|
A VIOLENCIA É
UN PROBLEMA DE TOD@S
25 de Novembro
Dia Internacional contra a violencia de xénero
A violencia de xénero non é un problema persoal e privado
que sofren algunhas mulleres, víctimas de relacións
tortuosas e agresivas. É unha consecuencia das relacións
de poder que establecen distintos roles para homes e mulleres na sociedade
e nos fai desiguais.
Os agresores non son loucos ou enfermos, son
homes que non soportan que a súa prezada posesión
teña vida propia, que cuestione o seus desexos, que se rebele,
que non lles renda adoración e respecto.
Fixéronnos desiguais, asignáronnos
distintos papeis; e cambiar as reglas de xogo non é fácil.
Necesitamos a axuda de tod@s @s compoñentes da equipa, de
toda a sociedade.
Para conseguir a erradicación da violencia
de xénero non chega con ilegalizala e castigar aos agresores.
Énecesario deslexitimar a violencia e o machismo. É
necesario transformar as normas e institucións sociais e
culturais que a fan posíbel. É imprescindíbel
a colaboración das institucións e da sociedade, na
vida pública e na vida privada.
É necesario que o goberno do estado
dispoña dunha vez do orzamento necesario para desenvolver
a lei integral contra a violencia de xénero: reforzando a
seguridade das mulleres ameazadas e agredidas, fortalecendo unha
verdadeira rede pública de atención ás víctimas,
realizando unha verdadeira renovación do aparello xudicial,
criando o observatorio da violencia de xénero, investindo
na sensibilización social e na formación do funcionariado
(policial, xudicial, sanitario, educativo...)...
É necesario que o goberno galego elabore
unha lei integral contra a violencia de xénero tendo en conta
as competencias das institucións autonómicas: sanidade-
educación- benestar social- etc., para modificar as estructuras
e leis que perpetúan ou resultan insuficientes para combater
a violencia de xénero. é necesario elaborar ese marco
integral dotado de financiamento especifico e recursos suficientes
para favorecer que as mulleres teñan os medios necesarios
para realizar a súa vida con independencia e autonomía
e posibilitar da forma máis rápida posíbel
a superación da espiral de violencia.
Por último é imprescindíbel
a implicación social para rematar coa desigualdade e o machismo,
piares sobre os que se asenta a violencia e que impiden un verdadeiro
desenvolvemento individual e social.
A LEI QUE NON QUEDE NO PAPEL!
Mobilizacións 25-N na Galiza:
VIGO:
CONCENTRACIÓN ÁS 8 DA TARDE NA RUA DO PRINCIPE DIANTE
DO MARCO
PONTEVEDRA:
CONCENTRACIÓN ÁS 8 NA PRAZA 8 DE MARZO
TRASANCOS-FERROL:
CONCENTRACIÓN ÁS 8 NA PRAZA DE GALIZA DE NARÓN
COMPOSTELA:
CONCENTRACIÓN ÁS 8 NA PRAZA DO TOURAL
COSTA DA MORTE:
CONCENTRACIÓN ÁS 8 NA PRAZA 8 DE MARZO DE CEE
A CORUÑA:
CONCENTRACIÓN ÁS 8 NO OBELISCO
Coordenadora Nacional
da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
Para contactar:
[+
Info]
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN INTERNET: [+
INFO] |