24 de Maio Día das Mulleres
Antimilitaristas Marcha Mundial das Mulleres na Comarca da Coruña ,
20.05.2005 O 24 de maio a Macha Mundial
das Mulleres na Comarca da Coruña celebra o Día das Mulleres Antimilitaristas
Concentración no Obelisto o martes 24
de maio ás 20.00h.
Non ao desfile militar En 1981, os debates entre mulleres europeas
activistas pola paz, puxeron en marcha un Plano para facer un Día de Mulleres
pola Paz e o Desarme.Desde a Marcha Mundial das Mulleres (MMM), queremos reivindicar
unha vez máis unha reforma das relacións internacionais que permita
a resolución dos conflictos sen o uso da violencia. Pedimos unha nova reformulación
da ONU para que se converta de verdade nun ponto de encontro de todos os pobos
do mundo para o dialogo e a colaboración. Reivindicamos políticas
de desarme porque somos conscientes que todo o investimento na industria armamentística,
o mantemento dos exércitos e todas as accións bélicas que
se desenvolven no planeta, son recursos que se rouban á loita contra a
pobreza e non fan máis que aumentar as situación de violencia contra
as mulleres en todo o mundo. Segundo Amnistía Internacional, o
número de mulleres víctimas dos conflictos armados pasou do 5% durante
a I Guerra Mundial, para ser o 50% durante a II Guerra Mundial e case o 80%, durante
os anos 90. Na Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade, aprobada
o 10 de decembro de 2004, no transcurso do V Encontro Internacional da MMM celebrado
en Kigali-Ruanda, a delegación galega, en nome de todas as feministas da
Galiza, comprometímosnos, entre outros obxectivos, a facer un chamamento
para, desde a Galiza, transformar o mundo e modificar radicalmente as relacións
internacionais existentes e convertelas en relacións baseadas na igualdade,
na paz, na liberdade, na solidariedade e na xustiza. Por todo isto non
podemos máis que opornos ao Desfile Militar que está previsto para
o próximo domingo 29 de maio na Coruña. Desde a MMM somos totalmente
contrarias as exaltacións militaristas de guerra e destrucción e
consideramos un insulto a todas as víctimas das guerras as exaltacións
armamentísticas deste tipo.
| ENVIA
UMHA MENSAGEM CURTA NESTE FORMULÁRIO | Para mais informaçom,
fazer propostas e participar podes-te ponher em contacto em: [ +
INFO] Edita: Coordenadora
Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |