Mobilizaçom
Mundial do 20 de Março contra a Guerra
A Marcha Mundial das Mulheres na Galiza apoia as mobilizaçons que vam ter lugar no nosso país. A marcha Mundial das Mulleres diante dos tráxicos acontecimentos do 11 de marzo en Madrid. Vigo, 12 de marzo de 2004 Actos que tivérom lugar o 8 de Março na Galiza . Fotografias e Vídeo dos Actos do 8 de Março, em Ferrol, baixo o lema: Diferentes sim, desiguais, nom. Marcha com nós !!, publicadas em Galiza.Indymedia.org. [VER FOTOGRAFIAS] [VER VIDEO] . Comunicados lidos nos actos de Ferrol. [VER COMUNICADOS] Mobilizaçom Mundial 20 de Março contra a Guerra *POLO FIM DA OCUPAÇOM DE IRAQ!
Trata-se de animar à cidadania mundial a mobilizar-se
numa jornada internacional de protesto contra a guerra e a ocupaçom
de Iraque, imposta polos governos dos EE.UU., Gram-Bretanha, Espanha
e seus aliados, que nom fixo mais que aumentar o clima de violência,
terror e perdida de direitos e liberdades que se vive no planeta. Esta
mobilizaçom mundial tem como objectivo demandar a retirada imediata
das tropas de ocupaçom de Iraque e apoiar ao povo iraquiano em
seu direito à livre autodeterminaçom e soberania, bem
como ao direito a que se Mobilicemo-nos o 20 de março portanto, e que se escuite a voz das mulheres e, sobretudo, expressemos nossa oposiçom nom só à ocupaçom militar de Iraque senom também à militarizaçom de nosso mundo, em particular nos 80 países que ainda estám em guerra e dos quais nom se fala. A Marcha Mundial das Mulheres na Galiza apoia as mobilizaçons que vam ter lugar no nosso país: FERROL: VIGO: COMPOSTELA: LUGO: PONTEVEDRA:
A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DIANTE DOS TRÁXICOS ACONTECIMENTOS DO 11 DE MARZO EN MADRID. A Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres quere solidarizarse con todas as vítimas dos atentados acontecidos en Madrid no día de onte, asi como coas súas familias e persoas achegadas. A Marcha Mundial das Mulleres, plataforma que acolle a mulleres de todo o planeta e da que forman parte na Galiza máis de 40 organizacións, aposta sempre pola defensa da vida e pola solución pacífica dos conflitos. Cremos que absolutamente nada pode xustificar a masacre levada a cabo en Madrid o 11 de marzo. Asimesmo queremos anunciar a suspensión
de concertos e actividades que estaban programados este fin de semana
en diferentes localidades dentro da iniciativa Mulleres en marcha. Reiteramos
a nosa solidariedade coas persoas afectadas e compartimos a súa
dor pola perda de tantas vidas.
Comunicado contra a pobreza 8 de Marzo do 2004 Marcha Mundial de Mulleres Ferrol AS DIFERENCIAS ENRIQUECEN Na actualidade 1500 millóns de persoas no mundo
son pobres, destas 7 de cada 10 son mulleres. A pobreza acentúa a desigualdade de xénero
pola que fronte as adversidades, as mulleres somos maís vulnerables.
As mulleres realizamos o 67% das horas traballadas no mundo, mentras gañamos só o 10% dos ingresos xerados. Poseímos o 1% das propiedades a nivel mundial e o noso salario é ¾ do masculino. Na galiza 600.000 persoas viven nos niveis definidos como pobreza: neste grupo integranse moitas mulleres con cargas familiares, mayores, emigrantes retornadas .O 80% das persoas que cobran a RISGA (40.000 ptas/mes) son mulleres. As consecuencias da feminizacción da pobreza condean a milleiros de mulleres e nenas a ser obxeto da venta e trata de brancas( máis de 200 mulleres foron víctimas nos ultimos anos das redes de traficantes na fronteira entre Galiza e Portugal ), a participación en conflictos armados, prostitución, pornografía e tráfico de estupefacientes, entre outros horrores. Neste 8 de Marzo marchamos para loitar ,unha vez
máis, contra o patriarcado e o capitalismo salvaxe . Contra os
organismos internacionais como o Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional,
o Grupo dos 8
que controlando a moeda, o comercio e o crédito,
práctican o terrorismo contra os países pobres e contra
as pobres de todos os países do mundo. COMBATE A VIOLENCIA. COMBATENDO A DESIGUALDADE As feministas da Marcha Mundial de Mulleres non podemos deixar de falar neste 8 de Marzo da violencia de xénero. A violencia contra a muller está definida como todo acto violento que teña como resultado calquer tipo de dano físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, e que se exerce contra nos polo feito de pertencer ao sexo feminino. A viloencia de xénero aliméntase de pautas económicas, sociais, relixiosas, culturais..., que perpetúan a condición de inferioridade que se nos asigna as mulleres en todos os ámbitos( familia, traballo, política,...). Baséase na desigualdade no reparto do poder con respecto aos homes. Son signos dela as desigualdades salariais, as desigualdades laborais, na sociedade, na política, nas relacións persoais, no reparto do tempo... Todos os días a prensa publica feitos nos que as mulleres somos agredidas de diversas maneiras. Máis de 200 mulleres foron asasinadas dende o ano 2000 na totalidade do Estado Español, 8 no que vai de ano. Somos víctimas de violacións, agresións sexuais, abusos a menores, redes de prostitución e tráfico de brancas; sen olvidar, as agresións vividas no silencio. Pero a violencia contra a muller se expresa de distintas formas, algunhas que van máis alá das agresións físicas. As declaracións do presidente da Xunta no caso de Toques, os postulados da Conferencia Episcopal, as políticas económicas e sociais do Partido Popular que condenan a millares de mulleres á pobreza e a exclusión social, unha lei de estranxería que vulnera os dereitos fundamentais de mulleres e nenas....son só algúns dos exemplos do terrrorismo patrircal exercido dende os poderes públicos que non fan máis que acrescentar a desigualdade da que somos víctimas as mulleres non só na Galiza, senon en todo o mundo. As feministas que marchamos unidas nesta data seguimos reivindicando unha Lei Integral contra a Violencia de Xénero e denunciamos a falta de recursos e de medios económicos destinados para eles, e a ineficacia das medidas de protección postas en marcha polo PP, xa que non son suficientes. As mulleres queremos conseguir con a nosa loita un novo
modelo de sociedade solidaria, democrática, pacífica,
xusta e en igualdade.
[Índice dos Boletíns Informativos Galegos] [Ìndice Boletins de Ligaçom Internacional]
|
||||||||||||||||