Mulheres Antimilitaristas...

24 de Maio Día das Mulleres Antimilitaristas

Marcha Mundial das Mulleres na Comarca da Coruña , 20.05.2005

O 24 de maio a Macha Mundial das Mulleres na Comarca da Coruña celebra o Día das Mulleres Antimilitaristas

Concentración no Obelisto o martes 24 de maio ás 20.00h.

Non ao desfile militar

En 1981, os debates entre mulleres europeas activistas pola paz, puxeron en marcha un Plano para facer un Día de Mulleres pola Paz e o Desarme.Desde a Marcha Mundial das Mulleres (MMM), queremos reivindicar unha vez máis unha reforma das relacións internacionais que permita a resolución dos conflictos sen o uso da violencia. Pedimos unha nova reformulación da ONU para que se converta de verdade nun ponto de encontro de todos os pobos do mundo para o dialogo e a colaboración.

Reivindicamos políticas de desarme porque somos conscientes que todo o investimento na industria armamentística, o mantemento dos exércitos e todas as accións bélicas que se desenvolven no planeta, son recursos que se rouban á loita contra a pobreza e non fan máis que aumentar as situación de violencia contra as mulleres en todo o mundo.

Segundo Amnistía Internacional, o número de mulleres víctimas dos conflictos armados pasou do 5% durante a I Guerra Mundial, para ser o 50% durante a II Guerra Mundial e case o 80%, durante os anos 90.

Na Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade, aprobada o 10 de decembro de 2004, no transcurso do V Encontro Internacional da MMM celebrado en Kigali-Ruanda, a delegación galega, en nome de todas as feministas da Galiza, comprometímosnos, entre outros obxectivos, a facer un chamamento para, desde a Galiza, transformar o mundo e modificar radicalmente as relacións internacionais existentes e convertelas en relacións baseadas na igualdade, na paz, na liberdade, na solidariedade e na xustiza.

Por todo isto non podemos máis que opornos ao Desfile Militar que está previsto para o próximo domingo 29 de maio na Coruña. Desde a MMM somos totalmente contrarias as exaltacións militaristas de guerra e destrucción e consideramos un insulto a todas as víctimas das guerras as exaltacións armamentísticas deste tipo.

 
ENVIA UMHA MENSAGEM CURTA NESTE FORMULÁRIO
Mensagem:

Nome:
Organizaçom:
País:
correio-e:
 

Para mais informaçom, fazer propostas e participar podes-te ponher em contacto em: [+ INFO]

Edita:
Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
Ir a:
Mobilizaçom Europeia 2005
Marcha na Galiza
Agenda da Marcha
Novas da Marcha