|
A VIOLENCIA É UN PROBLEMA
DE TOD@S 25 de Novembro Dia Internacional
contra a violencia de xénero
A violencia de xénero non é un problema persoal e privado que sofren
algunhas mulleres, víctimas de relacións tortuosas e agresivas.
É unha consecuencia das relacións de poder que establecen distintos
roles para homes e mulleres na sociedade e nos fai desiguais. Os
agresores non son loucos ou enfermos, son homes que non soportan que a súa
prezada posesión teña vida propia, que cuestione o seus desexos,
que se rebele, que non lles renda adoración e respecto. Fixéronnos
desiguais, asignáronnos distintos papeis; e cambiar as reglas de xogo non
é fácil. Necesitamos a axuda de tod@s @s compoñentes
da equipa, de toda a sociedade. Para conseguir a erradicación
da violencia de xénero non chega con ilegalizala e castigar aos agresores.
Énecesario deslexitimar a violencia e o machismo. É necesario transformar
as normas e institucións sociais e culturais que a fan posíbel.
É imprescindíbel a colaboración das institucións e
da sociedade, na vida pública e na vida privada. É
necesario que o goberno do estado dispoña dunha vez do orzamento necesario
para desenvolver a lei integral contra a violencia de xénero: reforzando
a seguridade das mulleres ameazadas e agredidas, fortalecendo unha verdadeira
rede pública de atención ás víctimas, realizando unha
verdadeira renovación do aparello xudicial, criando o observatorio da violencia
de xénero, investindo na sensibilización social e na formación
do funcionariado (policial, xudicial, sanitario, educativo...)... É
necesario que o goberno galego elabore unha lei integral contra a violencia de
xénero tendo en conta as competencias das institucións autonómicas:
sanidade- educación- benestar social- etc., para modificar as estructuras
e leis que perpetúan ou resultan insuficientes para combater a violencia
de xénero. é necesario elaborar ese marco integral dotado de financiamento
especifico e recursos suficientes para favorecer que as mulleres teñan
os medios necesarios para realizar a súa vida con independencia e autonomía
e posibilitar da forma máis rápida posíbel a superación
da espiral de violencia. Por último é
imprescindíbel a implicación social para rematar coa desigualdade
e o machismo, piares sobre os que se asenta a violencia e que impiden un verdadeiro
desenvolvemento individual e social. A
LEI QUE NON QUEDE NO PAPEL!
Mobilizacións 25-N na Galiza: VIGO:
CONCENTRACIÓN ÁS 8 DA TARDE NA RUA DO PRINCIPE DIANTE
DO MARCO PONTEVEDRA: CONCENTRACIÓN
ÁS 8 NA PRAZA 8 DE MARZO TRASANCOS-FERROL:
CONCENTRACIÓN ÁS 8 NA PRAZA DE GALIZA DE NARÓN COMPOSTELA:
CONCENTRACIÓN ÁS 8 NA PRAZA DO TOURAL COSTA
DA MORTE: CONCENTRACIÓN ÁS 8 NA PRAZA 8 DE MARZO DE CEE
A CORUÑA: CONCENTRACIÓN
ÁS 8 NO OBELISCO Coordenadora
Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza Para contactar:
[+ Info]
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
EN INTERNET: [+
INFO] |