis
ala da seguranza que se precisa para unha casa de acollida para mulleres agredidas
por homes individuais. Por outra banda, o apoio e a recuperación destas
mulleres ten que atender a situacións de desarraigo, falta de formación
ou experiencia laboral, deterioro físico e psíquico en idades moi
novas, polo que a intervención para levar a cabo ten que ser máis
longa, de seis meses prorrogábeis até un ano. 3. Centros
de Día para mulleres que exercen a prostitución. Son os servizos
que ofrecen atención diurna individual e grupal coa finalidade principal
de facilitaren e fomentaren o autocoidado físico e psíquico e promover
unha mellora da saúde das mulleres que exercen a prostitución. Estes
servizos pretenden ser un lugar de referencia e de apoio para mulleres que exercen
a prostitución, onde se promova a utilización dos recursos persoais
de cada muller e dos que ofrece a comunidade cara á resolución de
problemas individuais e colectivos. Todos estes servizos, ademais
de realizaren as funcións para os que foron criados, poden programar e
pór en marcha cantos proxectos consideraren necesarios para paliaren os
efectos da violencia de xénero. Artigo 6. FUNCIONAMENTO
DOS CENTROS DE ATENCIÓN ESPECIALZADA
Os Centros de Información
dos dereitos das Mulleres (CIM), son servizos criados e xestionados polos concellos,
concretamente polas Concellerías da Muller, exceptuando nos concellos en
que non exista esta concellería que dependerán da Concellaría
de Servizos Sociais. Estes Servizos atenderán todas as mulleres
do concello, sen ningún outro tipo de requisito para accederen o mesmo. Os
CIM serán os servizos que traballarán en coordinación cos
outros servizos de atención especializada e realizarán, cando así
o valoraren, as derivacións oportunas. Para garantir un bo
funcionamento terán que cumprir como mínimo as seguintes condicións
que sempre poderán ser complementadas: Equipa de profesionais
mulleres, con dedicación exclusiva a este servizo, composto como mínimo
por unha administrativa, unha avogada, unha psicóloga e unha traballadora
social. Espazo físico propio e independente doutros servizos
do concello, con aceso exentos de barreiras arquitectónicas. No interior
debe contar con despachos independentes que garantan a confidencialidade das diferentes
consultas de cada profesional, así como un espazo de recepción e
sala de espera, e un espazo amplo para poder facer actividades ou reunións
de grupo. 1. Centros de aloxamento ou alternativa de
convivencia:
Serán criados e xestionados polos concellos ou
pola asociación de concellos e dependerán das concellerías
da Muller. En cada concello ou comarca os servizos de alternativa
de convivencia estarán coordinados. Cada servizo contara cunha equipa propia
de mulleres profesionais, mais todos os servizos traballarán cun mesmo
modelo de intervención que estiver adaptado as características de
cada servizo. Os requisitos mínimos que deberán cumprir
cada servizo serán os seguintes: 1.1. Vivendas de emerxencia.
* Equipa de profesionais: a atención nestes servizos require a presenza
continuada nas 24 horas e todos os días, de monitoras que iniciaren unha
intervención individualizada segundo as necesidades e as demandas de cada
muller. Estas monitoras estarán integradas na equipa de traballo da casa
de acollida e nas vivendas de segunda estancia. Estes servizos, aínda que
cumpren funcións diferentes, si deberán compartir criterios e, sobre
todo, modelos de intervención para lograr unha maior eficacia, sen caeren
na duplicidade de actuacións. Nos concellos menores de 20.000 habitantes
que non dispoñan de casa de acollida e de vivendas de segunda estancia,
as profesionais traballarán coordinadamente coas profesionais dos centros
de información, e coas equipas de traballo da casa de acollida máis
próxima e que servirá de primeira referencia cara ás derivacións
de mulleres que así o precisaren. * Espazos propios: a
principal característica destas vivendas de emerxencia será a seguranza
e a tranquilidade que debe asegurar as mulleres e as súas fillas e os seus
fillos menores, polo que é moi importante que a súa localización
non sexa estábel; así os concellos poderán alugar vivendas
durante períodos determinados. Por outra banda os espazos necesarios son
os mesmos que calquera vivenda, que garantan unha boa habitabilidade e un grao
de intimidade para cada unidade familiar. * Requisitos de acceso:
non se precisa denuncia de malos tratos, simplemente ser unha muller que viva
unha situación de violencia de xénero. * Número
de prazas: dúas unidades familiares cun total de oito persoas.
1.2. Casas de acollida para mulleres.
* Equipa de profesionais:
un mínimo de 5 monitoras en quendas que cubran as 24 horas, unha monitora
infantil e unha coordinadora do equipa. Ademais formaran parte da equipa de traballo
as monitoras das vivendas de emerxencia e das vivendas de segunda estancia.
* Espazos propios: a casa, ao contrario que os outros servizos
de aloxamento, si debe ser un centro que as mulleres saiban onde esta localizado,
e que lles sexa fácil o seu aceso. Ten que ser un espazo sen barreiras
arquitectónicas e amplo, xa que a convivencia é moito máis
longa que nunha vivenda de emerxencia. Os espazos imprescindibles serán
os necesarios para a convivencia, e que garantan, por unha banda, a intimidade
de cada unidade familiar e, por outra, as relacións entre o grupo, para
o traballo das profesionais que permita realizar xestións, as reunións
de traballo, e a atención de consultas individuais de mulleres. *
Requisitos de acceso: ser muller e ter interposta unha denuncia por violencia
de xénero. Para garantir a convivencia, as mulleres non poden ter, no momento
do seu ingreso, problemas derivados de drogodependencias, nin sufriren ningunha
enfermidade de saúde mental que dificulte a convivencia co resto de mulleres.
* Número de prazas: un total de 10 mulleres. As mulleres poderán
acudir con as súas fillas e fillos menores de idade, cun número
total e máximo de persoas nunha mesma casa de 18. No caso de mulleres con
nenos varóns maiores dos 15 anos, se valorará a necesidade de procurar
unha alternativa de convivencia que favoreza ao menor, e que procure a aprendizaxe
de resolución de conflitos exenta de violencia de xénero.
1.3. Vivendas de segunda estancia.
* Equipa de profesionais:
como mínimo unha monitora por cada vivenda, que durante os días
da semana, servirá de apoio e de reforzo á muller durante unhas
horas diarias. A monitora estará integrada na equipa de traballo da casa
de acollida, para garantir unha continuación do traballo que nela se iniciar.
* Espazos propios: serán vivendas que os concellos alugarán
en diferentes localización segundo as necesidades, e que manteñan
a maior discreción sobre a súa finalidade. Estarán dotadas
do imprescindíbel cunhas boas condicións de habitabilidade.
* Requisitos de acceso: permanecer con anterioridade nunha
casa de acollida de referencia sendo a súa equipa quen valorará
cada caso individualmente. * Número de prazas: cada vivenda
de segunda estancia será para unha unidade familiar.
1.4. Casas de acollida para mulleres que exercen ou exerceron a prostitución.
* Equipa de profesionais: equipa mínima de 5 monitoras, que cumpran
as 24 horas, unha psicóloga e unha coordinadora da equipa. Tamén
é imprescindíbel que na equipa estea incluída unha avogada
que ademais de asesorar as mulleres e facer un seguimento da súa situación
legal, acompañe ás mulleres que teñen que declarar en diferentes
procesos penais, para os que non é obrigatorio ter asignado unha ou un
avogado. * Espazos propios: unha casa con garantías de
seguranza, polo que debe ser coñecida a súa existencia mais non
a súa localización. Debido a que o período de estancia pode
chegar a ser dun ano, ten que ser unha vivenda estable, e ampla, para a convivencia
e para a realización do traballo das diferentes profesionais.
* Requisitos de acceso: mulleres que exercen ou exerceron a prostitución
e queren deixalo e teñen dificultades para o conseguir. * Número
de prazas: un total de 10 mulleres. 2. Centros de día
para mulleres que exercen a prostitución. Son servizos creados
e xestionados polos concellos e dependentes das concellarías da Muller. Atenderán
a todas as mulleres que exercen a prostitución, sendo este o único
requisito de aceso ao servizo. Para completar a atención socio-sanitaria
dos centros, cada un contará cunha unidade móbil, que se desprazará
ás zonas e aos locais máis afastados. Contarán
cunha equipa propia de mulleres profesionais que estará composto como mínimo,
para un centro con unidade móbil, por unha educadora social, unha traballadora
social, unha ATS e unha psicóloga. Os centros de día
ofrecerán, como mínimo, os seguintes servizos: servizo de lavadora,
servizo de ducha, servizo de secado e pasado de ferro, e un servizo de atención
individualizado de información, de asesoramento e de seguimento. Cada
centro estará situado cerca da zona onde se exercer habitualmente a prostitución.
Terá un local independente sen barreiras arquitectónicas. No interior
contará, como mínimo, dos seguintes espazos: dúas habitacións
ou despachos para atención de consultas individuais e para a realización
de xestións, unha sala ampla ou un espazo en común, unha cociña
ou un espazo para facer cafés, unha habitación para a lavadora,
secado e pasado de ferro da roupa, un baño completo con ducha e un aseo.
Artigo 7. COMPETENCIAS
1. As competencias en materia de servizos
sociais corresponderan aos concellos, ás deputacións e á
Comunidade Autonómica. 2. Corresponde á Xunta de Galiza,
a través da Consellaría da Muller, exercer as funcións de
planificación, de ordenación, de coordinación, de seguimento
e de avaliación das Medidas para a paliación dos efectos da
violencia de xénero. Así mesmo, encargarase de asesorar aos
concellos na creación, na organización e no funcionamento dos servizos
de atención especializada e colaborará cos concellos na formación
permanente do persoal destes servizos. Por outra banda, a Consellaría da
Muller ocuparase de pór en marcha e xestionar a casa de acollida para mulleres
que exercen ou exerceron a prostitución. 3. Corresponde aos
concellos a creación e xestión dos servizos de atención especializada
para paliar os efectos da violencia de xénero que afecta as mulleres. Os
concellos poderán asociarse entre eles, de acordo coa Lei 7/1985 do 2 abril
de bases de réxime local, para prestar os servizos diferentes ás
citadas competencias, de xeito que se acade unha maior eficacia e unha maior rendibilidade
social dos recursos. No suposto de agrupamento, este levarase a cabo atendendo
á densidade e ao grao de concentración e de dispersión da
poboación, distancias que se teñen que percorrer e medios de transporte
que existiren na zona. 4. Ás deputacións provinciais
correspóndelles, de acordo coa Lei de bases de réxime local, proporcionar
apoio económico e técnico aos concellos, para a implantación
e o funcionamento dos servizos especializados de paliación dos efectos
da violencia de xénero, especialmente aos de menos de 20.000 habitantes
e naqueles casos en que for necesario recorrer á asociación de concellos.
Artigo 8. PRESTACIÓN DO SERVIZOS DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA.
1. Os concellos ademais de criaren e de manteren os servizos de atención
especializada para mulleres deberán ocuparse da súa xestión
directa e garantirán o cumprimento do que se establece nesta lei e na correspondente
planificación xeral que estabelece a Consellaría da Muller como
medidas para paliar os efectos da discriminación e a violencia de xénero.
2. Todos os concellos deberán dispor como servizos de atención
especializada en situacións de violencia de xénero os seguintes
centros: un Centro de información dos dereitos das mulleres, e como centros
de alternativa de convivencia, vivendas de emerxencia. 3. Todos
os concellos de máis de 30.000 habitantes ademais de dispor dos servizos
que se describen no punto anterior, deberán contar con casas de acollida
e vivendas de segunda estancia. 4. Os concellos de menos de 20.000
habitantes poderán asociarse tendo en conta o territorio comarcal, para
creación, para o mantemento e para o funcionamento dos seguintes centros:
Centro de información dos dereitos das mulleres e, como centros de alternativa
de convivencia, vivendas de emerxencia, casa de acollida e vivendas de segunda
estancia. 5. Os concellos de menos de 20.000 habitantes poderán
prestar os servizos de atención especializada que eles valoraren atendendo
exclusivamente ás necesidades da súa poboación, cumprindo
sempre o que se prevé nesta lei e na planificación da Consellaría
da Muller. Se se ten en conta o que se establece no anterior artigo, as deputacións
provinciais apoiarán principalmente estes concellos para criaren e para
manteren os centros de atención especializada para mulleres. 6.
Nas sete principais cidades de Galiza os seus concellos correspondentes
deberán crear, manter e xestionar un Centro de Día para mulleres
que exercen a prostitución. Artigo 9. FINANCIAMENTO
Artigo 10 AUTORIZACIÓN
1. Para a obtención das autorizacións
administrativas para a creación, a construción ou a modificación
dos servizos e dos centros que se regulan na presente lei, así como os
correspondentes permisos de comezo ou de cesamento de actividades, cada concello
ou mancomunidade presentará a correspondente solicitude na Consellaría
da Muller. 2. As solicitudes terán que atender aos procedementos
estabelecidos no ... ARTIGO 13 E SEGUINTES do DECRETO 243/1995 VER ARTGO
38.4 DA LEI 30/1992, DO 26 NOVEMBRO. Artigo
16.- A Xunta de Galiza a través do SERGAS asinará
un acordo de colaboración coa Consellaría da Muller para a atención
específica das mulleres usuarias dos servizos específicos sinalados
no artigo 15, que presenten cadros relacionados coa saúde mental, de maneira
que exista unha coordinación entre as distintas equipas que traballan nos
servizos específicos e as correspondentes unidades de saúde mental,
hospitais de día ou centros de internamento.
