13-12-01
-Participación con dúas delegadas na Reunión da Coordinación Europea en Barcelona (Begonha Caamanho e Vitória Iglesias).

08-12-01
-Encontros Nacionais da Marcha. Monte da Condesa. Compostela.

25-11-01
-Concentración en Lugo no Día de Loita contra a Violéncia de Xénero. Exposición de material da Marcha na Praza Maior, teatro e Xogos cooperativos.

24-11-01
-Concentración nacional e acto lúdico-reivindicativo en Compostela no Día Internacional de Loita contra a Violéncia de Xénero.
-NEN GUERRA QUE NOS MATE NEN PAZ QUE NOS OPRIMA.
-Simulacro de bombardeo, paneis de exposición con distintos materiais da Marcha, tendal antimilitarista, actuación do grupo de cantareiras de Cabo Verde "Batuko Tabanka" e interpretación do "Kapire" pola cantante Pilocha.

22-11-01
-Concentración contra a guerra e tendal antimilitarista en Narón.

20-11-01
-Vixilia contra a guerra en Cee.

15-11-01
-Concentración contra a guerra e tendal antimilitarista en Mugardos.

13-11-01
-Vixilia contra a guerra en Cee.

08-11-01
-Concentración contra a guerra e tendal antimilitarista en Valdoviño.

06-11-01
-Vixilia contra a guerra en Cee.

01-11-01
-Concentración contra a guerra e tendal antimilitarista en Fene.

30-10-01
-Vixilia contra a guerra en Cee.

25-10-01
-Concentración contra a guerra e tendal antimilitarista en Ferrol. Inauguración nos locais da Asc.Alexandre Bóveda de A Coruña, da exposición "Ser muller en Afganistán". Esta exposición rotou por distintos centros de ensino de A Coruña, Cerceda, Oleiros, Betanzos, Paderne, Carral, Carvallo, Laracha e Muxía.

23-10-01
-Vixilia contra a guerra en Cee.

18-10-01
-Concentración contra a guerra e tendal antimilitarista en Ferrol.

16-10-01
-Concentración e vixilia contra a guerra en Cee.

11-10-01
-Concentración contra a guerra en Ferrol e tendal antimilitarista.

07-10-01
-Concentración en Compostela coincidindo co comenzo dos bombardeos sobre Afganistán.

05-10-01
-PAREMOS A GUERRA
-Concentracións en Ferrol, Cee, Compostela e Vigo.

02-10-01
-Participación cunha delegada no Terceiro Encontro Internacional da Marcha en Montreal (Begonha Caamanho).


24-05-01
-Concentracións en Ferrol, Compostela, Vigo, Ourense, Fisterra e A Coruña.
-AS SÚAS ARMAS A NOSA POBREZA AS SÚAS GUERRAS A NOSA MISÉRIA.

06-05-01
-Acto en Ferrol de solidariedade co povo palestino. Concentración, ritual do té, poesía e música árabe.

21-03-01
-Entrega ante as delegacións do governo de centos de sinaturas de autoinculpación de estranxería, no Día Internacional de Loita contra o Racismo.

12-03-01
-POBREZA, EXCLUSIÓN, MARXINACIÓN, TEÑEN NOME DE MULLER.
-Nen um minuto para o Patriarcado, nen unha peseta para o neoliberalismo.
-Confección dun longo pano reivindicativo, manifestación e acto lúdico-reivindicativo en Compostela. Participación dunha muller afgana da Asociación RAWA.

09-03-01
-Proxección en Ferrol do filme da Marcha "Partitura para voces de mulleres" , acto coa participación de Begonha Caamanho. Cea de mulleres.

08-03-01
-Manifestacións en Ferrol, Vigo e Compostela.
-Concentracións en Ourense, Ponte-Vedra, Lugo e Cee.
-Concentración no Obelisco de A Coruña e Festival no Fórum Metropolitano coa participación de Menades, Voices Secrets, Ulalume e Agrupaçom de teatro Alexandre Bóveda.
-Concentración e actos no concello de Oleiros. Colada de carteis e leitura de comunicado contra a exclusión das mulleres, no concello de Miño. Colaboración coa revista "Cuarta a babor´" da Asoc Cultural Cormán de Miño.

15-02-01
-Acto informativo da Marcha en Ourense coa participación de Vitória Iglesias e Luisa Ocampo.

23-01-01
-Participación cunha delegada no Foro Social Mundial de Porto Alegre (Begonha Caamanho).

13-01-01
Participación con tres delegadas na Reunión da Coordinación Europea en París (Isaura Barciela, Rosa Basabe, Lupe Cês).