Artigo
17.- A Xunta de Galiza a través do SERGAS, instará
ao poder xudicial para instaurar un protocolo común de actuación
para a atención de mulleres vítimas de violencia, de xeito que se
facilite desde os propios centros sanitarios a onde acuda a vítima a interposición
da correspondente denuncia, a toma de declaracións e as actuacións
forenses que correspondan.
TÍTULO
IV
ÓRGANOS
ADMINISTRATIVOS Artigo 18.-
Modificación da Lei 3/1991, do 14 de Xaneiro, de creación do
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller que quedaría
redactada do seguinte xeito: Lei para a creación do Servizo
Galego de Igualdade
A sociedade galega, do mesmo xeito que o
resto das sociedades do seu contorno xeopolítico, manifestan unhas diferenzas
por xéneros en todos os ámbitos sociais, políticos, relixiosos,
económicos e culturais, que deveñen en situacións de marxinación,
de subordinación, de discriminación e de exploración das
mulleres. O patriarcado como sistema que se basea nunha pretendida inferioridade
ou incapacidade das mulleres, está vixente nas nosas sociedades.
Esta
organización social xerarquizada en función dos xéneros abrangue
tanto o ámbito público como o privado e afecta todas as mulleres
independentemente da clase social, do ámbito cultural ou étnico
a que pertenceren. Camiñar cara á acadar a igualdade
real entre homes e mulleres esixe non só o correspondente desenvolvemento
normativo, senón que se fai preciso modificar actividades e estruturas
sociais de cara á unha liña de actuación que lle der efectividade
ao principio de igualdade. Para os devanditos efectos, o artigo 4.1 e
2 do Estatuto de Autonomía de Galiza contempla a posibilidade de que os
poderes públicos leven a cabo as accións que se encamiñen
a promover as condicións de igualdade, así como para remover os
atrancos que a impediren ou a dificultaren, para o que adoptarán as medidas
que estimaren oportunas. É polo que a presente lei estabelece a creación
dun organismo que dea resposta aos obxectivos que se formulan e exista mentres
persista calquera tipo de situación discriminatoria.
Artigo 1.
1. Créase o Servizo Galego de Igualdade como organismo
autónomo adscrito á Consellaría da Muller. 2.
O Servizo Galego de Igualdade terá personalidade xurídica propia
e plena capacidade de obrar para o exercicio das súas funcións,
e regularase polo que se dispón na presente lei, nas súas normas
de desenvolvemento e na lexislación xeral de organismos autónomos
que lle for aplicábel. Artigo 2.
O Servizo
Galego de Igualdade terá como obxectivo principal a promoción e
a adopción de medidas que se encamiñen cara á consecución
da igualdade efectiva das mulleres e dos homes, e remova os obstáculos
que impidan a participación e a integración das mulleres na vida
social, cultural, educativa, económica e política da Galiza.
Artigo 3.
Serán funcións do Servizo Galego de Igualdade
as seguintes: 1. Realizar, fomentar e coordinar todos os estudos
de xénero que favorezan o coñecemento da realidade da situación
das mulleres na Galiza. 2. Realizar o estudo e o seguimento
da lexislación vixente naqueles aspectos que afectaren ao principio
de igualdade e elaborar propostas de modificación das normas que o dificultaren
ou o impediren. 3. Emitir informe previo de impacto de xénero,
sobre todas aquelas disposicións promovidas polas distintas consellarías. 4.
Coordinar todos os traballos e actividades que desenvolveren os distintos departamentos
da Xunta en temas que afectaren á situación da muller. 5.
Promover, coordinar e avaliar planos e programas de acción e o desenvolvemento
das actividades que realizaren deputacións e concellos coincidindo con
os obxectivos deste Servizo. 6. Cooperar con todas as entidades
que polos seus fins ou polas súas actividades traballaren a prol dos dereitos
das mulleres e unha sociedade en igualdade. 7. Elaborar estratexias
que cristalicen en políticas concretas que axuden a modificar a actual
situación das mulleres no mundo laboral, fomentando o emprego, a formación
profesional e o respecto aos dereitos laborais. 8. Elaborar
estratexias que cristalicen en políticas concretas que muden a situación
e a participación das mulleres na vida política, económica,
cultural, educativa e social. 9. Dentro das competencias da
Comunidade Autónoma, velar polo cumprimento e aplicación de todos
aqueles convenios e tratados internacionais que afectaren aos dereitos das mulleres. 10.
Presentar denuncia ante a autoridade xudicial correspondente contra aquelas entidades
ou colectivos que atenten contra os dereitos das mulleres. 11.- Coordinar
e colaborar con aquelas institucións que leven adiante políticas
de igualdade ou xestionen servizos específicos de atención ás
mulleres. Artigo 4.
Son órganos superiores
do Servizo: a) O Consello. b) A Dirección.
Artigo 5.
O Consello estará integrado por: Presidenta:
a conselleira da Muller Vicepresidenta: a directora xeral do Servizo. Vocais:
unha representante, con categoría de directora xeral, nomeada por cada
unha das consellarías de Goberno de Galiza. Cinco mulleres
que teñan recoñecida a súa contribución no eido das
ciencias sociais, económicas e xurídicas, desde unha perspectiva
de xénero, designadas polo Consello da Xunta. Secretaria:
Actuará como secretaria, con voz mais sen voto, unha funcionaria designada
pola directora do Servizo. Artigo 6.
O Consello
actuará en pleno ou en comisión permanente. Artigo
7.
A comisión permanente, presidida pola directora, estará
integrada por seis das vocais que compoñeren o Consello, tres polas representantes
das consellarías e tres polas vocais elixidas pola Xunta entre as mulleres
de recoñecida contribución en distintos eidos.
Artigo 8.
Son funcións do Consello en pleno: a)
Aprobar o anteproxecto de orzamentos do organismo. b) Aprobar o plano
anual de actividades. c) Aprobar a memoria de xestión anual
e darlles traslado dela ás institucións públicas competentes
na materia. d) Coordinar a actividade das distintas consellarías
en canto ás políticas de xénero. Artigo
9.
Corresponderalle á comisión permanente: a)
Adoptar todas as medidas necesarias para o cumprimento dos obxectivos do Servizo. b)
Elaborar o anteproxecto de orzamentos do Servizo. c) Emitir informe
sobre a memoria de xestión anual. d) Cantas funcións
lle encomendar o Consello en pleno ou a directora. Artigo 10.
O
nomeamento e a disposición de cesamento da directora do Servizo Galego
de Igualdade realizarase mediante decreto, e a súa categoría será
o de directora xeral. Artigo 11.
O Servizo Galego
de Igualdade disporá para o exercicio das súas funcións
dos seguintes recursos económicos: 1. Aqueles que lle
foren asignados con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma. 2.
Os subsidios e as contribucións voluntarias de entidades e particulares. 3.
Os bens e os dereitos que constituíren o seu patrimonio, así como
os seus posíbeis xuros. 4. Os beneficios que, se for
o caso, se obtiveren da actividade propia do Servizo. 5. Calquera
outro recurso que lle puider ser legalmente atribuído. Disposición
transitoria A Xunta de Galiza dotará o Servizo Galego de Promoción
da Igualdade do Home e da Muller dos medios persoais e materiais necesarios para
o cumprimento dos seus obxectivos. Artigo
19.- Desde a primeira lexislatura correspondente ao primeiro
goberno galego electo desde a publicación desta lei, será de obrigado
cumprimento contar con unha Consellaría da Muller, con orzamento e con
competencias propias.
Artigo 20.-
A orde pola que se regula o funcionamento da Comisión Autonómica
da Muller queda modificada do seguinte xeito:
Formarán parte da
Comisión Autonómica da Muller: 1.- A Conselleira da
Muller 2.- A Directora do SGI 3.- Unha representante
por cada consello municipal da Muller que se constitúa nos concellos galegos. 4.-
Unha representante das secretarias da muller dos sindicatos con representación
no ámbito galego. 5.- Unha representante das asociacións
de empresarias. 6.- A presidenta da comisión elixida polas
integrantes. 7.- A secretaria da comisión designada pola Conselleira
da Muller. DISPOSICIÓNS
ADICIONAIS Primeira.- As administracións galegas asegurarán
que as mulleres con discapacidades poderán beneficiarse en iguais condicións
desta lei. Segunda.- As administracións galegas velarán para
que as mulleres en réxime de prisión podan acceder aos beneficios
da presente lei. Terceira .- Após tres anos da publicación
desta lei no Diario Oficial de Galiza, realizarase por parte do Parlamento galego
unha avaliación da súa aplicación. DISPOSICIÓNS
FINAIS Primeira.- Esta lei entrará en vigor ao día
seguinte da súa publicación no DOG. Segunda .- Quedan derrogadas
cantas disposicións, normativas e regulamentos que se contradigan con o
disposto na presente lei. |